Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. |
A20 |
Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación. |
B5 |
Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada. |
B10 |
Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B17 |
Saber expresarse en público. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os fundamentos lingüísticos da Logopedia.
|
A3
|
|
|
Coñecer técnicas de comunicación. |
A20
|
|
|
Aprender autonomamente e aprender a aprender. |
|
B5
|
|
Procurar a calidade na actividade profesional. |
|
B10
|
|
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
|
B11
|
|
Saber expresarse en público |
|
B17
|
|
Expresarse correctamente en galego, tanto de forma oral como escrita. |
|
|
C1
|
Desenvolver o espírito crítico e comprometerse coas realidades lingüísticas dominadas. |
|
|
C4
|
Valorar a importancia que ten a investigación e a innovación no avance cultural da sociedade. |
|
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Concepto de Sociolingüística. A sociolingüística sobre o galego.
|
1.1. Linguaxe,cultura e pensamento.
1.2. Historia da reflexión sociolingüística sobre o galego. |
2. Marco teórico e conceptos chave. |
2.2. Monolingüismo, bilingüismo, plurilingüismo.
2.3. Diglosia e conflito lingüístico. Os procesos de substitución lingüística.
2.4. Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego.
|
3. Planificación e dinamización lingüística. |
3.1. A planificación como proceso.
3.2. A planificación do corpus.
3.3. A planificación do status. |
4. Lingua, poder e comunicación. |
4.1. As linguas como poder.
4.2. Construíndonos na lingua. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
B5 C4 C8 |
2 |
6 |
8 |
Presentación oral |
A3 A20 B10 B17 C1 |
4 |
24 |
28 |
Estudo de casos |
A3 A20 B5 B10 C1 C4 |
4 |
24 |
28 |
Discusión dirixida |
A3 B17 C1 C4 |
4 |
32 |
36 |
Sesión maxistral |
A3 A20 B5 B10 B11 B17 C1 C4 |
8 |
0 |
8 |
Actividades iniciais |
C1 C4 |
2.5 |
0 |
2.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Lectura crítica de seis obras relacionadas coa materia obxecto de estudo e entrega dun pequeno traballo escrito sobre cada unha delas. |
Presentación oral |
Exposición na aula dun dos aspectos do temario previa lectura e preparación coa persoa docente. |
Estudo de casos |
Solución a casos simulados relacionados coas exposicións das sesións maxistrais e integrados na pescuda de innovacións que procuren a saída aos conflitos. |
Discusión dirixida |
Debate sobre temas de actualidade relacionados coa materia con exposicións razoadas e argumentadas. |
Sesión maxistral |
Presentación dos conceptos fundamentais para comprender a materia e deseño de guías orientativas para unha aprendizaxe autónoma. |
Actividades iniciais |
Coñecemento, a través dunha enquisa anónima, do nivel de coñecementos e do grao de espírito crítico do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
|
Descrición |
O alumnado terá que enfrontar a lectura de 6 textos ou artigos e realizar un cuestionario sobre os seus contidos.
Cada estudante terá que expor na aula unha parte do temario previamente acordada e discutida entre el/ela e a persoa docente. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
B5 C4 C8 |
Cada estudante deberá entregar un traballo por cada texto lido de entre os 6 obrigatorios, onde incluirá unha reflexión crítica sobre os seus contidos e as achegas persoais que lle produciu. |
30 |
Presentación oral |
A3 A20 B10 B17 C1 |
Cada estudante terá que expor na aula un apartado do programa previamente acordado coa persoa docente, demostrando ter unha lingua de calidade acaída ao contexto comunicativo de que se trata. |
35 |
Estudo de casos |
A3 A20 B5 B10 C1 C4 |
Tras as explicacións da persoa docente presentaranse problemas para seren solucionados, quer oralmente quer por escrito, razoando as respostas xustificadamente e con criterios rigorosos. |
35 |
|
Observacións avaliación |
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final do traballo se este for entregado fóra de prazo sen
causa xustificada. Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non
cumpriren co 50% das actividades obrigatorias exixidas ao longo do cuadrimestre
deberán realizar na convocatoria de xullo unha proba de carácter oral e
escrito. Considerarase non presentado na materia quen non realizar
a proba escrita e/ou quen non cumprir coas actividades obrigatorias
propostas pola persoa docente. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co/coa
profesor/a.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
GARCÍA NEGRO, MARÍA PILAR (2009). DE FALA A LINGUA: UN PROCESO INACABADO. Brión, Laiovento
NÚÑEZ SINGALA, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega . Vigo: Galaxia
SANMARTÍN REI, G. (2010). Lingua e futuro. Ames: Laiovento
FREIXEIRO MATO, X.R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago: Laiovento
GARCIA NEGRO, M. P (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística . Vilaboa, Po: O Cumio |
|
Bibliografía complementaria
|
RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, F. (1991). Conflicto lingüístico e ideoloxia en Galicia. Santiago: Laiovento
CONSTENLA BERGUEIRO, G. (1997). Ensaio sociolingüístico. Antoloxía. Vol. 44 da Historia da Literatura Galega . Vigo: A Nosa Terra
VILLARES NAVEIRA, L. (2010). Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo. Ames: Laiovento
GARCÍA NEGRO, M. P. (1993). Sempre en galego . Santiago: Laiovento
GARCÍA NEGRO, M.P. (2009). Sobre o racismo lingüístico. Ames: Laiovento |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|