Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta. |
A2 |
Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados. |
B1 |
Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria. |
B2 |
Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita. |
B3 |
Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora. |
B4 |
Capacidade de análise e de síntese. |
B5 |
Habilidade para manexar distintas fontes de información. |
B6 |
Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar. |
B7 |
Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a metodoloxía básica da obtención de seccións microscópicas de mostras
biolóxicas incluídas en parafina ou conxeladas.
|
AI1 AI2
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM3 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer os principios da criopreservación de células e tecidos e os protocolos adecuados
para a obtención e preservación de diferentes mostras biolóxicas. |
AI1 AI2
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM3 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Entender os fundamentos da histoquímica e coñecer diferentes tipos de reaccións histoquímicas. |
AI1 AI2
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM3 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer os fundamentos das tincións inmunohistoquímicas. |
AI1 AI2
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM3 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer os fundamentos da observación microscópica. |
AI1 AI2
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM3 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- LABORATORIO DE CRIOBIOLOXÍA. Requerimentos e equipos. Toma, transporte e preservación de mostras biolóxicas. Principios da criopreservación de células e tecidos.
Tema 2.- FUNDAMENTOS DO PROCESO DE FIXACIÓN TISULAR. Propiedades dos líquidos fixadores. Descalcificacion tisular. Líquidos descalcificadores. Métodos de inclusión. Microtomos e técnicas de corte dos tecidos. Criotomía.
TEMA 3. TINCIÓNS HISTOLÓXICAS. Tincións histolóxica básicas. Hematoxilina-eosina. Tincións para fibras coláxenas e elásticas do tecido conxuntivo. Tricrómico de Masson, picro-fucsina de Van Gieson, sirius red F3BA. Tincións de hidratos de carbono. Técnica de PAS (Periodic Acid Schiff), azul alcián, azul de toluidina. Tincións de depósitos de calcio. Von Kossa, bermello alizarina S. Tincións de lípidos. Sudán III. Outras tincións.
TEMA 4. TINCIÓNS INMUNOHISTOQUÍMICAS. Concepto de antíxeno e anticorpo. Técnicas de tinción inmunohistoquímica (enzimáticas e inmunofluorescentes). Factores que condicionan o resultado das tincións inmunohistoquímicas.
TEMA 5.- MICROSCOPÍA. Fundamentos do microscopio óptico. Observación de preparacións inmunofluorescentes. |
Práctica 1. Criopreservación de tecido óseo.
Práctica 2. Criopreservación de válvulas cardíacas.
Práctica 3. Procesado de deshidratación, aclarado e inclusión en parafina.
Obtención de seccións microscópicas en microtomo de parafina.
Práctica 4. Conxelación en nitróxeno líquido.
Obtención de seccións microscópicas en criostato.
Práctica 5. Tinción hematoxilina-eosina.
Práctica 6. Tricrómico de Masson.
Práctica 7. Preparación de solucións tampón.
Práctica 8. Tinción histoenzimática (músculo esquelético): succinato-deshidroxenasa.
Práctica 9. Tinción inmunohistoquímica.
Práctica 10. Observación microscópica das preparacións reailzadas. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
B2 B4 B5 C1 C2 C3 C6 |
0 |
17 |
17 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 |
37 |
37 |
74 |
Proba de resposta múltiple |
B3 B7 C5 C7 C8 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
B6 |
18 |
36 |
54 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Lectura dun artigo relevante relacionado coa materia |
Prácticas de laboratorio |
Desenvólvense técnicas de uso actual en investigación biomédica, que complementan os coñecementos impartidos na sesión maxistral |
Proba de resposta múltiple |
Exame tipo test, no que cada pregunta conleva tres posibles respostas sendo só unha a correcta. |
Sesión maxistral |
Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Ó tratarse dun grupo reducido de alumnos, é posible a resolución de dúbidas e o seguimento individualizado durante o mesmo proceso de aprendizaxe.
En particular, a sesión maxistral é participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas.
As prácticas de laboratorio son tuteladas en todo momento polo profesorado e, se é necesario, polo grupo de investigación no que se integra o alumno (desde o comezo do curso, cada alumno se integra no grupo de investigación no que vai desenvolver o seu Traballo Fin de Mestrado).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
B3 B7 C5 C7 C8 |
Exame tipo test, no que cada pregunta consiste en 4 afirmacións das que só unha é correcta. |
50 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 |
Ó tratarse de un grupo reducido de alumnos, é posible un seguimento personalizado que facilita a avaliación continua. Terase en conta a asistencia, a participación activa e o traballo desenvolvido polo alumno. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia, hai que obter globalmente un mínimo de 5 sobre 10 e, en cada metodoloxía avaliada, un mínimo de 2,5 sobre 5.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir una contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do I Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FCS, todos os traballos documentais que se realicen nesta materia serán entregados a través de Moodle, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos.
De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase imprimir borradores.
|
|