Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Recursos Territoriais Turísticos Código 662G01018
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Rodríguez Carro, Carlos
Correo electrónico
cjrodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Carro, Carlos
Correo electrónico
cjrodriguez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Coñecer e analizar o medio xeográfico e os seus recursos en todos os ámbitos para determinar as posibilidades de desenvolvemento turístico dos diferentes espazos. Identificar, clasificar e avaliar os recursos turísticos. Coñecer os factores de localización turística e os diferentes modelos de desenvolvemento turístico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A9 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
A11 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A25 Comprender un plan público e as oportunidades que se derivan para o sector privado.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A28 Coñecer os obxectivos, a estratexia e os instrumentos públicos da planificación.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
A30 Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural.
A31 Comprender as características da xestión do patrimonio cultural.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Detectar as necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas. 2. Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos 3. Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectiva da súa explotación 4. Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborase conclusións. 5. Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sostibilidade 6. Elaborar inventarios de recursos turísticos 7. Coñecer os diferentes modelos territoriais e relacionalos coa actividade turística 8. Identificar e manexar os diferentes factores de localización turística A1
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A11
A14
A18
A19
A23
A24
A25
A26
A27
A28
A29
A30
A31
A32
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Identificación, clasificación e caracterización dos recursos turísticos O inventario de recursos turísticos: concepto, orixe e problemas técnicos.
Proposta metodolóxica para a elaboración dun inventario de recursos turísticos.
2. Factores de localización turística O clima
A paisaxe
Valores histórico culturais
Outros
3. Turismo en espacios litorais e insulares Evolución histórica: antecedentes e novas tendencias
Formulas de reestruturación, calidade ambiental e revitalización de áreas en declive.
Novas pautas de creación de oferta.
Distribución mundial do turismo litoral.
O turismo de cruceiros
O turismo lacustre

4. Turismo en espacios de montaña e naturais Evolución histórica e antecentes
Turismo no espazo rural
Ecoturismo
Turismo de neve
Turismo deportivo e de aventura
5. Turismo urbano e metropolitano Prácticas e motivacións do turista urbano
Produtos e atraccións de turismo urbano
Xestión do espazo urbano
Turismo e reestruturación urbana
Produtos e destinos.
6. España como destino turístico Mercados emerxentes e mercados consolidados
Tipoloxía do turismo en España
Modelos
7. España como destino turístico Análise de destinos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A30 A29 A27 A25 A23 A19 A18 A14 A8 A7 A5 A4 A3 A1 A34 A35 B4 B5 C1 C4 C5 C6 C7 C8 15 30 45
Presentación oral A9 A23 B1 B2 B7 C1 C3 2 20 22
Proba mixta A1 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A14 A18 A19 A23 A25 A27 A28 B1 B2 B3 B4 B5 C1 1 10 11
Lecturas A4 A5 A7 A8 A9 A23 5 5 10
Sesión maxistral A31 A30 A28 A27 A26 A25 A24 A23 A19 A18 A14 A11 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A1 22 22 44
Análise de fontes documentais A1 A5 A8 A32 B1 B4 B6 C8 5 5 10
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica
Proba mixta En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Presentación oral
Descrición
Para levar adiante calquera destas metodoloxías é necesario é importante consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso para asegurar a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indicarán. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A4 A5 A7 A8 A9 A23 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados 15
Estudo de casos A30 A29 A27 A25 A23 A19 A18 A14 A8 A7 A5 A4 A3 A1 A34 A35 B4 B5 C1 C4 C5 C6 C7 C8 A partires do plantexamento dun caso práctico que recolla a experiencia teórica desenvolvida nas clases o alumno sera quen de analizala e evaluala. 20
Presentación oral A9 A23 B1 B2 B7 C1 C3 O Alumno fará unha presentacion oral dun trabalo de elaboración propia que recolla as apartacions teórcas da materia:
A a partires dun territorio
elaborará un inventario de recursos, analizará os factores de loscalización turística e fara un proposta de desenvolvemento.
20
Proba mixta A1 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A14 A18 A19 A23 A25 A27 A28 B1 B2 B3 B4 B5 C1 Se realizará unha proba teórica na que o alumno dara conta dos conceptos teóricos adquiridos durante o curso. A proba poderá constar de preguntas corta, pregunta tipo test e/ou comentario de texto 40
 
Observacións avaliación

As metodoloxías que dependan da colaboracion de instituciones o terceiros poderan sofrir cambios que serán avisados con tempo. A porcentaxe de avaliacion poderá ser acumulada polas outras metodoloxías.

Para que as pocentaxes entren en funcionamento e neceario ter obtidocando menos  un catro (4) en cada unha das partes.


Fontes de información
Bibliografía básica Leno Cerro (1989 ). La evaluación de los recursos turísticos. El caso del Canal de Castilla. Tesis doctoral. 2 Vols. Madrid.Universidad Complutense de
ALONSO FERNÁNDEZ, J (2008). Geografía de los recursos y Actividades Turísticas. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces
Antón Clavé, Salvador y otros (2005). Planificación territorial del turismo. Barcelona, UOC
Pardo Abad; Carlos J. (2013). Territorio y Recursos Turísticos, (Análisis geográfico del turismo en España). Madrdi; Editorial Universitaria Ramón Areces

Bibliografía complementaria Bayón Mariné, Fernando et al (2005). 50 Años del Turismo Español. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces.
VERA REBOLLO, J. F.; LÓPEZ PALOMEQUE, F.; MARCHENA, M. y ANTÓN, S. (1997). Análisis territorial del turismo. Barcelona - Ariel Geografía
Callizo Soneiro, Javier (1991). Aproximación a la Geografía del Turismo. Madrid - Editorial Síntesis
Lozato - Giotart, Jean Pierre (1990). Geografía del Turismo. Barcelona, Masson
Mespelier Alain, Bloc - Duraffour Pierre (2000). Geografía del Turismo en el Mundo. Barcelona - Editorial Síntesis
Barrado, D.A. y Calabuig J. (2001). Geografia Mundial del Turismo. Barcelona - Editorial Síntesis
Varios (2004). Manual de gestión local del turismo. Sevilla - Diputación de Sevilla


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeografía Turística/662G01004
Introdución ao Turismo/662G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión Turística do Patrimonio/662G01025

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías