Identifying Data 2015/16
Subject (*) Construcións Tradicionais Galegas Code 670001331
Study programme
Arquitecto Técnico en Execución de Obras
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
First and Second Cycle Yearly
Third Optativa 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Construcións Arquitectónicas
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Coñecer as técnicas e procesos de restauración, rehabilitación, acondicionamento, patoloxía, mantemento e conservación dos edificios en xeral e en particular aqueles específicos do patrimonio cultural constituído pola arquitectura popular e histórica galega.
B3 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información.
B6 Capacidade para a toma de decisións.
B11 Recoñecemento e apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B30 Sensibilidade cara a temas relacionados coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer as técnicas e procesos de restauración, rehabilitación, acondicionamento, patoloxía, mantemento e conservación dos edificios en xeral e en particular aqueles específicos do patrimonio cultural constituído pola arquitectura popular e histórica galega. A4
B3
B6
B11
B16
B30
C1
C8

Contents
Topic Sub-topic
1. INTRODUCCIÓN. Tema. 1.- Introducción. Conceptos básicos. Bibliografía básica. Sinais de identidade das construccións tradicionais. As construccións tradicionais galegas como parte integrante da cultura popular en Galicia.

Tema. 2.- Condicionamentos das construccións tradicionais. A tecnoloxía e os materiais. O clima, o marco socio-cultural e o económico.

Tema. 3.- O medio físico. Xeoloxía (as rochas), Topografía (formas e relevos principais do terreo, orientación), Solos (textura), Hidroloxía (correntes fluviais), Clima. O medio humano. A poboación.
2. ORDENACION DO TERRITORIO. Tema. 4.- Organización do espacio. Transformación do territorio pola acción do home. Os asentamentos. Tipos de asentamentos (Niemayer, Bohuier, Fariña Toxo). A aldea, o lugar, a parroquia, os municipios, a comarca. As cidades.

Tema. 5.- A paisaxe agrícola. Formas de organización dos terreos de cultivos (socalcos, campos pechados, agras, campos abertos). Deslinde de fincas (sebes vivas, cómaros, valos de pedra). Rede viaria.

Tema. 6.- O hábitat. Concentración e dispersión. A distribución da poboación. Os asentamentos rurais.
3. A CONSTRUCCION E OS SEUS ELEMENTOS. Tema. 7.- Os materiais. A pedra: os xistos, pizarra, gneis e o granito. A madeira: o carballo e o castaño. Zonas de utilización. Outros materiais.

Tema. 8.- As cubertas. Estructura susténtante da madeira. Materiais de cubrición: vexetais, pedra, tella.Outros elementos definitorios da cuberta: aleiros, capiado, remates de pedra ou cerámica, chimeneas. Volumetría.

Tema. 9.- Os cimentos. Os muros. Aparellos: de cachotes, de cantería, de perpiaño. O pallabarro. Os
vanos: portas, fiestras e bufarros. Revestimentos. Decoración. Ferraxes. Espacios exteriores da vivenda. As escaleiras. O patín, o corredor e a solaina.

Tema. 10.- A distribución interior. A vivenda de planta rectangular terrea e os seus espacios. A vivenda de dúas plantas con acceso exterior e interior e os seus espacios. O sobrado: a súa orixe. A lareira. O forno. As cortes, a sala e os dormitorios. Outras dependencias.

Tema. 11.- Evolución histórica das construccións tradicionais. As vivendas dos castros, as "villas"
romanas, a vivenda de planta rectangular, a casa-vivenda no Idade Media e na Idade Moderna. A vivenda nos séculos XIX e XX.
4. MORFOLOXIA DA VIVENDA. Tema. 12.- A casa. Concepto de casa no medio rural galego. A casa-vivenda. Funcións: centro de explotación agraria-unidade de producción. Tipoloxías da casa. As construccións adxectivas ou complementarias.

Tema. 13.- A casa redonda: a palloza. Area primitiva e actual de extensión. Orixes. Tipoloxías. Elementos constructivos. Forma e tamaño. Dependencias. Estado actual. A casa-vivenda da montaña. Area de extensión. tipos: de planta terrea e de dous andares. Características constructivas, funcionais e espaciais.

Tema. 14.- A casa-vivenda da Terra Cha. Zona de emprazamento. tipos. Características constructivas, funcionais e espaciais. A casa-vivenda das "agras". Comarcas en que se sitúa. Tipos. Características constructivas, funcionais e espaciais.

Tema. 15.- A casa-vivenda da zona meridional. Ámbito xeográfico que abrangue. Tipos. Características constructivas, funcionais e espaciais. A casa-vivenda do litoral. Zonas nas que se asenta. Tipos: "casa do pincho", casa con patín e casa con soportais. Características constructivas, funcionais e espaciais.

Tema. 16.- Casas tradicionais que se apartan do concepto de populares: a casa grande e os pazos.
5. AS CONSTRUCCIONS ADXECTIVAS. Tema. 17.- Construccións adxectivas de almacenamento. O hórreo: orixe, distintas denominacións. Elementos constructivos: soleira, soportes (pes, cepas, celeiro), tornarratos, cámara e cuberta. Elementos decorativos. Tipoloxías segundo Ignacio Martínez (por características morfolóxicas e por distribución xeográfica). Agrupacións de hórreos. Situación actual. O palleiro e os alpendres.

Tema. 18.- Construccións adxectivas de transformación. Os muíños (orixe e emprazamento). Características constructivas e espaciais. Funcionamento. Tipoloxías atendendo á forza motriz: de auga (de río e de mare) e de vento. Situación actual. Os fornos e a eira.

Tema. 19.- Outras construccións adxectivas: as adegas, para transformación e almacenamento de viño, as cortes e cortellos, os curros, pombais, alvarizas e outras, para habitación de animais, as fontes e pozos, para suministro de auga. Outras construccións adxectivas.
6. O ARQUITECTO TECNICO E AS CONSTRUCCIONS TRADICIONAIS. Tema. 20.- O Arquitecto Técnico diante das construccións tradicionais. Crise e cambio na Galicia rural. Sensibilización actual cara as construccións dese medio. A rehabilitación, e a restauración. Lexislación e estímulos oficiais na actualidade.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
 
Personalized attention 0 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description

Personalized attention
Methodologies
Description
Tutorias do Profesor no horário aprobado e publicado ao respecto.

Os alumnos que realicen de forma individual, presenten satisfatóriamente e aproben as practicas propostas en clase superarán a asignatura coa nota media que corresponda da sua corrección, segundo o cumplimento dos seguintes criterios:

- Controlo de asistencia e seguimento presencial das clases. Será imprescindibel a asistencia mínimo do 75% ás clases presenciais.

- Participación, realización e discusión de exemplos e práticas de clase.

- Presentación de traballos propostos, coa e obtención de aprobado.

Prevé-se a realización dun exame final para os alumnos que non superen por curso a asignatura, ou para os que queiran elevar a nota.

É condición necesária ter realizadas, entregadas e aprobadas as práticas que correspondan para poder apresentar-se ao exame.

O profesor estará a disposición dos alumnos nos horários de tutorias designados ao respecto para calquera consulta, tutoria ou axuda que poda necesitar o alumnado.

Revisión de exame durante a semana posterior á entrega de calificacións, para aqueles alumnos que o soliciten.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
 
Assessment comments

Sources of information
Basic LLANO CABADO, Pedro de (1996). Arquitectura popular en Galicia Razón e construción. Santiago
CAAMAÑO SUÁREZ, Manuel (2003). As construcións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia. Santiago

Complementary TORRES BÚA, Manuel (2007). A arquitectura en Galiza. Aproximación á realidade arquitectónica xeral da Galiza dende a Prehistoria ata os nosos días. V igo
BAS LÓPEZ, Begoña (1984). As construcións populares: un tema de etnografía en Galicia”, en Cuaderno do Seminario de Sargadelos, nº 44. Sada (A Coruña)
CÓIAS, Vítor (2007). Reabilitaçâo Estructural de Edificios Antigos. Ed. Argumentum-GECORPA (Grémio das Empresas de Conservaçao e Restauro do Patrimonio Arquitectónico . Lisboa


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Construción IV e V/670001311
Historia da Construción/670001318
Restauración e Reutilización de Edificios/670001329
Patoloxía da Construcción/670001332

Subjects that continue the syllabus
Materiais de Construción I/670001116
Debuxo Arquitectónico/670001114
Construción I/670001117
Materiais de Construción II e Ensaios/670001211
Estruturas Arquitectónicas I e II/670001212
Construción II e III/670001213
Debuxo de Detalles Arquitectónicos/670001215
Construción IV e V/670001311

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.