Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os principios básicos do paradigma da sostibilidade, os seus debates e implicacións ambientais, socioculturais e económicas. |
A2 |
Coñecer o impacto que o uso da tecnoloxía ten sobre a sociedade que o adopta e os principios básicos para unha tecnoloxía da sostibilidade. |
A3 |
Deseñar, planificar, executar e avaliar proxectos tecnolóxicos, científicos ou de xestión nun marco de sostibilidade. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B9 |
Capacidade de xestión da información. |
B10 |
Capacidade de Resolución de problemas. |
B20 |
Iniciativa e espírito emprendedor. |
B24 |
Orientación a resultados. |
B25 |
Orientación ao cliente. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir referencias normativas e metodolóxicas nos ámbitos da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
Ser capaz de realizar deseños básicos da investigación ata a xestión dos proxectos de I+D+I.
Coñecer e aplicar a estrutura dos documentos e publicacións científicas, así como as técnicas de comunicación. |
AM1 AM2 AM3
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM9 BM10 BM20 BM24 BM25
|
CM1 CM5 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Métodos e técnicas de investigación.
O deseño dun proceso de investigación.
Análise crítica e de avaliación e síntese dunha idea.
Sistemas de busca de información.
O documento científico: elaboración, presentación, busca, transferencia, bases de datos.
A difusión científica dos resultados da investigación. Técnicas de presentación.
Marco conceptual da I+D e a innovación.
Introdución á Xestión de Proxectos de I+D+I. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
B2 B3 B4 B10 |
10 |
25 |
35 |
Sesión maxistral |
A1 A2 B1 B24 B25 C5 C8 |
5 |
15 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
A3 B20 |
5 |
10 |
15 |
Análise de fontes documentais |
B5 B9 C1 |
1 |
4 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Exposición de casos.
O alumno sitúase ante problemas concretos (casos), que lle describen unha situación real da vida profesional. A través dunha metodoloxía de descubrimento guiado, o problema ha de ser comprendido e valorado individualmente.
Análise de casos.
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que formula un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Sesión maxistral |
Presentación por parte do profesor dos contidos básicos da parte teórica de cada tema. Esta presentación farase de modo esquemático e orientado tanto á correcta comprensión dos contidos coma á súa utilidade práctica nesta e noutras materias do Mestrado. |
Prácticas a través de TIC |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Análise de fontes documentais |
Lectura e análise de fontes documentais. Buscas en bases de datos e webs de coñecemento científico e técnico. Discusión dos resultados das buscas. |
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
B5 B9 C1 |
Avaliación da capacidade de análise da estrutura dun documento científico e da capacidade de deseño dun documento científico.
Avaliación do coñecemento de referencias básicas de fontes de información. |
10 |
Estudo de casos |
B2 B3 B4 B10 |
Avaliación da aplicación de metodoloxías específicas a un caso práctico mediante a realización dun traballo persoal completo.
|
50 |
Prácticas a través de TIC |
A3 B20 |
Avaliación das capacidades e resultados da utilización de recursos online relacionados coas competencias da materia. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Será condición necesaria para poder superar a materia a asistencia como mínimo ao 80% das clases. Ademais
da asistencia, a participación e realización casos e prácticas,
poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de
valorar axeitadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e
procedementais da materia. As metodoloxías anteriores perseguen a
avaliación continua da materia, que supón o 100% da cualificación sen
necesidade de exame ou proba obxectiva final. De acordo co calendario
académico establecido pola universidade poderanse realizar probas
obxectivas (exames) de primeira e segunda oportunidade de cada
convocatoria, en caso de non superar a materia mediante a avaliación
continua.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Manuel Belmonte (2011). Enseñar a investigar : libro del alumnado. Bilbao: Mensajero
Gestión iLuis F. Díaz Domínguez , Miguel A. Navarro Huerga (2012). Gestión informatizada de proyectos de innovación. Alcalá de Henares : Universidad de Alcalá
Emilio Beltrán Sánchez, Jesús Ignacio Fernández Domingo (2012). Haciendo una tesis. Valencia : Tirant lo Blanch
Miguel Pérez de Ayala Becerril, Coord. (2012). I + D e innovación tecnológica. Madrid : Francis Lefebvre |
Direccións web: http://www.udc.es/sobreUDC/vice_investigacion_e_transferencia/index.html https://www.educacion.gob.es/educacion/universidades/educacion-superior-universitaria.html http://www.crue.org/index.html http://www.redotriuniversidades.net/portal/index.php http://www.redugi.org/ http://www.accesowok.fecyt.es/ http://www.ideapuzzle.com/ |
Bibliografía complementaria
|
Mari Paz García Sanz, Pilar Martínez Clares (coords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster . universidad de murcia
Abadal Falgueras, Ernest (2012). Acceso abierto a la ciencia. Barcelona : Universidad Abierta de Cataluña |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|