Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Fisica Aplicada II Código 670G01007
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física
Coordinación
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Profesorado
Bouza Padin, Rebeca
Campoy Vazquez, Carlos
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
carlos.campoy@udc.es
pedro.nogueira@udc.es
Web http://euat.udc.es
Descrición xeral Coñecementos dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia e a acústica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación.
A9 Deseñar, calcular e executar instalacións de edificación.
A35 Deseñar sistemas de acondicionamento acústico e verificar e avaliar o comportamento acústico dos edificios.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B3 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B6 Capacidade para a toma de decisións.
B8 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
B12 Razoamento crítico.
B13 Compromiso ético.
B14 Aprendizaxe autónomo.
B15 Adaptación a novas situacións.
B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B17 Creatividade e innovación.
B21 Motivación pola calidade.
B22 Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente.
B25 Hábito de estudo e método de traballo.
B26 Capacidade de razoamento, discusión e exposición de ideas propias.
B29 Actitude vital positiva fronte ás innovacións sociais e tecnolóxicas.
B30 Sensibilidade cara a temas relacionados coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudante adquirirá a capacidade de aplicar os conceptos e métodos da Física á compresión dos avances tecnolóxicos aplicados á Edificación, a súa interacción con outras ramas da Ciencia e a Técnica e ao seu impacto na sociedade. A1
A35
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B21
B22
B25
B26
B29
B30
C1
C3
C4
C6
C8
O estudante adquirirá coñecementos e a capacidade de comprender, examinar, interpretar e aplicar os conceptos e métodos da higrotermia, acústica, a calorimetría e a transmisión de calor ao acondicionamento e illamento na edificación. A1
A9
A35
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B25
B26
B29
C1
C3
C4
C6
C8
O estudante adquirirá coñecementos e a capacidade de comprender, analizar, interpretar e pór en práctica os conceptos da estática e dinámica de fluídos e o transporte e distribución de enerxía eléctrica ás instalacións da edificación. A1
A9
A35
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B25
B26
B29
C1
C3
C4
C6
C8
O estudante adquirirá a capacidade de comprender, interpretar, analizar e aplicar a metodoloxía usual da resolución de problemas en Física no seu labor profesional. A1
A9
A35
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B25
B26
B29
C1
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Magnitudes. Unidades e dimensións. 1.1.- Magnitudes físicas. Medidas e unidades. O Sistema Internacional de Unidades (SI)
1.2.- Análise dimensional
1.3.- Cálculo de erros
2. Mecánica de Fluidos 2.1 Estática de Fluidos
2.2 Dinámica de Fluidos e Hidráulica
3. Termodinámica 3.1 Calor e Temperatura
3.2 Transferencia de Calor
3.3 Higrometría e Illamento térmico.
4. Electricidade e Magnetismo 4.1 Fundamentos físicos da corriente eléctrica e dos circuitos eléctricos.
4.2 Aplicacións do electromagnetismo na Edificación.
5. Luz e Iluminación 5.1 Fundamentos físicos da luz. Iluminación.
6. Ondas e Acústica aplicada. 6.1 Acústica aplicada á Edificación: fundamentos físicos e descripción básica do DB HR do CTE.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva B1 B3 B5 B6 B12 B16 B26 10 5 15
Solución de problemas B2 B3 B5 B6 B14 B15 B17 B21 B25 C3 C6 25 37.5 62.5
Sesión maxistral A1 A9 A35 B8 B12 B13 B22 B29 B30 C1 C4 C8 25 37.5 62.5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva 1.Probas obxectivas nas clases DE e DI: probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para a súa realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos en clases de DI e de cuestións breves teóricas/de razoamento en clases de DE.

2.Probas obxectivas parciais teórico-prácticas: probas tipo exames parciais cuxo calendario se fixará e publicará en coordinación co Centro, con antelación ao curso. Consistirán en exercicios e/ou cuestións teóricas similares en dificultade aos vistos na docencia interactiva e expositiva.
Solución de problemas Resolución guiada de exercicios e/ou cuestións teóricas similares en dificultade aos vistos na docencia interactiva e expositiva.
Sesión maxistral Presentación dos conceptos e leis físicas asociados aos fundamentos dos bloques temáticos: Fluídos, Electromagnetismo, Son, Luz e Termodinámica. Empregarase como recurso docente presentacións con apoio da pizarra. O temario impartido nestas clases acompáñase de diversos exemplos e ilustracións para facilitar a súa comprensión. Ademais, o alumnado terá á súa disposición diverso material relacionado coa materia na plataforma Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Solución de problemas
Descrición
O obxectivo principal é o seguimento individual da comprensión da materia e a consecución dos resultados de aprendizaxe. Resolveranse as dúbidas expostas polos alumnos e corrixiranse as probas obxectivas.

A atención personalizada tamén levarase a cabo mediante titorías. Nelas non só se resolverán as dúbidas do alumnado, senón tamén se tentará orientarlle sobre o modo en que estuda e traballa a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B3 B5 B6 B12 B16 B26 1.Probas obxectivas nas clases DE e DI: probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para a súa realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos en clases de DI e de cuestións breves teóricas/de razoamento en clases de DE.

Probas obxectivas na DE: 10%
Probas obxectivas na DI: 10%

2.Probas obxectivas parciais teórico-prácticas: probas tipo exames parciais cuxo calendario se fixará e publicará en coordinación co Centro, con antelación ao curso. Consistirán en exercicios e/ou cuestións teóricas similares en dificultade aos vistos na docencia interactiva e expositiva.

Probas obxectivas parciais: 80%
100
 
Observacións avaliación

1. Probas obxectivas nas clases DE e DI:avaliación da participación activa e con aproveitamento das actividades presenciais. Para todos os estudantes, excepto aqueles de matrícula parcial. O seu peso total é do 20% da cualificación da materia. Ten carácter continuo ao longo do curso e todo estudante ten dereito a completala, aínda que só se computará se se asistiu ás sesións presenciais, tanto DE como DI, cun mínimo do 80% de asistencia.


2. Probas obxectivas parciais teórico-prácticas: avaliación de coñecementos e destrezas adquiridas. Proponse facer unha proba aproximadamente cada 5 semanas, de modo que se programarán tres probas, a terceira na data da convocatoria de xuño. O peso total é do 80% da cualificación da materia.

  • As probas parciais liberan materia e deberá obterse como mínimo un 4 para liberar a materia correspondente en cada unha delas e para aprobar o curso.
  • Ademáis,debe alcanzarse o 5 na media global da materia para superar o curso (tendo en conta todos os resultados (80%  media probas parciais + 20% restante).
  • Na data da convocatoria de xuño, ademais da programada especificamente como parte final, o estudante poderá examinarse das probas parciais pendentes.
  • Na oportunidade de xullo mantéñense as cualificacións do curso e o estudante poderá examinarse de calquera das probas pendentes.

Estudantes a tempo parcial:

A súa avaliación realizarase exclusivamente en base ás probas obxectivas parciais teórico-prácticas, cuxo peso global será do 100%, e aplicaranse os mesmos criterios que ao resto dos estudantes:

  • As probas parciais liberan materia e deberá obterse como mínimo un 4
    para liberar a materia correspondente en cada unha delas e para aprobar o
    curso.
  • Ademáis, debe alcanzarse o 5 na media global da materia para superar o curso.
  • Na data da convocatoria de xuño, ademais da programada especificamente como parte final, o estudante poderá examinarse das probas parciais pendentes.
  • Na oportunidade de xullo mantéñense as cualificacións do curso e o estudante poderá examinarse de calquera das probas pendentes.

Fontes de información
Bibliografía básica Valiente Cancho, Andrés. (2013). Física aplicada : 192 problemas útiles. Madrid.García-Maroto.
Rafael Magro Andrade (2010). Física aplicada a la edificación. Madrid.García-Maroto.
Tipler, Paul Allen. (2011). Física para la Ciencia y la Tecnología. Barcelona. Reverté
B. Blasco Laffón et al. (2008). Fundamentos Físicos de la Edificación II. Madrid. Delta.
A. Durá Domenech et al. (1999). Fundamentos Físicos de las Contrucciones Arquitectónicas II. Universidad de Alicante

Bibliografía complementaria Casadevall Planas, David (2009). Documento básico HR : protección frente al ruido : comentado y con ejemplos. Gerona: D. Casadevall
A. Carrión Isbert (1998). Diseño acústico de espacios arquitectónicos. Barcelona. UPC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/670G01001
Fisica Aplicada I/670G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/670G01006

Materias que continúan o temario
Fisica Aplicada I/670G01002
Medicións acústicas na edificación/670G01040

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías