Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Soldadura Código 730211409
Titulación
Enxeñeiro Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Varela Lafuente, Angel Eduardo
Correo electrónico
a.varelal@udc.es
Profesorado
Varela Lafuente, Angel Eduardo
Correo electrónico
a.varelal@udc.es
Web
Descrición xeral Clasificación dos procedementos de soldadura: con fusión, sin fusión, forte e branda. Procesos de corte e resanado. Soldabilidade dos diferentes materiais. Defectos das soldaduras. Inspección das soldaduras. Homologación de procedementos e de soldadores. Seguridade e hixiene na soldadura.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar os fundamentos científico-técnicos das tecnoloxías industriais.
B4 Traballar de forma autónoma con inciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
B13 Capacidade de comunicación oral e escrita.
B14 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir os coñecementos dos principais procedimentos de soldadura con aplicación industrial. A1
B4
B5
B9
C1
C3
C4
C7
Adquirir os coñecementos das implicacionrs metalúrxicas e mecánicas nun proceso de soldadura. A1
B4
B5
B7
B12
B13
B14
C1
C3
C4
C6
Adquirir os coñecementos da soldabilidade dos diferentes materiais e dos controis de calidade das unions soldadas. A1
B4
B5
B7
B9
C1
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1 Introducción xeral. Tecnoloxías de unión en materiais. Definición de soldadura. Soldaduras homoxéneas e heteroxéneas. Soldadura manual, semiautomática e automática. Clasificación dos procedimentos de soldadura.
Tema 2 Soldadura eléctrica por arco. Fundamentos. Influencia do tipo de corriente : Polaridade. Características do arco eléctrico. Soldadura eléctrica por arco con electrodos revestidos. Equipo de soldeo. Electrodos. Tipos de revestimentos. Normalización de electrodos. Técnica operativa.
Tema 3 Soldadura por arco con gas protector e electrodo non consumible. Gases de protección. Gases activos e inertes. Efectos na soldadura. Soldadura TIG: Fundamentos. Tipos de corriente. Equipo de soldeo. Electrodos. Materiais de aportación. Técnica operativa.

Tema 4 Soldadura por arco con gas protector e electrodo consumible. Soldadura MIG-MAG. Principios xerais do proceso. Equipos de soldeo. Materiais de aportación. Modos de transferencia do material de aportación. Fío tubular. Técnicas operativas.

Tema 5 Soldadura oxiacetilénica. Gases combustibles. Características das chamas de soldeo. Zonas características da chama. Equipos : bombonas, manorreductores e sopletes. Técnicas operativas.

Tema 6 Soldadura por arco mergullado. Principios do proceso. Equipamento. Materiais de aportación. Fundentes. Parámetros do soldeo. Técnicas operativas.

Tema 7 Soldadura por resistencia eléctrica. Principios xerais do proceso. Equipo. Electrodos. Ciclos de soldeo. Soldadura por puntos e por protuberancias. Soldadura por roldanas. Soldadura a tope y por faíscas. Aplicacions. Técnicas operativas.
Tema 8 Soldadura por partículas de alta enerxía. Soldadura por láser. Principios do proceso. Características da soldadura. Ventaxas e limitacions do proceso. Soldadura por feixe de electrons. Principios do proceso. Equipamento. Procedimento de soldadura. Aplicacions. Ventaxas e limitacions.
Tema 9 Outros procedimentos de soldadura. Soldadura por electroescoria. Soldadura por aluminotermia. Soldadura por fricción. Soldadura por explosión. Soldadura por ultrasonidos. Soldadura por difusión. Proxección térmica.
Tema 10 Soldadura forte. Fundamentos do proceso. Materiais de aportación e fundentes. Aplicacions. Soldadura branda. Fundamentos do proceso. Materiais de aportación e fundentes. Equipamento. Aplicacions.
Tema 11 Procesos de corte e resanado. Oxicorte. Fundamentos. Equipos e procedimentos. Corte por plasma. Equipos e procedimentos. Corte por arco-aire. Corte por láser. Fundamentos e equipamento. Corte por auga. Ventaxas e inconvenientes dos diferentes procesos de corte. Preparación de pezas para a soldadura. Preparación de bordes. Tipos de bordes para soldadura.

Tema 12 Soldabilidade. Zonas da unión soldada. Zona afectada térmicamente (ZAT). Transformacions na zona afectada térmicamente. Soldadura en varias pasadas. Tensions e deformacions. Prequentamento. Tratamentos post-soldadura.
Tema 13 Soldabilidade dos aceiros. Aceiros ao carbono e de baixa aliaxe. Soldabilidade segundo o procedimento. Prequentamento. Temperatura entre pasadas. Tratamentos térmicos post-soldadura. Soldabilidade de aceiros templados e revenidos. Soldabilidade das fundicions.
Tema 14 Soldabilidade dos aceiros inoxidables. Influencia da composición sobre a estrutura. Diagrama de Schaeffler. Soldabilidade dos aceros inoxidables austeníticos. Soldabilidade dos aceiros inoxidables ferríticos. Soldabilidade dos aceiros inoxidables martensíticos. Soldabilidade de los aceiros inoxidables austeno-ferríticos.
Tema 15 Soldabilidade das aliaxes de aluminio. Factores que inflúen. Prequentamento. Selección dos procedimentos de soldadura. Soldabilidade do cobre e das suas aliaxes. Factores que inflúen. Selección dos procedimentos de soldadura.

Tema 16 Soldabilidade do níquel e as suas aliaxes. Factores que inflúen. Selección do procedimento de soldadura. Soldabilidade do titanio e as suas aliaxes. Procedimentos de soldadura. Preparación, prequentamento e tratamentos térmicos. Soldabilidade de outros materiais metálicos : cobalto e as suas aliaxes, magnesio e as suas aliaxes.

Tema 17 Defectos das soldaduras. Agretamento en frío e en quente. Desgarro laminar. Inclusions. Faltas de fusión e de penetración. Imperfeccions de forma e de execución. Consecuencia dos defectos. Ensaios de soldaduras. Ensaios destructivos. Técnicas metalográficas. Macrografías e micrografías.
Tema 18 Inspección de soldaduras. Ensaios non destructivos. Ensaios con líquidos penetrantes, partículas magnéticas, corrientes inducidas, ultrasonidos. Ensaios con raios X e raios gamma;. Interpretación de radiografías. Calificación de soldaduras.
Tema 19 Homologación de soldadores e de procedimentos de soldadura. Normativa. Variables que interveñen na homologación. Tipos de unión. Materiais. Posicions de soldadura. Probas e ensaios. Certificación.

Tema 20 Seguridade e hixiene na soldadura. Análisis de riscos. Riscos na manipulación dos gases. Riscos na utilización dos equipos. Riscos derivados dos contaminantes orixinados na soldadura. Medidas de prevención. Proteccions personais e colectivas. Medidas preventivas no uso de gases e equipos. Protección contra fumes e gases. Prevención nas operacions de preparación e acabado da soldadura.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A1 B5 B7 B9 15 8 23
Proba obxectiva A1 B4 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C6 C7 2 0 2
Sesión maxistral B4 B12 B13 B14 C1 C6 31 19 50
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As sesions prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia e imprescindibles para poder aprobar a asignatura.
O alumno que superase as prácticas en cursos previos non deberá repetilas
Proba obxectiva Se poderá facer un exame parcial que terá carácter liberatorio para as convocatorias de decembro, xaneiro e xullo do curso presente e que non será compensatorio.
O exame constara de preguntas cortas, cuestions ou temas e tamén de preguntas relacionadas cas prácticas de laboratorio.
Sesión maxistral A asistencia non será obrigatoria pero se valorará positivamente así como a participación na clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada fárase en titorías ben a iniciativa do alumnado para aclarar e resolver as suas dúbidas e dificultades ou ben a iniciativa do profesor convocando persoalmente ao alumnado cando a ocasión o requira.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 B4 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C6 C7 O exame constara de preguntas cortas, cuestions ou temas e tamén de preguntas relacionadas cas prácticas de laboratorio 100
 
Observacións avaliación

  A asistencia a  totalidade das prácticas é requisito imprescindible para poder aprobar a asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica GRANJON H. (1993). Bases metalúrgicas de la soldadura. Instituto de Soldadura
EASTERLING K.E. (1992). Introduction of the physical metallurgy of welding. Oxford Butterworth
HERNÁNDEZ RIESCO G. (2001). Manual del soldador. Cesol
REINA M. (2003). Soldadura de los aceros.Aplicaciones. Weldwork S.L.
CARRILLO F.; LÓPEZ E. (1996). Soldadura, corte e inspección de obra soldada. Universidad de Cádiz
GIACHINO J.W.; WEEKS W. (1997). Técnica y práctica de la soldadura. Editorial Reverté
HOULDCROFT P.T. (2000). Tecnología de los procesos de soldadura. Grupo Editorial CEAC

Bibliografía complementaria (). .
RUIZ RUBIO A. (1971). Inspección radiográfica de uniones soldadas. Editorial Urmo
RAMÍREZ F. (1977). Introducción a los métodos de ensayos no destructivos de control de calidad de materiales. INTA
SEFERIAN D. (1977). Las soldaduras. Editorial Urmo
ZABARA O. (1989). Soldadura y técnicas afines (3 tomos). Editorial Bellisco


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Ciencias dos Materiais I/730211201
Ciencias dos Materiais/730211301
Tecnoloxía de Materiais Metálicos/730211317

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Tecnoloxía do Procesado de Materiais/730211422

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías