Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Contabilidade e Finanzas Código 730211510
Titulación
Enxeñeiro Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Quinto Optativa 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Garcia del Valle, Alejandro
Correo electrónico
alejandro.garcia.delvalle@udc.es
Profesorado
Bruna Quintas, Fernando
Garcia del Valle, Alejandro
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
alejandro.garcia.delvalle@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Proporcionar el conocimiento de los principios y elementos básicos de la contabilidad, el Plan General Contable y las Cuentas Anuales, y los esquemas de financiación más usuales en la empresa.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B10 Actitude orientada á análise.
B16 Fixar obxectivos e tomar decisións.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao finalizar o curso o alumno saberá ler e interpretar os estados contables da empresa. Igualmente dispoñerá dos coñecementos e capacidades para realizar análise contable financeiros na empresa, así como avaliar as necesidades financeiras de investimentos en activos produtivos e os seus custos. B1
B2
B10
B16
C7

Contidos
Temas Subtemas
A Contabilidade. Conceptos iniciais Definicións: Contabilidade, patrimonio, masas patrimoniais, activo e pasivo, conta, debe e haber, grupos de contas, ciclo contable. Contas anuais.
O Plan Xeral Contable.

Estrutura do Plan Xeral Contable. O cadro de contas. Desenvolvemento do marco conceptual da contabilidade. Os grupos de contas. Principios contables.
O Balance.
Estrutura do Balance. As contas de Balance. Definicións e movementos contables. Concepto de Activo No Corrente versus Esixible a longo prazo. Concepto de Activo Corrente versus Esixible a curto prazo. Concepto de Recursos Permanentes. O Fondo de Manobra.
A conta de Perdas e Ganancias. Estrutura da conta de Perdas e Ganancias. Concepto de ingresos e gastos. Criterio da remuneración versus criterio de pagamento. Grupos 6,7,8,9. Regularización. Análise conta de perdas e ganancias. Recursos Xerados.
As outras contas anuais. Estado de Cambios no Patrimonio Neto. Estado de fluxos de efectivo. Memoria.
Análise de Estados Financeiros

Análise Patrimonial. Análise Económica - Financeiro. Ratios: Liquidez, Solvencia e Rendibilidade.
O uso eficiente dos recursos empresariais. Previsións Financeiras. A investimentos: Valor actual neto (VAN) e a taxa interna de retorno (TIR).
O financiamento.

Financiamento a curto prazo. Financiamento a longo prazo. Instrumentos de financiamento. Préstamos. Pólizas de Crédito. Desconto de efectos. Descuberto bancario. Leasing. Factoring. Renting. O Custo de Capital.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta B1 B2 B10 B16 C7 20 2 22
Solución de problemas B2 B10 B16 14 0 14
Traballos tutelados B2 B10 C7 0 13 13
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba consistente en avaliar os coñecementos teóricos adquiridos, e a súa aplicación práctica nun caso práctico.
Solución de problemas Resolución de casos empresariais, de forma individual.
Traballos tutelados Realización de análises contables e económico financeiros de casos empresariais completos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Atenderase aos alumnos de forma individualizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B10 B16 C7 Consta dunha parte teórica e unha parte práctica.

A proba mixta avalíase de 0 a 10 puntos:

5 puntos correspóndense coa avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos polo alumno.
5 puntos correspóndense coa resolución da parte práctica.
70
Solución de problemas B2 B10 B16 Avalíase a capacidade do alumno de aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas da empresa. 5
Traballos tutelados B2 B10 C7 Avalíase a capacidade do alumno de realizar unha análise económica, contable e financeiro completo da empresa. 25
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Jesús Urías Valiente (). Análisis de Estados Financieros. Mc Graw Hill
Angel Saez Torrecilla (2001). Casos Prácticos de Contabilidad General. Mc Graw Hill
Rey Pombo, José (2008). Contabilidad General. Editorial Paraninfo
Pereira Ballarín (). Contabilidad para Dirección. eunsa
Martín, José Luis (2011). Finanzas para todos. LID 2010

Bibliografía complementaria Jose Rivero (). Análisis de Estados Financieros. Trivium


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías