Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Ordenación do Territorio e Urbanismo Código 730211511
Titulación
Enxeñeiro Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Quinto Optativa 4
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Castro Rascado, Alberto
Correo electrónico
alberto.castro@udc.es
Profesorado
Castro Rascado, Alberto
Correo electrónico
alberto.castro@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar os fundamentos científico-técnicos das tecnoloxías industriais.
A9 Elaboración, dirección e xestión de proxectos en todos os ámbitos industriais.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Traballar de forma autónoma con inciativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B11 Actitude creativa.
B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
B14 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Que o alumno coñeza os conceptos básicos da ordenación do territorio e do urbanismo. A9
B12
Que o alumno coñeza a lexislación básica en materia urbanística, así como o seu papel como técnico neste eido. A9
B12
Que o alumno coñeza as bases de deseño de actuacións urbanísticas en xeral e, especialmente, de actuacións industriais. A9
B12
Que o alumno poda levar a cabo unha figura urbanística dunha actuación industrial ao nivel de detalle esixido pola Lexislación do Solo para un Plan Parcial. A1
A9
B2
B4
B7
B9
B11
B12
B14
C3

Contidos
Temas Subtemas
Morfoloxía Urbana Aspectos históricos da evolución urbana das áreas metropolitanas.
Espazos públicos: viario e infraestructuras necesarias nunha actuación urbanística. Espazo interviario.
Entorno xurídico urbanístico Competencias lexislativas.
Lexislación estatal, autonómica, local.
Diseño de actuaciones urbanísticas Fundamentos das actuacións urbanísticas. Identificación de necesidades e alternativas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 28 14 42
Estudo de casos 6 4 10
Solución de problemas 6 4 10
Traballos tutelados 28 10 38
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introducirase ó alumno nos distintos puntos do temario, proporcionándolle as ferramentas básicas para entender a actuación urbanística. Utilizaranse transparencias, presentacións e material audiovisual relativos ó tema.
Estudo de casos Presentaránselle ó alumno exemplos de casos reais de desenvolvementos urbanísticos.
Presentaránselle ó alumno exemplos dos diferentes instrumentos de planificación e xestión urbanística.
Solución de problemas Ensinaráselle ó alumno o manexo dos distintos documentos dunha figura urbanística: plan xeral ou plan parcial, para determinar as posibilidades de actuación nunha determinada parcela.
Traballos tutelados Traballo individual de curso consistente na realización polo alumno do deseño dunha actuación industrial ó nivel de detalle esixido pola Lei do Solo para un Plan Parcial. O alumno presentará os planos de implantación, co grao de desenvolvemento previsto por un plan xeral para esa zona, asignación de parámetros urbanísticos e cálculo, a nivel plan parcial, das instalacións previstas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Traballo individual de curso consistente na realización polo alumno do deseño dunha actuación industrial ó nivel de detalle esixido pola Lei do Solo para un Plan Parcial. O alumno presentará os planos de implantación, co grao de desenvolvemento previsto por un plan xeral para esa zona, asignación de parámetros urbanísticos e cálculo, a nivel plan parcial, das instalacións previstas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral Examen teórico-práctico sobre os conceptos da asignatura e a súa aplicación directa a circunstancias ou casos sinxelos; é preciso obter unha nota mínima nos contidos esenciais da materia. 40
Estudo de casos Examen teórico-práctico sobre os conceptos da asignatura e a súa aplicación directa a circunstancias ou casos sinxelos. 20
Solución de problemas Ó alumno planteanselle problemas de aplicación da normativa urbanística para que proceda a súa resolución. 40
Traballos tutelados Al haberse terminado el periodo docente de esta asignatura (asignatura extinguida), ya no es posible realizar la evaluación de esta manera, ya que los trabajos tutelados se realizaban de forma presencial. En consecuencia, la evaluación será al 100% en función de los apartados anteriores.
0
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Zárate, A. & Rubio, M.T. (). Análisis de la ciudad. Espacio objetivo y espacio percibido. UNED
Zárate, A. & Rubio, M.T. (). árate, A. & Rubio, M.T.; “Análisis de la ciudad. Un espacio heredado.
Neufert (). Arte de proyectar en Arquitectura. Gustavo Gili.
Chueca, F. (). Breve Historia del Urbanismo. Alianza Editorial
Heredia, R. (). Construcción y Arquitectura Industrial. ETSII UPM
Santos, J.M., Aguilera, M.J., Borderías, P., González, P. & Muguruza, C. (). Desarrollo urbano de las áreas metropolitanas. UNED
López Candeira, J.A. (). Diseño Urbano. Ed. Munilla-Lería.
Santamera, J. (). Introducción al planeamiento urbano. Colegio de Ingenieros de Caminos, canales y puertos
Phillips, A. (). Parques de negocios, oficinas y centros de investigación. Gustavo Gili
Trapero, J.J.; (). Planeamiento urbanístico para arquitectos. Fundación General de la UPM
Manchón, L.F., Santamera, J.A. (). Recomendaciones para el proyecto y diseño del viario urbano. MOPTMA
Rubio, M.T. & Zárate, A. (). “Espacios industriales”. UNED

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Debuxo Técnico/730211103
Construción e Arquitectura Industrial I/730211401
Enxeñaría Urbana/730211414

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías