Estudo de casos |
Ao longo do curso, iranse presentando casos de estudo aos alumnos para a súa análise e discusión en clase, así como para a elaboración de traballos ben individuais, ben colectivos.
Os casos corresponderanse con aspectos ilustrativos dos temas obxecto da materia.
O profesor axudarase e propoñerá aos alumnos o emprego de ferramentas de simulación para a toma de decisións a través dun xogo de empresa.
|
Proba mixta |
Consistirá nunha proba de avaliación dos coñecementos adquiridos á finalización da exposición de todos os contidos da materia. |