Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Tecnoloxía de automatización específica Código 730497020
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Calvo Rolle, Jose Luis
Correo electrónico
jose.rolle@udc.es
Profesorado
Calvo Rolle, Jose Luis
Oliver Charlon, Francisco Carlos
Correo electrónico
jose.rolle@udc.es
f.oliver@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia preséntanse os fundamentos nos que se basea a automatización de sistemas industriais. Preténdese que o alumno adquira a capacidade de abordar proxectos sinxelos de automatización de sistemas industriais de eventos discretos e coñeza o equipamento habitualmente empregado na industrial para a automatización.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Capacidade para deseñar e proxectar sistemas de produción automatizados e control avanzado de procesos.
A27 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de realizar a análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Sabe deseñar automatismos lóxicos baseados en autómatas de estados finitos AP8
AP27
BP4
BP5
BP6
Coñece a arquitectura dos autómatas programables e controladores industriais. Coñece os distintos tipos de accionamientos. Coñece os principios de funcionamento e sabe seleccionar os distintos sensores e captadores de aplicación industrial. AP8
AP27
BP2
BP4
BP6
Coñece e sabe aplicar as técnicas básicas de programación de automatismos en controladores industriais AP8
AP27
BP6
CP1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción a automatización Introdución. Definición. Elementos dun proceso a automatizar. Tipos de sistemas de control. Obxectivos da automatización.
Tema 2. Automatismos lóxicos cableados Introdución. Automatismos lóxicos, variables e funcións binarias. Relés e contactos. Pulsadores, interruptores. Funcións realizadas pola aparamenta eléctrica: seguridade, control e protección.
Dispositivos de control de potencia. Guardamotor. Símboloxía de elementos eléctricos. Interpretación de esquemas eléctricos de control sinxelos.
Tema 3. Sistemas lóxicos secuenciais. Diagramas de estado. Diagramas de estados. Exemplos. Problemas para representar sistemas concorrentes. Diagrama funcional (Grafcet). Elementos do Grafcet e Estruturas básicas.
Tema 4. Autómata programable. Hardware e ciclo de funcionamento. Arquitectura do PLC. CPU. Memoria. Interfaces de E/S: Entradas e saídas dixitais. Modos de operación do autómata. Ciclo de funcionamento. Ciclo de tratamento de E/S.
Tema 5. Introdución á programación. Sistema normalizado IEC 61131. Presentación da Norma IEC-61131-Parte 3. Software Unity Prol. Variables elementais. Direccionamiento. Tipos de datos elementais. Variables derivadas. Bloques función elementais. Librarías. Bloques función derivados (DFB).
Tema 6. Programación en linguaxe de contactos Elementos básicos. Secuencia de procesamento. Descrición de obxectos en LD. Temporizadores. Contadores.
Tema 7. Programación en Grafcet Regras de SFC. Etapas. Transicións. Saltos. Secuencias alternativas. Secuencias paralelas. Ligazóns. Macroetapas. Tempos e variables asociadas ás etapas. Accións das etapas. Seccións de transición. Execución single-token e multiple-token. Posibilidade de sincronización de Grafcets. Táboas de obxectos para manexar o SFC.
Tema 8. Modos de Marcha e Parada. GEMMA. Modos fundamentais de GEMMA. Guía para aplicar GEMMA a unha automatización. Deseño estruturado: Grafcets coordinados. Exemplo de aplicación.
Tema 9. Sensores Clasificación. Características xerais. Tipos de sensores segundo a magnitude a medir. Compatibilidade con entrada de PLC. Sensores de presenza inductivos, capacitivos, ópticos e acústicos: Principio de funcionamento. Rango de operación. Tipos de saída (2, 3, 4 fíos). Símbolos. Aplicacións. Interruptores Reed. Finais de carreira. Criterios de selección de detectores de proximidade.
Tema 10. Actuadores Actuadores pneumáticos. Aire comprimido: Magnitudes e unidades. Propiedades dos gases. Elementos dun sistema pneumático: Compresor, acondicionamento e almacenamento, distribución. Unidade de mantemento nas estacións MPS. Válvulas. Representación e nomenclatura. Válvulas distribuidoras. Accionamientos das válvulas. Cilindros. Mando de cilindros. Válvulas reguladoras de control e de bloqueo. Aplicacións de control de cilindros. Aplicacións sen carga. Esquemas pneumáticos. Identificación de compoñentes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A27 B5 B6 21 21 42
Solución de problemas A8 A27 B2 7 22.5 29.5
Prácticas de laboratorio A8 A27 B5 C1 9 25 34
Simulación A8 A27 C1 4.5 15 19.5
Proba obxectiva A8 A27 B2 B4 B6 3 20 23
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor guía aos alumnos aclarando os principais conceptos do temario. Fomentarase a participación dos alumnos coa formulación de cuestións ou supostos prácticos.
Solución de problemas O alumno traballa individualmente e/ou en grupo na resolución dos problemas propostos.
Prácticas de laboratorio Son obrigatorias para todos os alumnos. Consisten na resolución dun suposto mediante a programación do autómata. O alumno realizaraas de forma individual.
As prácticas precisan dunha preparación previa antes de ir ao Laboratorio, que consiste na lectura do guión, elaboración dunha táboa de entradas e saídas, e formulación do diagrama de contactos, ou do Grafcet correspondente. O profesor comprobará en cada sesión de prácticas o traballo previo realizado así como o desenvolvido no Laboratorio.
Simulación Cada alumno resolverá individualmente un problema de automatización co autómata e o software do laboratorio.
Proba obxectiva Consistirá en exercicios prácticos de programación e cuestións teórico-prácticas sobre o temario do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
Para obter o máximo rendemento das sesións de prácticas, recoméndase que o alumno prepare previamente cada práctica seguindo o guión e consulte co profesor as solucións adoptadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A27 B2 B4 B6 Exame tipo proba obxectiva 80
Prácticas de laboratorio A8 A27 B5 C1 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía (ver observacións) 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é indispensable ter realizadas e aprobadas as Prácticas de Laboratorio.

No marco das "Prácticas de laboratorio" incluiranse aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais proposto, ACTITUDE, etc., para axudar á obtención do aprobado.

É necesario superar o 50% da puntuación na proba obxectiva para superar a materia.

A cualificación correspondente a "Prácticas de laboratorio" poderá fluctuar entre o 20% indicado e un 40%, en consecuencia a "Proba obxectiva" pode variar entre un 60% e o 80% indicado.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Piedrafita Moreno, Ramón (2003). Ingeniería de la automatización industrial. Madrid : RA-MA

- Balcells Sendra, Josep (1997). Autómatas programables. Barcelona : Marcombo

Bibliografía complementaria

- Pedro Romera, J. (2001). Automatización. Problemas resueltos con autómatas programables. Madrid:Paraninfo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías