Identifying Data 2015/16
Subject (*) Tecnoloxía de automatización específica Code 730497020
Study programme
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatoria 6
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Enxeñaría Industrial
Coordinador
Calvo Rolle, Jose Luis
E-mail
jose.rolle@udc.es
Lecturers
Calvo Rolle, Jose Luis
Oliver Charlon, Francisco Carlos
E-mail
jose.rolle@udc.es
f.oliver@udc.es
Web
General description Nesta materia preséntanse os fundamentos nos que se basea a automatización de sistemas industriais. Preténdese que o alumno adquira a capacidade de abordar proxectos sinxelos de automatización de sistemas industriais de eventos discretos e coñeza o equipamento habitualmente empregado na industrial para a automatización.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Capacidade para deseñar e proxectar sistemas de produción automatizados e control avanzado de procesos.
A27 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de realizar a análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Sabe deseñar automatismos lóxicos baseados en autómatas de estados finitos AJ8
AJ27
BJ4
BJ5
BJ6
Coñece a arquitectura dos autómatas programables e controladores industriais. Coñece os distintos tipos de accionamientos. Coñece os principios de funcionamento e sabe seleccionar os distintos sensores e captadores de aplicación industrial. AJ8
AJ27
BJ2
BJ4
BJ6
Coñece e sabe aplicar as técnicas básicas de programación de automatismos en controladores industriais AJ8
AJ27
BJ6
CJ1

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. Introducción a automatización Introdución. Definición. Elementos dun proceso a automatizar. Tipos de sistemas de control. Obxectivos da automatización.
Tema 2. Automatismos lóxicos cableados Introdución. Automatismos lóxicos, variables e funcións binarias. Relés e contactos. Pulsadores, interruptores. Funcións realizadas pola aparamenta eléctrica: seguridade, control e protección.
Dispositivos de control de potencia. Guardamotor. Símboloxía de elementos eléctricos. Interpretación de esquemas eléctricos de control sinxelos.
Tema 3. Sistemas lóxicos secuenciais. Diagramas de estado. Diagramas de estados. Exemplos. Problemas para representar sistemas concorrentes. Diagrama funcional (Grafcet). Elementos do Grafcet e Estruturas básicas.
Tema 4. Autómata programable. Hardware e ciclo de funcionamento. Arquitectura do PLC. CPU. Memoria. Interfaces de E/S: Entradas e saídas dixitais. Modos de operación do autómata. Ciclo de funcionamento. Ciclo de tratamento de E/S.
Tema 5. Introdución á programación. Sistema normalizado IEC 61131. Presentación da Norma IEC-61131-Parte 3. Software Unity Prol. Variables elementais. Direccionamiento. Tipos de datos elementais. Variables derivadas. Bloques función elementais. Librarías. Bloques función derivados (DFB).
Tema 6. Programación en linguaxe de contactos Elementos básicos. Secuencia de procesamento. Descrición de obxectos en LD. Temporizadores. Contadores.
Tema 7. Programación en Grafcet Regras de SFC. Etapas. Transicións. Saltos. Secuencias alternativas. Secuencias paralelas. Ligazóns. Macroetapas. Tempos e variables asociadas ás etapas. Accións das etapas. Seccións de transición. Execución single-token e multiple-token. Posibilidade de sincronización de Grafcets. Táboas de obxectos para manexar o SFC.
Tema 8. Modos de Marcha e Parada. GEMMA. Modos fundamentais de GEMMA. Guía para aplicar GEMMA a unha automatización. Deseño estruturado: Grafcets coordinados. Exemplo de aplicación.
Tema 9. Sensores Clasificación. Características xerais. Tipos de sensores segundo a magnitude a medir. Compatibilidade con entrada de PLC. Sensores de presenza inductivos, capacitivos, ópticos e acústicos: Principio de funcionamento. Rango de operación. Tipos de saída (2, 3, 4 fíos). Símbolos. Aplicacións. Interruptores Reed. Finais de carreira. Criterios de selección de detectores de proximidade.
Tema 10. Actuadores Actuadores pneumáticos. Aire comprimido: Magnitudes e unidades. Propiedades dos gases. Elementos dun sistema pneumático: Compresor, acondicionamento e almacenamento, distribución. Unidade de mantemento nas estacións MPS. Válvulas. Representación e nomenclatura. Válvulas distribuidoras. Accionamientos das válvulas. Cilindros. Mando de cilindros. Válvulas reguladoras de control e de bloqueo. Aplicacións de control de cilindros. Aplicacións sen carga. Esquemas pneumáticos. Identificación de compoñentes.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A8 A27 B5 B6 21 21 42
Problem solving A8 A27 B2 7 22.5 29.5
Laboratory practice A8 A27 B5 C1 9 25 34
Simulation A8 A27 C1 4.5 15 19.5
Objective test A8 A27 B2 B4 B6 3 20 23
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech O profesor guía aos alumnos aclarando os principais conceptos do temario. Fomentarase a participación dos alumnos coa formulación de cuestións ou supostos prácticos.
Problem solving O alumno traballa individualmente e/ou en grupo na resolución dos problemas propostos.
Laboratory practice Son obrigatorias para todos os alumnos. Consisten na resolución dun suposto mediante a programación do autómata. O alumno realizaraas de forma individual.
As prácticas precisan dunha preparación previa antes de ir ao Laboratorio, que consiste na lectura do guión, elaboración dunha táboa de entradas e saídas, e formulación do diagrama de contactos, ou do Grafcet correspondente. O profesor comprobará en cada sesión de prácticas o traballo previo realizado así como o desenvolvido no Laboratorio.
Simulation Cada alumno resolverá individualmente un problema de automatización co autómata e o software do laboratorio.
Objective test Consistirá en exercicios prácticos de programación e cuestións teórico-prácticas sobre o temario do curso.

Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Problem solving
Guest lecture / keynote speech
Description
Para obter o máximo rendemento das sesións de prácticas, recoméndase que o alumno prepare previamente cada práctica seguindo o guión e consulte co profesor as solucións adoptadas.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A8 A27 B2 B4 B6 Exame tipo proba obxectiva 80
Laboratory practice A8 A27 B5 C1 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía (ver observacións) 20
 
Assessment comments

Para aprobar a materia é indispensable ter realizadas e aprobadas as Prácticas de Laboratorio.

No marco das "Prácticas de laboratorio" incluiranse aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais proposto, ACTITUDE, etc., para axudar á obtención do aprobado.

É necesario superar o 50% da puntuación na proba obxectiva para superar a materia.

A cualificación correspondente a "Prácticas de laboratorio" poderá fluctuar entre o 20% indicado e un 40%, en consecuencia a "Proba obxectiva" pode variar entre un 60% e o 80% indicado.


Sources of information
Basic

- Piedrafita Moreno, Ramón (2003). Ingeniería de la automatización industrial. Madrid : RA-MA

- Balcells Sendra, Josep (1997). Autómatas programables. Barcelona : Marcombo

Complementary

- Pedro Romera, J. (2001). Automatización. Problemas resueltos con autómatas programables. Madrid:Paraninfo


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.