Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría. |
A12 |
Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
B6 |
Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades |
B7 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
B9 |
Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento |
C1 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C5 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a estrutura funcional dun computador e os seus compoñentes principais. |
A3
|
B4
|
C1 C4 C5
|
Comprender a representación da información no computador. |
A3
|
B9
|
C1 C5
|
Adquirir coñecementos sobre a estrutura e funcións dun sistema operativo |
A3
|
|
C1 C5
|
Coñecer os fundamentos das redes de computadores e de Internet |
|
|
C1 C5
|
Capacidade de resolver problemas mediante o computador, neste caso o desenvolvemento de algoritmos e/ou programas |
A3 A12
|
B2 B3 B6 B7
|
C1 C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE DIDÁCTICO I |
------------------------------------------------ |
Tema 1: Representación da información |
1.1.- Medida da información
1.2.- Sistemas de numeración usuais en Informática
1.2.1 Sistema de numeración binario
1.2.2 Códigos intermedios
1.3.- Representación de números enteiros
1.3.1.- Representación binaria sen signo
1.3.2.- Representación binaria signo-magnitude
1.3.3.- Representación binaria en complemento a 1
1.3.4.- Representación binaria en complemento a 2
1.3.5.- Aritmética con enteiros
1.3.6.- Representación decimal BCD
1.4.- Representación de carácteres
1.4.1.- Código ASCII
1.5.- Representación de información analóxica
1.5.1.- Representación de son
1.5.2.- Representación de imaxes |
Tema 2: Arquitectura de ordenadores |
2.1.- Arquitectura Von Neumann e extensións
2.2.- Memoria Principal
2.2.1.- Tipos de Memoria Principal
2.2.2.- Rendemento CPU-Memoria
2.2.3.- Xerarquía de memorias: memoria caché
2.3.- CPU (Unidade Central de Proceso)
2.3.1.- A Unidade Aritmético-Lóxica
2.3.2.- A Unidade de Control
2.3.3.- Rexistros da CPU
2.4.- Sistemas de almacenamento masivo
2.4.1.- Discos magnéticos
2.4.2.- Discos ópticos
2.4.3.- Memorias de estado sólido e USB
2.5.- Conexións e portos |
Tema 3: Sistemas operativos |
3.1.- Estrutura e funcións dun sistema operativo
3.2.- Tipos de sistemas operativos
3.3.- Xestión de recursos
3.3.1.- Xestión de arquivos e directorios
3.3.2.- Xestión do procesador
3.3.3.- Xestión da memoria principal
3.3.4.- Xestión de entrada/saída
3.3.5.- Xestión da seguridade |
Tema 4: Redes de datos e Internet |
4.1.- Sistemas e medios de transmisión
4.2.- Redes de comunicación e topoloxías de rede
4.3.- Tipos de redes
4.4.- Protocolos de rede
4.5.- Internet e a web |
BLOQUE DIDÁCTICO II |
------------------------------------------------ |
Tema 5: Introdución á programación |
5.1.- A programación
5.1.1.- Fase de análise
5.1.2.- Fase de programación
5.1.3.- Fase de codificación
5.2.- Estrutura dun programa
5.2.1.- Partes principais dun programa
5.2.2.- Clasificación das instrucións
5.2.3.- Elementos auxiliares dun programa
5.3.- Descrición de programas
5.3.1.- Pseudocódigo
5.3.2.- Organigramas de programa e sistema
5.3.3.- Representación das estruturas de control
5.4.- Linguaxes de programación
5.4.1.- Linguaxe máquina
5.4.2.- Linguaxe ensambladora
5.4.3.- Linguaxe de alto nivel
5.4.4.- Tradutores de linguaxe |
Tema 6: Introdución a unha linguaxe de programación: linguaxe C |
6.1.- Descrición xeral
6.2.- Estrutura dun programa en C
6.3.- Tipos de datos, operadores e expresións
6.4.- Declaración de variables e constantes
6.5.- Entrada e saída estándar |
Tema 7: Estruturas de control |
7.1.- Expresións lóxicas
7.2.- Instrucións selectivas
7.3.- Instrucións iterativas
7.4.- Instrucións de salto |
Tema 8: Funcións |
8.1.- Definición, declaración e chamada de funcións
8.2.- O ámbito das variables
8.3.- Paso de argumentos
8.3.1.- Concepto de apuntador ou punteiro
8.3.2.- Operadores de dirección e indirección
8.3.3.- Paso de argumentos por valor e por referencia |
Tema 9: Tipos de datos estructurados |
9.1.- Vectores ou arrays
9.1.1.- Definición e uso dun vector
9.1.2.- Inicialización
9.1.2.- Reserva dinámica de memoria
9.2.- Matrices multidimensionais
9.1.1.- Definición e uso dunha matriz
9.1.2.- Inicialización
9.1.2.- Reserva dinámica de memoria
9.3.- Cadeas de carácteres
9.4.- Estruturas |
Tema 10: Ficheiros |
10.1.- Declaración de ficheiros
10.3.- Apertura e peche de ficheiros
10.4.- Lectura e escritura de datos
10.5.- Acceso directo aos datos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A3 B2 B3 C1 |
4 |
0 |
4 |
Sesión maxistral |
A3 A12 B7 C4 C5 |
30 |
30 |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A3 B2 C1 |
20 |
20 |
40 |
Solución de problemas |
A3 B2 C1 |
4 |
20 |
24 |
Seminario |
B4 B6 B9 C1 |
10 |
10 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba de avaliación que se realizará ao final de curso nas correspondentes convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita na que haberá que responder a diferentes tipos de preguntas sobre o temario de teoría e resolver problemas prácticos de programación |
Sesión maxistral |
Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Prácticas de laboratorio |
Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de informática. Esta actividade consistirá no estudo de casos e exemplos ademais da realización, por parte do alumnos, de exercicios de programación. |
Solución de problemas |
Consistirá na realización por parte do alumno de diversos exercicios de programación en linguaxe C de xeito presencial na aula ao longo do cuadrimestre. Deberán ser entregados ao finalizar a clase e serán avaliados mediante a corrección por parte do profesor. |
Seminario |
Seminarios onde se explicarán os conceptos teóricos básicos sobre programación en linguaxe C e se realizarán clases de reforzo naqueles temas que cada grupo máis necesite |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
Seminario |
|
Descrición |
Prácticas de laboratorio: a atención personalizada realízase de forma activa durante as prácticas, xa que o profesor non formula exercicios e simplemente dá tempo para que os alumnos os resolvan, senón que controla en todo momento que non existan alumnos que perdan o fío da explicación ou queden estancados. De cara a manter un nivel homoxéneo en todo o grupo, é necesario que o profesor dedique máis tempo a aqueles alumnos que máis o necesiten.
Solución de problemas: a atención personalizada centrarase na corrección individualizada das prácticas que se resolvan ao longo do curso, centrándose o profesor en destacar as virtudes e sinalar os fallos de cada alumno de cara a lograr o seu máximo rendemento e comprensión da materia.
Seminario: estes grupos baséanse na interacción entre o profesor e o alumno á hora de comprender os fundamentos da linguaxe C, de modo que a aprendizaxe poida ser levada directamente á realización dos traballos prácticos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A3 B2 B3 C1 |
Proba final da materia. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de práctica. |
73 |
Prácticas de laboratorio |
A3 B2 C1 |
Valorarase o traballo semanal do alumno nas clases prácticas mediante a avaliación dos exercicios de programación que se realicen na aula |
6 |
Solución de problemas |
A3 B2 C1 |
Valoraranse os conceptos prácticos de programación mediante dous exercicios de programación que se resolverán na aula ao longo do cuadrimestre de forma autónoma por parte do alumno |
21 |
|
Observacións avaliación |
A nota final da materia calcularase da seguinte forma:
Nota Final (NF) = 0,4*Nota_Teoría + 0,6*Nota_Practica
sendo imprescindible que tanto a Nota de Teoría coma a Nota de Prácticas sexan maiores de 5 para aprobar a materia.
A Nota de Teoría obterase nun exame que se realizará a final de curso.
A Nota de Práctica calcúlase mediante a expresión:
Nota_Practica=0.55*Nota_examen_p + 0.1*Practicas_laboratorio + 0.1*Solucion_problema_1 + 0.25*Solucion_problema_2
Nota_examen_p é a nota obtida nun exame que se realizará a final de curso e para o cal o alumno ten 2 convocatorias, unha en Xaneiro e outra en Xullo.
Practicas_laboratorio é a nota obtida tras a corrección por parte do profesor de prácticas dos exercicios de programación realizados nas clases prácticas durante o curso (todos eles ou aqueles que o profesor considere máis relevantes). Estes exercicios deberán realizarse durante o tempo asignado ás clases prácticas e entregarse ao final destas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expoñer dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Polo tanto, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.
Solucion_problemas é a nota dos 2 problemas de programación propostos ao longo do curso e que resolven de xeito presencial na aula. Estes exercicios deberán realizarse durante o tempo asignado ás clases prácticas e entregarse ao final destas. A principal diferenza coas prácticas de laboratorio comentadas anteriormente é que nestas 2 probas non está permitida a consulta de ningún material adicional, nin se conta coa axuda do profesor.
As Notas de Práctica e Teoría calcúlanse do mesmo modo nas convocatorias de Xaneiro e Xullo. Polo tanto, a Nota do Exame Práctico ten un valor do 55% da parte práctica en ambas as dúas convocatorias. As notas obtidas durante o curso nas Prácticas de Laboratorio e na Solución do Problemas de programación gárdanse para a convocatoria de Xullo, non sendo posible repetilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
García, F., Carretero, J., Fernández, J., Calderón, A. (2002). El lenguaje de programación C. Diseño e implementación de programas. Prentice Hall
de Miguel Anasagasti, P. (2004). Fundamentos de los Computadores. International Thomson Learning Paraninfo
Prieto, A., Lloris, A., Torres, J. C. (2006). Introducción a la Informática. McGraw-Hill
Gottfried, B. (2005). Programación en C. McGraw-Hill
Joyanes, L., Zahonero, I. (2005). Programación en C. Metodología, algoritmos y estructuras de datos. McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Joyanes Aguilar, L., Castillo Sanz, A., Sánchez García, L., Zahonero Martínez, I. (2005). C. Algoritmos, programación y estructuras de datos. McGraw-Hill
Tanenbaum, A. S. (2000). Organización de computadoras: Un enfoque estructurado. Pearson Educación
Stallings, W. (2000). Organización y Arquitectura de Computadores. Prentice Hall
Joyanes Aguilar, L., Castillo Sanz, A., Sánchez García, L., Zahonero Martínez, I. (2002). Programación en C. Libro de problemas. McGraw-Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
DESEÑO E ANÁLISE ASISTIDO POR ORDENADOR/730G03033 | FIABILIDADE ESTATÍSTICA E MÉTODOS NUMÉRICOS/730G03046 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
É moi recomendable o aproveitamento das clases prácticas de programación que se realizarán ao longo do curso. Así mesmo, a través da páxina web da materia iranse expondo diversos exercicios para fomentar a capacidade de resolución problemas que será esixida ao alumno. É moi recomendable a realización destes exercicios para un bo aproveitamento da materia.
|
|