Traballos tutelados |
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B16 C1 C10 C11 |
Presentación dun traballo final sobre planificación de coidados que o alumno deberá ir elaborando ao longo de todo o seu período práctico, aplicando a metodoloxía enfermeira. |
20 |
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
As prácticas clínicas son obrigatorias e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas constitúen unha infracción grave e poden supoñer, a criterio do profesor titular responsable, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.
As datas e horarios nas que cada estudante realizará as prácticas clínicas faranse públicas antes do inicio destas.
A aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase sempre e cando o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Traballos Tutelados) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente as dúas probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo en cada unha das partes.
O feito de non presentar o Traballo Tutelado e ter superado as prácticas clínicas implica figurar en acta como NON PRESENTADO, podendo presentalo na segunda oportunidade.
As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.
MATRÍCULA DE HONRA:
Poderán optar a matrícula de Honra aqueles alumnos cuxa media supere o 9,5.
Os profesores da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente da materia.
|