PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal e como consta na memoria do Título de Grao
Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas poden supor, a criterio dos profesores responsables da materia, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.
A aplicación da cualificación correspondente realizarase a condición de que o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Solución de Problemas) superadas de maneira independente.
Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clínica e Solución de problemas). A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 60% e solución de problemas 40%) en cada unha das partes.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)
O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.
Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Solución de problemas) son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica e na solución de problemas, e as competencias adquiridas para esta materia.
As probas superadas na convocatoria de maio-xuño conservaranse para a convocatoria de xullo, coa cualificación obtida.
Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superación da materia (práctica clínica/solución de problemas), deberá recuperar toda a materia no caso de non superar ambas metodoloxías ou a parte non superada. A presentación de un novo traballo de solución de problemas, se he a parte non superada, e no caso das prácticas clínicas a recuperación será na unidade que se lle asigne, durante o mes de xullo e antes do peche de actas.
As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa.
A vixencia do aprobado das Estancias Clínicas manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización das estancias aprobadas.