Identifying Data 2015/16
Subject (*) Dermatoloxía Code 750G02026
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatoria 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
f.santalla@udc.es
Lecturers
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
f.santalla@udc.es
Web
General description A materia de Dermatoloxía pretende proporcionar ao alumno unha serie de coñecementos xerais de Dermatoloxía do membro inferior e o seu tratamento. O alumno ao longo do curso adquirirá coñecementos sobre: Semioloxía, histopatoloxía e terapéutica dermatolóxica das principais afeccións dermatolóxicas que afectan ao pé. Afeccións do tecido conectivo. Lesións de orixe vascular. Afeccións zooparasitarias e fito parasitarias. Lesións cutáneas benignas, lesións precancerosas e tumores cutáneos. Cirurxía en dermatoloxía e cicatrices.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A19 Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico.
B1 Aprender a aprender.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
O alumno coñece e identifica as lesións dermatolóxicas que afectan ao membro inferior e o seu tratamento. A19
B1
C1
C3
C4
C5
C7

Contents
Topic Sub-topic
I. SEMIOLOXÍA, HISTOPATOLOXÍA E TERAPÉUTICA DERMATOLÓXICA DAS PRINCIPAIS AFECCIÓNS DERMATOLÓXICAS QUE AFECTAN AO MEMBRO INFERIOR E O SEU TRATAMENTO.
II. AFECCIÓNS DO TECIDO CONECTIVO.
III. LESIÓNS DE ORIXE VASCULAR.
IV. AFECCIÓNS ZOOPARASITARIAS E FITOPARASITARIAS.
V. LESIÓNS CUTÁNEAS BENIGNAS, LESIÓNS PRECANCEROSAS E TUMORES CUTÁNEOS.
VI. CIRURXÍA EN DERMATOLOXÍA E CICATRICES.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A19 B1 C4 C7 21 42 63
Critical bibliographical A19 B1 C3 C4 C7 0 13.5 13.5
Mixed objective/subjective test A19 B1 C1 2 16 18
Seminar A19 B1 C1 C3 C5 21 31.5 52.5
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos...) Facilitarase aos alumnos o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material se poñerá a disposición do alumnado por diferentes vías (plataforma virtual, papel, correo electrónico...).
Critical bibliographical A recensión consistirá na lectura crítica de artigos científicos e outros documentos sobre Dermatoloxía PodolóXica ou temas relacionados coa mesma e a realización de actividades (Resúmenes, ensaios, ou presentación en clase do material traballado) que no seu momento propoñeranse en clase ou a través da facultade virtual. Todo o material se poñerá a disposición do alumnado por diferentes vías (plataforma virtual, papel, correo electrónico...).
Mixed objective/subjective test Exame con preguntas (entre 30 e 80) de proba obxectiva (tipo test) e preguntas de resposta corta (número a determinar). O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica).
Seminar Os seminarios consistirán en actividades grupales onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno. O alumno deberá expoñer polo menos unha actividade a determinar no transcurso da materia.

Personalized attention
Methodologies
Critical bibliographical
Description
A atención personalizada está destinada a resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada coa materia. Desenvolverase de maneira presencial de mutuo acordo co profesor, ou de maneira virtual (vía telefónica, correo electrónico, plataforma de teleformación...etc).

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A19 B1 C1 O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica). A máxima puntuación que se pode obter neste apartado son 7 puntos.
Unha semana antes do exame facilitaráselle ao alumno o número e puntuación das preguntas.
É necesario obter polo menos o 50% da nota total da proba mixta para superar a materia e poder sumar á cualificación final o resto de items da avaliación.
70
Critical bibliographical A19 B1 C3 C4 C7 As actividades relacionadas coa recensión bibliográfica son de carácter voluntario. 10
Seminar A19 B1 C1 C3 C5 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria. Realizarase un seguimento da asistencia dos alumnos aos mesmos, e en función da asistencia e da participación darase unha puntuación. A máxima puntuación que se pode obter neste apartado é 2 puntos. 20
 
Assessment comments

Para poder aprobar a materia a cualificación da "proba mixta" ha de ser maior ou igual a 5 sobre 10. Se a cualificación é inferior a esta cifra (5), non se sumarán as cualificacións relativas aos apartados "seminario" e "recensión bibliográfica", e a cualificación será "SUSPENSO". Ademais, a nota total da suma das diferentes metodoloxías de avaliación ha de ser igual ou superior ao 50% da cualificación total.

Os coñecementos a avaliar non se cinguirán ao que aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo profesor. O alumno deberá complementar a información e os contidos explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e "de apoio" e non son os "APUNTAMENTOS DA MATERIA". As fontes bibliográficas recomendadas son a base do coñecemento.

MATRICULA DE HONRA. Os alumnos con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomará por nota máis altas.

NON PRESENTADO. Os alumnos que non se presenten á proba mixta serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades.

MATRICULA PARCIAL. Os alumnos con matricula parcial deben ter en conta que a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia é opcional. Para superar a materia poden presentarse á proba mixta sempre que a súa nota sexa igual ou superior ao 50% da cualificación total da materia. O alumno debe informar o profesor desta situación como moito ata un mes despois do inicio das clases.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumno que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. Os alumnos presentados a 2º ou posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de seminario e recesión bibliográfica sempre que participase e superase as diferentes actividades.


Sources of information
Basic

- ALONSO PEÑA D. Atlas de Dermatología del Pie. 1ª Edición. 2007. Editorial Panamericana.

- GARCÍA CARMONA FJ. Dermatología podológica.  Guía práctica avanzada. Barcelona: Isdin-Ediciones Mayo 2009.

- VALERO SALAS J. Tumores de la piel y de las partes blandas del pie. Santander: Exa 2003.

- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Guía práctica de Dermatología Podológica. Barcelona: Isdin- Ediciones Mayo 2005.

- DAWBER R, BRISTOW I., TURNER W. Text Atlas of Podiatric Dermatology. 2001. Martin Dunitz.

- FITZPATRICK. Dermatología en Medicina General. 6ª Edición. 2005. Editorial Panamericana.

- FERRANDIZ C., Dermatología Clínica. 2ª edición. Madrid, Hacourt; 2001.

- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Abordaje quirúrgico de la patología subungueal. Madrid: Aula Médica 2005.

- Kumar, Abbas, Fausto, Mitchell; Robbins; Patología Humana. 2008. Elsevier. 




Complementary

- Revista Internacional de Ciencias Podológicas

- Journal of the American Podiatric Association (JAPMA)

- Journal of Dermatological Science

- http://www.dermfoot.com

- http://www.iqb.es/dermatologia/atlas/



Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Anatomía humana xeral/750G02001
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Fisioloxía xeral/750G02003
Fisioloxía de sistemas/750G02004
Bioloxía/750G02005
Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007
Patoloxía xeral/750G02008
Farmacoloxía/750G02009
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021
Quiropodoloxía 1/750G02027
Quiropodoloxía 2/750G02028
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Podoloxía Preventiva/750G02015
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Cirugía Podolóxica 1/750G02029

Subjects that continue the syllabus
Terapéutica farmacolóxica/750G02024
Cirugía Podolóxica 2/750G02030
Pe de risco/750G02031

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.