Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A25 |
Coñecer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ó pé. Estudo, diagnóstico e tratamento do pé diabético Mecanismos de reparación e cicatrización. |
A26 |
Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos. |
A27 |
Coñecer e empregar o instrumental en cirurxía e quiropodoloxía, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos. |
A28 |
Coñecer, diagnosticar e tratar os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ó pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico. |
A34 |
Coñecer os métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. DEA. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B16 |
Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas,
úlceras e procesos infecciosos que afectan ao pé así como os mecanismos de reparación
e cicatrización tisular. |
A25
|
B1 B3 B16 B19
|
C1 C3 C6 C8
|
Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración
de fármacos. |
A26
|
B1 B3 B16 B19
|
C1 C3 C6
|
Coñecer e empregar o instrumental en cirurxía e quiropodología, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos. |
A27
|
B1 B3 B16 B19
|
C1 C3 C6
|
Coñece, diagnostica e trata os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico. |
A28
|
B1 B3 B16 B19
|
C1 C3 C6
|
Coñece e aplica os métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. |
A34
|
B1 B3 B16 B19
|
C1 C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
UNIDADE DIDACTICA I |
Introdución á materia.
- Partes de que consta a materia
· Módulo teórico
· Módulo práctico
- Avaliación
- Bibliografía recomendada |
UNIDADE DIDÁCTICA 2 |
Tema 1: Concepto de Quiropodoloxia. Historia e evolución da quiropodoloxía. |
UNIDADE DIDÁCTICA 3 |
Tema 2: Organización e acreditación dunha consulta de Quiropodoloxía. Aparataxe. Instrumental. |
UNIDADE DIDÁCTICA 4 |
Tema 3: Probas diagnósticas, constantes vitais e Hª Clínica. |
UNIDADE DIDÁCTICA 5 |
Tema 4: Vendaxes. Concepto, clasificación e utilización.
Tema 5: Hemorraxia. Hemostasia. Concepto, tipos e tratamento.
Tema 6: Reaccións cutaneas ao frito: Perniosis; Conxelación; Pé de Trincheira. Concepto; Tipos e
tratamento.
Tema 7: Estudo das Queimaduras: Concepto; Etiología; Clasificación; Tratamento. Tratamento avanzado. |
UNIDADE DIDÁCTICA 6 |
Tema 8: Recordo Anatomo-fisiológico da pel e os seus anexos.
Tema 9: Estrutura da pel. Funcións. Tipos de pel. Modificacións biolóxicas.
Tema 10: Pel senil. Efectos do sol e os raios UV sobre a pel. Pel do neno e da embarazada. |
UNIDADE DIDÁCTICA 7 |
Tema11: Ulceras e Mal Perforante Plantar. Concepto; Etioloxía; Clasificación; Características;
Tratamento. Técnicas de terapia avanzada.
Tema12: Dermatopatias bacterianas. Concepto; Clínica, Evolución, Tratamento do : Absceso.
Furúnculo. Foliculitis. Antrax. Panadizo. Impétigo. Erisipela. Flemón., Fascite necrotizante.
Linfanxite. Adenite. Celulite. Gangrena.
|
UNIDADE DIDÁCTICA 8 |
Tema 13: Procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé.
Tema 14: Situacións especiais na clínica de quiropodoloxía. Soporte vital básico. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A25 |
14 |
28 |
42 |
Seminario |
A25 A26 A27 C8 |
12 |
12 |
24 |
Prácticas de laboratorio |
A25 A26 A27 A34 B16 B19 |
18 |
27 |
45 |
Traballos tutelados |
A25 A28 A34 B1 B3 B16 C1 C3 C6 |
0 |
19 |
19 |
Proba mixta |
A25 A26 A27 A28 A34 C1 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, graficas, esquemas, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario. |
Seminario |
Nos seminarios abordaranse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo. |
Prácticas de laboratorio |
A asistencia á totalidade das prácticas é obrigatoria e ás mesmas o alumno deberá ir provisto de bata branca, lentes de protección e tesoiras multiusos.
Nas prácticas, o alumno debe ser capaz de alcanzar os seguintes obxectivos:
· Coñecer o instrumental, aparataxe e mobiliario necesarios para a práctica da quiropodoloxía.
. Adestrarse no funcionamento, utilización e manexo do instrumental e aparataje.
· Confeccionar unha historia clínica quiropodolóxica.
· Coñecer e realizar distintos tipos de vendaxes e curas de feridas, úlceras e lesions térmicas.
· Realizar técnicas de quiropodia.
· Realizar técnicas de exploración e diagnóstico quiropodolóxico.
· Aplicar métodos de reanimación e resucitación cardiopulmonar.
· Realizar técnicas de tratamentos *quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
Ao finalizar todas as prácticas o alumno deberá entregar unha memoria de prácticas no prazo fixado ao comezo da materia. |
Traballos tutelados |
Realizarase un traballo en grupo dun tema relacionado coa materia cuxos requisitos e prazo de entrega comunicaranse ao comezo da docencia da materia. |
Proba mixta |
Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios do
profesor de atención ao alumno de forma virtual por correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A25 A26 A27 C8 |
A avaliación dos seminarios avaliarase en función da presencialidade e a participación do alumno nas actividades a realizar nos mesmos. |
8 |
Proba mixta |
A25 A26 A27 A28 A34 C1 |
Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba mixta será necesario obter o 50% de preguntas correctas do test así como coa superación do 50% das preguntas curtas. |
70 |
Traballos tutelados |
A25 A28 A34 B1 B3 B16 C1 C3 C6 |
Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A25 A26 A27 A34 B16 B19 |
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas. |
12 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é necesario asistir e superar a totalidade das prácticas de laboratorio e superar a proba mixta (co 50% de preguntas correctas do test así como coa superación do 50% das preguntas curtas). Así como obter unha media de 5 na cualificación total da materia incluíndo proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, seminarios, traballos tutelados do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio segundo as porcentaxes do devandito curso. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización da práctica clínicas. A cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma. Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia. A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame. As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña un 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa a súa evolución curricular fose significativa.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
HILL, MARCIA J.: Trastornos cutáneos. Mosby/Doyma
UMBERT, P. Y SÁNCHEZ-REGOÑA., M. Manual de dermatología práctica. J.R. Prous Editores (1995).
MIX, GODFREY: Podología. Cuidados del pié. Paraninfo/Thomson Learning.(2001).
Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Biomecanica, Medicina y Cirugía del Pie. Masson: Barcelona, 2000.
Zalacain A,Ogalla JM,Garcia-palos. Atlas y sinopsis de enfermedades cutaneas del pie. Edikamed 2008.
Toni Bove. El vendaje funcional. Elservier: 2007
Aragón/Lázaro. Atlas del manejo práctico del pie diabético. Masson 2004.
Arcia, A.L./ Fernandez, J.I./ Rodriguez, R. El pie diabético. Ed. Elsevier-Masson: 2004.
Aragón Sánchez/Ortiz. El pie diabético. Masson: 2001.
Gómez Ortiz Santiago, Gómez Facundo Santiago. Guía farmacológica de utilización en podología. Nexus medica editores 2010.
Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guia Práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos: 2009.
Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guía de protocolo del píe diabético. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogo. 2011
Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Habilidades clínicas para el tratamiento del pie. Elsevier: 2007.
Turner, W.A., Merriman, L.M. Técnicas Quirúrgicas en Cirugía del Pie. Masson, Barcelona, 2004. |
Bibliografía complementaria
|
|
- ROMO SANZ, Mª ISABEL: Tratamiento progresivo de las heridas en medio ambiente húmedo. Gráficas Cervantes S.A. (1999).
- CORDERO, CABREROS, ALLEVATO Y DOMOTTI: Manifestaciones cutáneas de las enfermedades sistémicas. Panamericana (1997).
- FORBES, JACKSON, HARCOURT, BRACE: Atlas de Medicina Interna. 2ª Edición.(1997).
- GOLDCHER, A.: Podología. Masson S.A.(1992).
- FITZPATRICK, JOHNSON, WOLFF, POLONA: Atlas de Dermatología Clínica. 3ª edición. Sursmond (1997)
- KLEIN, A.R. (ED.): Enfermería de Urgencias. 4ª Edición. Vol. I, II y IV. McGraw-Hill/Interamericana (1996)
- GOLDCHER, A.: Podología.. Masson S.A. (1992)
REVISTAS CIENTIFICAS RECOMENDADAS.
- Revista Española de Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos de España.
- El Peu. Colegio oficial de Podólogos de Cataluña.
- Revista Internacional de Ciencias Podológicas
- Podología Clínica
- British Journal of Podiatrie Medicine, Surgery.
- The Chiropodest. The Journal of British Podiatric Medicine |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía específica do membro inferior/750G02002 | Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007 | Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Dermatoloxía/750G02026 | Quiropodoloxía 2/750G02028 | Cirugía Podolóxica 1/750G02029 | Pe de risco/750G02031 | Prácticum 1/750G02033 | Prácticum 2/750G02034 | Prácticum 3/750G02035 |
|
Observacións |
IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para as prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible para a súa realización acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais necesarios para as prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia. |
|