Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences
|
A33 |
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podolóxica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
A36 |
Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados. |
A37 |
Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía. |
A38 |
Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida. |
A39 |
Desenvolver as técnicas de exploración física. |
A40 |
Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A41 |
Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A42 |
Emitir un diagnóstico e pronóstico. |
A43 |
Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. |
A44 |
Deseñar planes de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. |
A45 |
Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. |
A46 |
Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. |
A47 |
Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. |
A48 |
Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. |
A49 |
Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A50 |
Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos. |
A51 |
Elaborar e interpretar informes clínicos. |
A52 |
Avaliar os resultados obtidos do proceso de atención podolóxica. |
A53 |
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A54 |
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
A55 |
Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A60 |
Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno. |
A62 |
Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico. |
A64 |
Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B11 |
Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B14 |
Implicación na calidade e busca da excelencia. |
B16 |
Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo. |
B17 |
Capacidade de motivarse e motivar a outros. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B21 |
Habilidades interpersonais. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences |
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podológica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos nas clínicas podológicas universitarias e centros acreditados. |
A36 A60
|
B19
|
|
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía |
A37
|
|
|
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida. |
A38
|
|
|
Desenvolve as técnicas de exploración física. |
A39
|
|
|
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A40
|
|
|
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A41
|
B12
|
|
Emite un diagnóstico e prognóstico. |
A42
|
|
|
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podológico. |
A43 A62 A64
|
|
|
Deseña plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. |
A44 A62
|
|
|
Desenvolve a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. |
A45
|
B4 B17
|
|
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos. |
A46
|
|
|
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A47
|
|
|
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. |
A48 A49
|
B7 B21
|
C1
|
Prescribe, administra e aplica tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos. |
A50
|
|
|
Elabora e interpreta informes clínicos. |
A51
|
B7 B12
|
|
Avalía os resultados obtidos do proceso de atención podológica. |
A52
|
B14
|
C4
|
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A53
|
B11 B12 B16
|
|
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
|
B1 B3 B14
|
C6
|
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A55
|
B6
|
C4 C6
|
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico. |
|
B2 B18
|
C3
|
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
A33 A54
|
|
C7 C8
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Na materia Prácticum 3 o alumno/a aplica os coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o 2º cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno/á efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. |
-Método clínico en podoloxía.
-Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida.
-Técnicas de exploración física.
-Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
-Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
-Diagnóstico e prognóstico.
-Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
-Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
-Protocolos: execución e avaliación.
-Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos.
-Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
-Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
-Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
-Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos.
-Elaboración e interpretación de informes clínicos.
-Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
-Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
-Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
-Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
-Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies |
Ordinary class hours |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Clinical practice placement |
A64 A62 A60 A55 A53 A52 A51 A50 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A36 A33 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 |
240 |
0 |
240 |
Student portfolio |
A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 |
0 |
50 |
50 |
Objective test |
A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 |
2 |
6 |
8 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Clinical practice placement |
As prácticas clínicas supoñen a participación gradual e supervisada do alumno/a en o proceso de atención podológica integral aos pacientes atendidos nos diferentes servizos da CUP e as prácticas externas nos Servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumno/a participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito sempre que sexa posible participará nas sesións clínicas que leven a cabo nos diferentes Servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
A ausencia a ditas prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 10 días da ausencia na administración da CUP), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 5 prácticas, un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 10 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesor que lle corresponda impartir a docencia ese día e ao coordinador da materia. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 4 ausencias a prácticas son:
-Congreso nacional de Podoloxía
-Xornadas galegas de Podoloxía
-Congresos internacionais de Podoloxía
-Congreso de estudantes de Podoloxía
-Xornadas Laboralia
-Outras actividades que poidan ser valoradas polos docentes da materia
Todo o alumnado debe asistir a prácticas incorporándose ao grupo que lle foi asignado e dado que a asistencia é diaria non existe posibilidade de cambio de prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar ao entrar en prácticas no mostrador de administración (estarán dispoñibles de 16:00 a 16:15h). A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao persoal de administración da CUP antes de pasados 10 días desde a ausencia. A puntualidade na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera hora de chegada posterior ás 16:15h. As faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica. E tras a mesma será este quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisións.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pixama e calzado sanitario branco, así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía muy especialmente en lo que al secreto profesional se refiere. |
Student portfolio |
Toda a información relativa á elaboración e avaliación do portafolio facilitarase no anexo á guía docente que se entregará ao alumno/ao día da presentación da materia |
Objective test |
Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%) |
Personalized attention |
Methodologies
|
Student portfolio |
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies |
Description
|
Qualification
|
Objective test |
A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 |
Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%) |
40 |
Clinical practice placement |
A64 A62 A60 A55 A53 A52 A51 A50 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A36 A33 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 |
A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum . A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu Servizo.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodoloxía-Cirurxía (16%)
-Patomecánica-Ortopodoloxía (16%)
-Servizo COT (4%)
-Outros Servizos hospitalarios (4%)
É necesario superar cada apartado (5/10) da avaliación para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por alumno/a:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo. |
40 |
Student portfolio |
A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 |
Avaliaranse todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio. Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallareise o día da presentación da materia. |
20 |
|
Assessment comments |
|
Sources of information |
Basic
|
|
Tendo en conta que todos os contidos teórico-prácticos da titulación son relevantes para o exercicio profesional e, polo mesmo motivo, para as prácticas clínicas, as fontes de información básica e recomendadas por todas e cada unha das materias conforman as fontes de información, consulta e estudo durante a realización das prácticas clínicas comprendidas deste Prácticum. No entanto existen determinadas fontes documentais de gran utilidade para a súa consulta clínica diaria e que concretará o profesorado que supervise as prácticas clínicas dos diferentes servizos da CUP. A modo de exemplo citamos: -Buckup K. Pruebas
clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed.
Barcelona: Elsevier; 2007. -Espinás Boquet J, Vilaseca Canals
J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la
selección razonada de medicamentos). 4ª ed. Barcelona: Sociedad
Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2010. -Dockery
GL. Cutaneous disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997 -Muñoz Calvo B et al, comité
editorial. Cliniguía,
actualización de diagnóstico y terapéutica. 7ªed. España: EvieScience; 2012. -Straus SE, Scoot Richardson W,
Glasziou P, Haynes RB. Medicina
Basada en la evidencia. 3ªed. Madrid: Elsevier; 2006. -Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro
inferior. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2006.
-Villa LF. Coordinación.
Medimecum, guía de terapia farmacológica. 15ª ed. España:
Luis F Villa Alcazar; 2010. |
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Anatomía humana xeral/750G02001 | Anatomía específica do membro inferior/750G02002 | Fisioloxía xeral/750G02003 | Fisioloxía de sistemas/750G02004 | Bioloxía/750G02005 | Psicoloxía/750G02006 | Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007 | Patoloxía xeral/750G02008 | Farmacoloxía/750G02009 | Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010 | Método científico e Saude Pública/750G02011 | Podología xeral/750G02012 | Biomecánica do membro inferior/750G02013 | Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014 | Podoloxía Preventiva/750G02015 | Ortopodoloxía 1/750G02017 | Ortopodoloxía 2/750G02018 | Ortopodoloxía 3/750G02019 | Ortesioloxía dixital e calzadoterapia/750G02020 | Patoloxía Podolóxica 1/750G02021 | Patoloxía Podolóxica 2/750G02022 | Podoloxía Física/750G02023 | Dermatoloxía/750G02026 | Quiropodoloxía 1/750G02027 | Quiropodoloxía 2/750G02028 | Cirugía Podolóxica 1/750G02029 | Cirugía Podolóxica 2/750G02030 | Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032 | Prácticum 1/750G02033 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Terapéutica farmacolóxica/750G02024 | Podoloxía Deportiva/750G02025 | Pe de risco/750G02031 | Prácticum 2/750G02034 |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
Recoméndase ter coñecementos de inglés. |
|