Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A29 |
Elaborar, implementar e avaliar estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral. |
A31 |
Aplicar os coñecementos á práctica. |
A32 |
Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais. |
A33 |
Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional. |
A34 |
Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais. |
A35 |
Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais. |
B2 |
Capacidade de análise e síntese. |
B3 |
Capacidade de organización e planificación. |
B4 |
Capacidade de xestión da información. |
B5 |
Toma de decisións. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Habilidades nas relacións interpersoais. |
B8 |
Razoamento crítico. |
B9 |
Traballo en equipos. |
B10 |
Recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade. |
B11 |
Traballo en ámbitos internacionais. |
B12 |
Motivación para a calidade. |
B13 |
Adaptación a novas situacións. |
B14 |
Aprendizaxe autónomo. |
B15 |
Creatividade. |
B17 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B18 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B19 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B20 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B21 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B22 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
|
A29 A31 A32 A33 A34 A35
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B17 B18 B19 B20 B21 B22
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Oferta de temas dos TFG e asignación de direccións |
1. Os temas ou as liñas dos TFG e os directores correspondentes proporanse de xeito razoado. Tal proposta será remitida á dirección do centro desde os departamentos a que este lles fixer o encargo dos TFG. Os estudantes poderán propoñerlles aos departamentos temas ou liñas para que sexan incorporados na súa oferta.
2. A COA aprobará e fará pública unha listaxe cos temas así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os criterios de asignación. A devandita listaxe garantirá un número de direccións suficiente para a totalidade dos estudantes matriculados no TFG.
3. Unha vez finalizados os pasos anteriores, o estudantado, no prazo establecido e co modelo do anexo I, solicitará a asignación por orde de preferencia dun número de mínimo de tres temas ou liñas.
A comisión preparará unha proposta de asignación provisional, en que intentará respectar as opcións manifestadas polo estudantado e o profesorado implicado, baixo o principio de igualdade, mérito e capacidade. Para dirimir as prioridades na elección de tema ou titor/a valorarase como criterio o expediente académico.
4. Coa publicación da proposta provisional establecerase un período de reclamacións. Resoltas estas, a COA publicará unha listaxe definitiva. Calquera modificación posterior terá que efectuarse de común acordo entre o alumnado e o profesorado afectado, e en calquera caso sempre que a comisión o autorizar e publicar.
5. Unha vez publicada a listaxe definitiva, o/a estudante e o/os directores cubrirán o anexo II.
6. O TFG do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos está asignado no plan de estudos ao segundo cuadrimestre. Se o alumnado realizase a matrícula no período ordinario, o prazo límite para lle remitir ao centro os temas e directores que se indican na epígrafe 1, é o 30 de setembro. O prazo límite para publicar a listaxe da epígrafe 2 é o 30 de outubro.
O procedemento completo deberá estar rematado antes do 30 de novembro.
Se o alumnado se matricula no período de ampliación da matrícula, no mes de febreiro, os procedementos establecidos nas epígrafes 1, 2 e 3 deberán estar finalizados antes do 30 de marzo.
Sempre e cando o centro o estimar oportuno en función da súa organización docente, aínda que o TFG estea asignado ao segundo cuadrimestre, se a superación deste traballo supón o remate dos estudos, o alumnado poderá defendelo no período establecido para a primeira oportunidade do primeiro cuadrimestre e, de ser o caso, na oportunidade de xullo. Para isto o alumnado deberá facer a correspondente solicitude, avalada polo/a director/a, ante a COA que será quen resolverá.
Neste caso os procedementos establecidos nas epígrafes 1, 2 e 3 deberán estar rematados antes do 15 de outubro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Resumo |
A29 A31 A32 A33 A34 A35 B22 B21 B20 B19 B18 B17 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
134 |
134 |
Discusión dirixida |
B18 B19 B21 B22 C1 C4 C6 C7 C8 |
0.5 |
0 |
0.5 |
Presentación oral |
A29 B21 C1 C3 |
0.5 |
0 |
0.5 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Resumo |
O TFG supón a realización por parte do estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores.
No TFG deben de integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao e deberá de estar orientado á aplicación das competencias xerais asociadas ao título. En concreto, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes(da súa área de estudo) co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
Ver observacións avaliación. |
Discusión dirixida |
Ver observacións avaliación. |
Presentación oral |
Ver observacións avaliación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Resumo |
|
Descrición |
O TFG será dirixido por un membro do profesorado dos departamentos con docencia no plan de estudos do título de grao.
Tal profesor/a será responsable de:
a) expoñerlle ao estudantado cuxa titoría exerza as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento;
b) realizar un seguimento da elaboración do TFG e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados;
c) autorizar a presentación e defensa do TFG.
O TFG poderá ser dirixido por máis dunha persoa. Nese caso, cando menos unha delas deberá ser un membro do profesorado pertencente aos departamentos que imparten docencia no título de grao en que estiver matriculado o/a estudante.
Por outra parte, se no marco dun convenio de prácticas o/a estudante ten que desenvolver parte do TFG ou a súa totalidade noutro organismo distinto á UDC, unha das persoas que dirixa o traballo poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFG. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A29 B21 C1 C3 |
Ver observacións avaliación. 6.3, 6.4 y 6.5. |
20 |
Resumo |
A29 A31 A32 A33 A34 A35 B22 B21 B20 B19 B18 B17 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Ver observacións avaliación 6.1. |
60 |
Discusión dirixida |
B18 B19 B21 B22 C1 C4 C6 C7 C8 |
Ver observacións avaliación. 6.5. |
20 |
|
Observacións avaliación |
5. Tribunais de avaliación
5.1. Os tribunais de avaliación configuraranse da forma que establecer a COA, segundo o número de alumnos matriculados e a temática dos diferentes TFG que se presentaren.
5.2. Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas e os correspondentes suplentes. Todas elas deberán ser membros do profesorado do centro que imparte o título de grao. O/a director/a do TFG non poderá formar parte do tribunal.
5.3. Cada tribunal contará cunha persoa que o presida e outra que exerza como secretaria. Utilizaranse como criterios a categoría docente e a antigüidade para nomear o/a presidente/a e o/a secretaria/o, que exercerán como tales en todas as actuacións do tribunal.
5.4. Unha vez constituídos os tribunais de avaliación, estes, de acordo co centro, establecerán a orde de exposición dos estudantes no caso de seren varios, así como o día, a hora e o lugar de realización das defensas dos TFG.
Realizarase a adecuada comunicación destes datos a todo o estudantado e profesorado afectado.
6. Presentación e defensa dos TFG
6.1. O TFG terá unha extensión entre 20 e 40 páxinas (sen anexos). O tipo de letra será Times New Roman, tamaño 12 puntos, con un interliñado de 1,5. Márxenes: superior, inferior e dereito 2,5 cm; esquerdo: 3 cm. O TFG terá unha Portada coas características presentadas no anexo III.
6.2. Na oportunidade pertinente o/a estudante presentará unha solicitude de defensa e avaliación do TFG, segundo o procedemento establecido pola Universidade, no prazo que se fará público para estes efectos. Coa solicitude entregaranse na UXAI a versión escrita do traballo realizado e 4 copias da versión electrónica sempre que for posible, para que o TFG poida ser defendido e cantos documentos estimar necesarios a comisión encargada.
Rematado o prazo de solicitudes, a UXAI entregará a documentación que proceda ao secretario/a do tribunal de avaliación quen deberá facer chegar unha copia do traballo, a cada un dos membros deste.
6.3. O estudantado defenderá os seus TFG pública e presencialmente. No caso de que o/a estudante solicite de forma motivada e acreditada defender o TFG de forma non-presencial, cumprirá que o faga ante a Comisión de Plans de Estudo, delegada do Consello de Goberno, para que a autorice ou non. Isto sempre de se daren as condicións legais, técnicas, administrativas e económicas que o permitiren.
6.4. A realización, presentación e defensa dos TFG poderán efectuarse en calquera dos idiomas empregados na impartición do grao, de acordo co disposto na memoria de verificación do título.
6.5. Cada estudante disporá dun tempo máximo, do que será informado polo tribunal, para a defensa do TFG, en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do tribunal de avaliación.
Unha vez realizada a exposición do/a estudante, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal . O Secretario do Tribunal será o encargado de recoller na acta a cualificación final e entregala no Decanato da Facultade, ademais de asinar electrónicamente a acta dixital. A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que terá que engadirse a correspondente cualificación cualitativa: a) 0-4,9 suspenso b) 5,0-6,9 aprobado c) 7,0-8,9 notable d) 9,0-10 sobresaliente Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudante/a que obtivese unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, e sexa merecedora/a de tal mención, segundo o criterio unánime do tribunal evaluador. No caso de que o/a estudante obtivese unha cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle unha copia deste informe á/s persoa/s que dirixiron o TFG. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levará a cabo conforme ao previsto na normativa da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|