Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A10 |
Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia, o modo en que se obteñen algunhas das súas propiedades, as teorías empregadas para describilos, e os cambios de estado.
|
A3 A12
|
B3
|
C3
|
Comprender os principios elementais da termodinámica e as súas aplicacións en Química (fundamentos de termodinámica, termoquimica).
|
A4 A5
|
B3
|
C3
|
Coñecer, a un nivel elemental, a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
|
A4 A10
|
B3
|
C3
|
-Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades para resolver problemas de química xeral (termoquímica, estados de agregación, mezclas e disolucións, cambios de fase, cinética elemental) |
A1 A14 A16 A21
|
B2 B3 B4
|
C1 C3 C6
|
- Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas (estados de agregación, interaccións intermoleculares, cambios de fase, propiedades coligativas)
|
A12 A14 A16
|
B3
|
C1 C3 C6
|
- Adquirir destreza no traballo no laboratorio. |
A14 A16 A21 A23 A24
|
B2 B3 B4
|
C1 C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Gases. |
-Presión dun gas.
-Leis dos gases: Boyle, Charles-Gay Lussac e Avogadro.
-Ecuación xeral dos gases ideais e as súas aplicacións.
-Teoría cinético-molecular dos gases.
-Gases reais: ecuación de van der Waals. |
Termoquímica. |
-Termos básicos en Termoquímica.
-Calor e traballo: convenio de signos.
-Primeiro principio da Termodinámica. Enerxía interna.
-Funcións de estado. Entalpía. Estados estándar.
-Lei de Hess.
-Entalpías estándar de formación.
-Outras entalpías. |
Líquidos e sólidos puros. |
-Visión xeral das forzas intermoleculares en líquidos e sólidos.
-Algunhas propiedades de líquidos e sólidos: tensión superficial, viscosidade, enerxía de rede.
-Cambios de fase: ecuación de Clausius-Clapeyron.
-Diagramas de fase: punto triple e punto crítico.
|
Disolucións. |
-Forzas intermoleculares e proceso de disolución.
-Solubilidade de sólidos e de gases. Lei de Henry
-Propiedades coligativas das disolucións: descenso da presión de vapor, elevación do punto de ebullición, disminución do punto de conxelación e presión osmótica. |
Cinética química. |
-Velocidade de reacción. Ecuación de velocidade, Ordes de reacción. Constante de velocidade.
-Obteción da ecuación de velocidade: método das velocidades iniciais e método das ecuacións integradas.
-Efecto da temperatura sobre a velocidade de reacción: ecuación de Arrhenius.
-Modelos teóricos en Cinética Química.
-Mecanismo de reacción. |
Prácticas |
-Determinación da masa molar dun líquido volátil.
-Determinación do punto de conxelación e do descenso crioscópico.
-Determinación de calores de reacción a presión constante.
-Determinación da velocidade dunha reacción. Efecto da temperatura. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A4 A5 A10 A12 A24 |
27 |
54 |
81 |
Seminario |
A1 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B2 |
9 |
36 |
45 |
Prácticas de laboratorio |
A3 A5 A14 A16 A23 A24 B3 B4 C1 C3 C6 |
15 |
3.75 |
18.75 |
Proba mixta |
A1 A3 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B3 B2 |
3.5 |
0 |
3.5 |
|
Atención personalizada |
|
1.75 |
0 |
1.75 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais describiránse as liñas mestras da materia e os seus contidos fundamentais.
|
Seminario |
Nos seminarios incidirase nos aspectos máis de detalle dos contidos, reforzando os conceptos tratados nas sesións maxistrais, principalmente a través da resolución de cuestións, problemas e o tratamento de casos.
As sesións de seminario basearanse no traballo dos alumnos, que se lles irá marcando a medida que avance a materia.
Para un axeitado aproveitamento, se indicará con antelación aos estudantes o traballo que deben ir facendo con antelación a cada sesión de seminario.
|
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio desenvolverán exemplos experimentais dos conceptos tratados na materia.
A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia no seu conxunto.
Os alumnos deberán, segundo as indicacións dos profesores, rexistrar un diario de laboratorio, que deberán entregar nunha data prefixada. Salvo excepcións debidamente xustificadas, non se valorarán os entregados fora de prazo. |
Proba mixta |
Integra preguntas abertas de desenvolvemento, tipo problemas, e preguntas tipo test, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Nas titorías cos alumnos comprobarase cómo avanza o seu proceso de aprendizaxe, con referencia ás distintas metodoloxías docentes planificadas.
Os profesores estarán a disposición dos alumnos para resolver calquer tipo de dúbidas sobre a asignatura no horario de atención establecido. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A1 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B2 |
Os estudantes deberán traballar tanto por anticipado como a posteriori os contidos tratados nestas sesións. Ademáis, deberán manter a atención e concentración durante estas sesións.
Terase en conta a participación do alumno nos seminarios e a calidade do traballo desenvolto, así como a súa evolución no tempo.
O traballo do alumno poderase medir tamén mediante cuestións de resposta breve ou problemas realizadas esporádicamente. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A3 A5 A14 A16 A23 A24 B3 B4 C1 C3 C6 |
Terase en conta o traballo do alumno no laboratorio, incluindo a planificación dos experimentos, o seu desenvolvemento, a análise crítica dos resultados obtidos, a capacidade de xeneralización e para tirar conclusións, etc. Asemade, valoraranse cualidades como a iniciativa, capacidade de comunicación, etc., así como a calidade do traballo desenvolto.
Os alumnos deberán, segundo as indicacións dos profesores, rexistrar un diario de laboratorio, que entregarán nunha data prefixada. Salvo excepcións xustificadas, non se valorarán os entregados fora de prazo. |
20 |
Proba mixta |
A1 A3 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B3 B2 |
Cada estudante deberá realizar unha proba na que deberá amosar a súa capacidade para resolver problemas, cuestións conceptuales e o tratamento breve e sintético de determinados temas, facéndoo de xeito independente e nun intervalo de tempo prefixado.
A avaliación terá en conta os coñecementos amosados e a calidade dos resultados obtidos no tempo establecido. |
70 |
|
Observacións avaliación |
* A asistencia ás prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. * Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 3.0 sobre 10 (2.1 sobre 7) e acadar, sumadas as cualificacións ponderadas de todas as actividades, unha nota mínima de 5.0 sobre 10. * De non ter alcanzado a cualificación mínima na proba mixta final a
materia figurará como suspensa, aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de
10), en cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5. * A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta final. * A segunda oportunidade de xullo enténdese como unha segunda
oportunidade de realización da proba mixta final. Consecuentemente,
mantéñense as cualificacións das prácticas de laboratorio e os seminarios obtidas ao longo do curso, mentres
que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá a
obtida na proba mixta da primeira oportunidade. * Os alumnos que
sexan avaliados na chamada "segunda oportunidade" só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente
curso non se cubriu na súa totalidade na"primeira oportunidade". * Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
R.H. Petrucci, W.S. Hardwood, F.G. Herring (2011). Química general, 10ª ed. . Madrid, Prentice Hall |
|
Bibliografía complementaria
|
P. Atkins, L. Jones (2012). Principios de Química. Los caminos del descubrimiento. Madrid. Editorial Médica Panamericana
N.J. Tro (2010). Principles of Chemistry. Upper Saddle River, New Jersey, Pearson Education International
J.A. López Cancio (2000). Problemas de Química. Cuestiones y ejercicios.. Madrid, Prentice Hall
M.D. Reboiras (2007). Problemas resueltos de Química. Madrid, Thomson
C. Orozco Barrenetxea, M.N. González Delgado, A. Pérez Serrano (2011). Problemas resueltos de Química Aplicada. Madrid, Paraninfo
R. Chang (2010). Química, 10ª ed.. México, Mc Graw Hill Interamericana
T.L. Brown, H.E. LeMay, B.E. Bursten, C.J. Murphy (2009 ). Química, la Ciencia Central, 11ª ed. . Naucalpán de Juárez, México, Pearson Educación |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química 1/610G01007 | Química 4/610G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Física 3/610G01018 | Experimentación en Química Física/610G01019 | Química Física Avanzada/610G01020 |
|
|