Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A8 |
Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas. |
A9 |
Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
A27 |
Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Entende-las diversas formas nas que a radiación electromagnética interacciona coa materia, e como consecuencia delo os distintos tipos de espectroscopía, e a información estrutural e analítica que cada un deles pode suministrar. |
A1 A7 A8 A9 A12 A27
|
B1 B3
|
C1 C2 C3 C8
|
Comprende-los fundamentos teóricos dos procesos de emisión e absorción de radiación electromagnética, con especial fincapé no significado do momento dipolar de transición. |
A1 A7 A8 A9 A12 A27
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C3 C8
|
Entende-lo fundamento teórico que explica a intensidade e a forma dos sinais espectrais, así como ser capaz de realizar prediccións sobre as mesmas en casos concretos. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A20 A21 A27
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C6 C8
|
Saber aplica-los fundamentos da teoría de grupos. |
A1 A8 A14 A27
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C3 C6
|
Comprende-los fundamentos teóricos dos distintos tipos de espectroscopia, así como a súa aplicación de cara a elucidación estrutural e as técnicas de análise. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A20 A21 A27
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C6 C8
|
Determinación práctica de diversos tipos de espectros, análise e interpretación dos mesmos, tanto dende o punto de vista estrutural como analítico, cualitativo e cuantitativo. |
A7 A12 A14 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Comprender e aplicar-los fundamentos teóricos e prácticos da Fotoquímica, así como as súas implicacións básicas en procesos ambientais. |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Entende-las bases teóricas e prácticas implicadas nos métodos de difracción, con especial fincapé na elucidación de estruturas cristalinas por difracción de raios X. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Comprende-los fundamentos teóricos e prácticos da acción láser, e as súas aplicacións, con énfase na Química. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Adquirir coñecementos básicos doutras espectroscopías, así como dispoñer dunha visión xeral das novas tendencias no procura da determinación estrutural das especies químicas e das técnicas de análise. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introducción á Espectroscopía |
Radiación electromagnética e materia. Procesos resonantes e non resonantes. Tratamento clásico da interacción radiación-materia. Tratamento semiclásico: coeficientes de Einstein e momento dipolar de transición. Emisión espontánea. Regras de selección. Tipos de espectros. Poboación dos niveis de enerxía: intensidades. Lei de Bouger-Lambert-Beer. Factores que determinan a forma e anchura das bandas espectrais. Aspectos xerais das técnicas experimentais. Transformada de Fourier.
|
Simetría en Química |
Elementos e operacións de simetría. Propiedades básicas dos grupos. Representacións de grupos. Representacións reducibles e irreducibles. Aplicacións en Química. |
Espectros de rotación |
Mecánica clásica da rotación molecular. Clasificación das moléculas. Espectros de moléculas diatómicas e lineais. Poboación de niveis e intensidade das transicións. Distorsión centrifuga. Espectros de trompos simétricos. Espectros de trompos asimétricos. Determinación da estructura molecular. Aspectos experimentais da Espectroscopía de microondas: efecto Stark e momento dipolar. |
Espectros de vibración |
Moléculas diatómicas.
Aproximación do oscilador armónico: niveis de enerxía. Anharmonicidade. Potenciais empíricos. Regras de selección. Enerxías de disociación. Espectros de rotación-vibración.
Moléculas poliatómicas.
Tratamento clásico: modos e coordenadas normais. Tratamento mecanocuántico: niveis de enerxía. Consideracións de simetría. Regras de selección. Frecuencias de grupo. Técnicas experimentais.
Espectros Raman.
Polarizabilidade molecular e tensor de polarizabilidade. Teoría clásica da dispersión Rayleigh e Raman. Representación cuántica. Espectros de rotación pura. Espectros de vibración. Técnicas experimentais.
|
Espectros electrónicos |
Moléculas diatómicas.
Estados electrónicos. Regras de selección. Intensidade das compoñentes de vibración: principio de Frank-Condon. Estrutura de vibración: progresións e secuencias. Enerxías de disociación.
Moléculas poliatómicas.
Estrutura e estados electrónicos. Regras de selección. Espectros de moléculas simples. Cromóforos. Dicroismo circular e dispersión óptica rotatoria. Espectroscopía de UV-VIS: técnicas experimentais e aplicacións analíticas.
Espectros fotoelectrónicos.
Procesos de ionización. Técnicas experimentais. Espectroscopía fotoelectrónica de ultravioleta (UPS): Interpretación dos espectros. Interpretación dos espectros fotoelectrónicos de raios X (XPS o ESCA): desprazamento químico.
|
Fundamentos de Fotoquímica |
Fluorescencia e fosforescencia: diagrama de Perrin-Jablonski.
Leis da fotoquímica. Rendemento cuántico. Desactivación bimolecular (Quenching). Procesos fotoquímicos. Técnicas experimentais e aplicacións. |
Espectrocopía del láser |
A acción láser. Tipos de láseres. Espectroscopías de absorción e excitación: fluorescencia inducida por láser. Espectroscopías Raman. Espectroscopía de ionización multifotónica: detección TOF. Espectroscopía de femtosegundo: aplicacións na dinámica da reacción química. Técnicas experimentais. |
Espectroscopías de Resonancia Magnética |
Estados de espín nuclear e electrónico: reglas de selección.
Espectroscopia de resonancia magnética nuclear (RMN). O desprazamento químico: contribucións o factor de apantallamento. Estructura fina: acoplamentos. Aspectos experimentais: emprego da transformada de Fourier. Procesos de relaxación.
Espectroscopia de resonancia de espín electrónico (ESR): estructura fina e hiperfina. Técnicas experimentais e aplicacións. |
Métodos de difracción |
Características xerais do fenómeno de difracción. Difracción de raios X. Condicións de Bragg e Laue. O factor de estrutura. Determinación da estrutura cristalina. Síntese de Fourier. O problema da fase. Difracción de neutróns. Difracción de electróns por gases. Ecuación de Wierl e función de distribución radial. Técnicas experimentais e aplicacións. |
Outras espectroscopías e novas tendencias |
Espectroscopía Mössbauer. Introducción as espectroscopías nonlineais. Aplicacións. Novas tendencias. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A27 B1 |
19 |
28.5 |
47.5 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C6 |
10 |
12.5 |
22.5 |
Seminario |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C6 C7 C8 |
8 |
12 |
20 |
Solución de problemas |
A1 A14 A15 A21 A27 B2 C6 |
9 |
13.5 |
22.5 |
Presentación oral |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
2 |
5 |
7 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A16 A27 B5 B7 C3 C6 |
0 |
4 |
4 |
Simulación |
A24 A21 A20 A16 A15 A14 A12 A9 A8 A7 A1 A27 B1 B2 B3 C3 C6 |
2 |
4 |
6 |
Lecturas |
A1 A16 A23 A24 C6 C7 C8 |
0 |
6.5 |
6.5 |
Proba de resposta múltiple |
A24 A21 A20 A16 A15 A14 A12 A9 A8 A1 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C7 C8 |
0 |
3 |
3 |
Proba mixta |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
3 |
7 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Básicamente é a clásica lección maxistral, en xeral con apoio audiovisual, na que se exporán os aspectos fundamentais con contidos teóricos da asignatura. Pénsase nun formato dinámico no que hai lugar para a participación d@s estudiantes. |
Prácticas de laboratorio |
Realización de actividades de carácter práctico con obxeto de aplica-los coñecementos teóricos, e, á vez, adquiri-las destrezas experimentais asociadas os mesmos. |
Seminario |
Esta actividade levarase a cabo en grupo reducido. Profundización nos distintos temas baseada na participación activa d@s estudiantes. |
Solución de problemas |
Aplicación práctica, tanto numérica como conceptual, dos coñecementos teóricos. |
Presentación oral |
Exposición verbal dun traballo preparado en grupo sobre as prácticas de laboratorio, proposto pol@ profesor/a. Na actividade se inclúe un debate posterior sobre o tema obxecto da presentación.
|
Prácticas a través de TIC |
Está orientada o aprendizaxe efectivo do alumnado a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. |
Simulación |
Utilización de programas informáticos, no aula de informática, para reproducir diversos tipos de espectros, o que tra-la correspondente análise crítica debe de servir como experiencia de aprendizaxe. Actividade para ser realizada en grupos reducidos. |
Lecturas |
Conxunto de textos que se empregarán como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Proba de resposta múltiple |
O longo do curso realizaranse, empregando a plataforma de teleformación MOODLE, unha serie de probas para avaliar o aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. |
Proba mixta |
Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test, de resposta breve, tipo ensaio. Con este último tipo se busca que se resposte por escrito a preguntas de certa amplitude, valorando que se proporcione a resposta esperada, o que permite avaliar coñecementos, capacidade de razoamento, e espírito crítico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
Presentación oral |
Solución de problemas |
Simulación |
|
Descrición |
Con elo trátase de orienta-l@ estudiante, en primeiro lugar, na análise crítica dos resultados obtidos no laboratorio e nos exercicios de simulación; por outra banda, na mellora da súa presentación oral, e, finalmente, na busca da mellora estratexia persoalizada de aborda-la solución de problemas.
O momento da súa utilización será fixada directamente pol@s docentes e @s estudantes según xurda a necesidade de utilización. En principio levaránse a cabo nos despachos d@s docentes. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
Examen final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%) na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas numéricos.
|
40 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C6 |
A avaliación inclue:
* Aspectos operacionais (desenvolvemento no laboratorio e confección da correspondente libreta) (5%)
* Informe final das prácticas de laboratorio (o que inclúe a análise crítica dos resultados) (10%)
|
15 |
Seminario |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C6 C7 C8 |
Preparación actividades dos seminarios.
Asistencia e participación activa nos seminarios.
|
10 |
Presentación oral |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
Calidade da información contida na presentación.
Habilidades amosadas na presentación.
Capacidade para defende-lo traballo presentado.
|
10 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A16 A27 B5 B7 C3 C6 |
Utilización de TIC nas actividades propostas on-line, a realizar nos prazos sinalados.
|
5 |
Simulación |
A24 A21 A20 A16 A15 A14 A12 A9 A8 A7 A1 A27 B1 B2 B3 C3 C6 |
Análise crítico dos resultados obtidos nas simulacións, a realizar nos prazos sinalados.
|
10 |
Proba de resposta múltiple |
A24 A21 A20 A16 A15 A14 A12 A9 A8 A1 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C7 C8 |
Conxunto de probas ON-LINE, a realizar nos prazos sinalados.
|
10 |
|
Observacións avaliación |
Globalmente trátase de avaliar a adquisición dos coñecementos, a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade d@ estudante. A asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio e obrigatoria. Alternativamente pode optarse por un exame práctico relativo as prácticas de laboratorio de 4 horas de duración. Primeira oportunidade: para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación é preciso obter unha cualificación mínima de catro con cinco (4.5) sobre dez (10) en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio. Segunda oportunidade: repetición da proba mixta e das actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non se acadou o aprobado (non se inclúe o relativo os seminarios). Igual que na primeira oportunidade é preciso obter unha cualificación mínima de catro con cinco (4.5) sobre dez (10), nas dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio, para considerar as outras actividades suxeitas a avaliación, e así establecer a cualificación final. É importante ter presente que en ambas oportunidades para que se teñan en conta as cualificacións do resto de actividades suxeitas a avaliación é preciso obte-la calificación mínima de 4 en cada tipo. De non alcanzarse dita puntuación mínima nalguna delas, e no caso de que la media ponderada sexa superior o igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como suspensa coa cualificación de 4.5 sobre 10. No caso de cualificacións inferiores a 4 nas actividades avaliables distintas da proba mixta, ou 4.5 nas prácticas de laboratorio, oportunamente establecerase a data e o procedemento para reenviar/entregar as devanditas actividades. Debe quedar claramente establecido que a obtención de unha cualificación superior a 4.5 sobre 10, en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio, non implica o aprobado automático na asignatura. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes anteriormente establecidas. No caso de que haxa varios estudantes, coa mesma cualificación, que poidan optar á matrícula de honra, se lles convocará a unha proba escrita sempre e cando o número de matrículas sexa inferior o de estudantes na devandita situación. Compre sinalar que @s estudantes avaliados na segunda oportunidade poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 50 % das actividades avaliables programadas. Finalmente, polo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volta a comenzar de cero co novo curso. Caso de empregarse esta asignatura como complemento de formación para estudos de doutoramento, a cualificación será "apto" ou "non apto".
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Atkins, Peter W. (2014). Atkins' Physical Chemistry. Oxford : Oxford University Press
(). https://moodle.udc.es/.
Luis Carballeira Ocaña & Ignacio Pérez Juste (2008). Problemas de Espectroscopía Molecular . Oleiros : Netbiblo
Atkins, Peter W. (2008). Química física. Buenos Aires : Médica Panamericana |
Además das fontes indicadas neste apartado, e no seguinte, poderán suxerirse na plataforma de teleformación MOODLE, outras que ó longo do curso se consideren interesantes. |
Bibliografía complementaria
|
B. Metin (2005 ). Basic ¹H-and ¹³C-NMR spectroscopy . Elsevier
A. M. Ellis (2005). Electronic and photoelectron spectroscopy fundamentals and case studies. Cambridge University Press
Alberto Requena Rodríguez & José Zúñiga Román (2004). Espectroscopia . Pearson Educación, S.A.
Víctor Luaña, V. M. García Fernández, E. Francisco & J. M. Recio (2002). Espectroscopía molecular. Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones
Andrew Gilbert & Jim Baggott (1991). Essentials of molecular photochemistry. Oxford ; Boston : Blackwell Scientific Publications
I. N. Levine (2004). Fisicoquímica 5ª edición. McGraw-Hill
P. R. Griffiths (2007). Fourier transform infrared spectrometry. John Wiley & Sons
C. Gell (2006). Handbook of single molecule fluorescence spectroscopy. Oxford University Press
Wikipedia - inglés (). http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia.
Wikipedia - Español (). http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia.
(). http://jersey.uoregon.edu/vlab/PlankRadiationFormula/index.html.
(). http://micro.magnet.fsu.edu/optics/timeline/people/jablonski.html.
(). http://nobelprize.org/nobel_prizes/.
(). http://ozonewatch.gsfc.nasa.gov/.
(). http://photobiology.info/.
Fotoquímica (inglés) (). http://web.mac.com/titoscaiano/Research_in_Scaianos_labs/teaching_movies.html.
(). http://www.ch.ic.ac.uk/local/symmetry/.
(). http://www.johnkyrk.com/photosynthesis.html.
(). http://www.nist.gov/.
(). http://www.pol-us.net/ASP_Home/index.html.
(). http://www.spectroscopynow.com/.
(). https://moodle.udc.es/.
G. Socrates (2005). Infrared and raman characteristic group frequencies tables and charts. John Wiley & Sons
(2005). International tables for crystallography. Dordrecht : Springer
(2005). International tables for crystallography brief teaching edition of volume A : space-group symmetry. Dordrecht : Springer
R. Jenkins (1996). Introduction to X-ray powder diffractometry. John Wiley & Sons
Helmet H. Telle, Angel Gonzalez Ureña, Robert J. Donovan (2007). Laser chemistry : spectroscopy, dynamics and applications. West Sussex : John Wiley & Sons
H. H. Telle (2007). Laser chemistry : spectroscopy, dynamics and applications. John Wiley & Sons
J. Michael Hollas (2004). Modern Spectroscopy. J. Wiley & Sons
Françoise Hippert et al. (2006). Neutron and x-ray spectroscopy. Dordrecht : Springer
T. N. Mitchell (2004). NMR--from spectra to structures: an experimental approach. Springer
Carol E. Wayne & Richard P. Wayne (1996). Photochemistry. Oxford Chemistry Primers, 39
J. R. Albani (2007). Principles and applications of fluorescence spectroscopy. Oxford : Blackwell
J. R. Lakowicz (2006). Principles of fluorescence spectroscopy. Springer
Ooi, Li-ling (2010). Principles of x-ray crystallography. Oxford University Press
Alberto Requena & José Zúñiga (2007). Química Física : problemas de espectroscopia : fundamentos, átomos y moléculas diatómicas. Madrid : Pearson Educación
D. C. Harris (1989). Symmetry and spectroscopy an introduction to vibrational and electronic spectroscopy. Dover
S. F. A. Kettle (2007). Symmetry and structure : readable group theory for chemists. John Wiley
J. Keeler (2010). Understanding NMR spectroscopy. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/610G01001 | Matemáticas 2/610G01002 | Física 1/610G01003 | Física 2/610G01004 | Bioloxía/610G01005 | Xeoloxía/610G01006 | Química 1/610G01007 | Química 2/610G01008 | Química 3/610G01009 | Química 4/610G01010 | Química Analítica 1/610G01011 | Química Física 1/610G01016 | Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Orgánica 1/610G01026 | Química, Información e Sociedade/610G01031 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Laboratorio de Química/610G01032 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Física 3/610G01018 | Experimentación en Química Física/610G01019 | Química Física Avanzada/610G01020 | Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
Observacións |
É moi recomendable que @ estudante repase con asiduidade os conceptos teóricos introducidos nas clases de teoría, así como que simultáneamente resolva as cuestións e exercicios que se lle irán propoñendo o longo do curso.
Desaconséllase estudiar ÚNICAMENTE polos apuntes de clase, que nunca deben sustituir as fontes de consulta recomendadas.
Pode resultar moi ÚTIL emprega-las horas de titoría para aclarar dúbidas e afondar nos coñecementos asociados á asignatura. |
|