Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir as habilidades prácticas necesarias para a cuantificación experimental das propiedades termodinámicas e electroquímicas dos sistemas químicos. |
A17 A18 A19 A22
|
B2 B3
|
C3
|
Adquirir destreza no tratamento das magnitudes medidas no laboratorio e destreza no manexo de programas informáticos para levar a cabo o tratamento de datos experimentais. |
A20 A21 A22
|
B2 B3
|
|
Adquirir destreza práctica na aplicación das técnicas instrumentais máis comúnmente empregadas en Química para o estudo de sistemas de interese físico-químico. |
A19 A22
|
B2 B3
|
|
Analizar e interpretar o resultado dun experimento químico a partir dos conceptos teóricos fundamentais da Química Física. |
A5 A14 A20 A21 A22
|
B2 B3
|
|
Redactar un informe exhaustivo do traballo experimental empregando con corrección a linguaxe científica. |
A1 A16 A20
|
B3 B4
|
C1 C3
|
Aprender a buscar, utilizar e citar a información bibliográfica necesaria. |
A16
|
B4 B5
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas de Termodinámica Química que non requiren técnicas instrumentais. |
1. Volúmes molais parciais dunha mistura binaria.
2. Masas moleculares por medidas de crioscopia.
3. Actividade dun electrolito por medidas de crioscopía.
4. Masas moleculares a partir de destilación de pares de líquidos inmiscibeis.
5. Diagrama de fases dun sistema ternario.
6. Determinación da constante de equilibrio.
7. Determinación do calor de disolución do ácido benzoico por medidas de solubilidade.
8. Coeficiente de reparto. Aplicación ao cálculo dunha constante de equilibrio.
9. Determinación da solubilidade dun composto poco soluble en diferentes medios salinos. Efecto do ion común e efecto salino.
10. Equilibrio químico. Determinación de DG0, DH0 y DS0.
11. Diagrama de fases sólido-líquido de un sistema binario. |
Prácticas de Termodinámica Química que incorporan técnicas instrumentais. |
12. Determinación do diagrama de fases líquido-vapor dun sistema binario.
13. Determinación espectrofotométrica da constante de equilibrio dun indicador.
14. Caracterización dun composto de coordinación por medidas espectrofotométricas.
15. Determinación potenciométrica do producto de disociación da auga mediante o método de Gran.
16. Isotermas de adsorción de colorantes. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
A5 |
4 |
6 |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A17 A18 A19 A22 C1 |
56 |
42 |
98 |
Traballos tutelados |
A1 A14 A16 A20 B3 B4 B5 C1 C3 |
0 |
39 |
39 |
Proba mixta |
A1 A5 A14 A20 A21 B2 B3 C3 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
Propóñense as prácticas a realizar, relacionándoas cos contidos teóricos da materia de Química Física 3. Propóñense distintas metodoloxías experimentais e discutese un procedemento experimental concreto. |
Prácticas de laboratorio |
Asignase a cada alumno un determinado número de prácticas, das cales, unha parte se desenvolven en grupos reducidos e outra parte lévase a cabo de forma individual. |
Traballos tutelados |
- O alumno debe analizar os datos experimentais obtidos no laboratorio coa axuda de programas informáticos.
- Cada alumno ten que elaborar o seu propio informe de prácticas que conteña os fundamentos teóricos, os resultados experimentais e a resposta a unha serie de cuestións sobre cada unha das prácticas. Este informe deberáse redactar seguindo as pautas dun informe científico. |
Proba mixta |
Avaliación dos contidos traballados na asignatura, que se realizará unha vez finalizado o periodo de prácticas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Resolver de forma individualizada posibles dúbidas do alumno e orientalo en relación cos contidos do curso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A17 A18 A19 A22 C1 |
Avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e conecementos adquiridos.
As respostas ás cuestións plantexadas durante a realización da práctica e a obtención e elaboración dos datos experimentais, conxuntamente co informe de prácticas, constituirán o 50% da nota final. |
50 |
Proba mixta |
A1 A5 A14 A20 A21 B2 B3 C3 |
Proba escrita para avaliar os contidos traballados na asignatura.
Realízase unha vez finalizado o periodo de prácticas. Constitúe o 50% da nota final.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 na proba escrita.
|
50 |
Traballos tutelados |
A1 A14 A16 A20 B3 B4 B5 C1 C3 |
Informe das prácticas realizadas que ten que conter os fundamentos teóricos, a análise dos resultados experimentais e a resposta a unha serie de cuestións plantexadas. Informe que debe redactarse seguindo as pautas dun informe científico.
O informe das prácticas conxuntamente coa avaliación continua do traballo no laboratorio constituen o 50% da nota final. |
0 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia a todos os seminarios e prácticas é indispensable para que o alumno poida superar a asignatura. Na primeira oportunidade, a avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e coñecementos adquiridos, as respostas ás cuestións durante a realización e a elaboración dos datos experimentais, xunto co informe de prácticas constituirán o 50% da nota final. Unha prueba escrita constituirá o outro 50%. A asignatura considerarase aprobada cando a media das notas
obtidas nas distintas actividades suxeitas a avaliación alcance un valor mínimo de 5 puntos,
sobre un máximo de 10 puntos. Para poder superar a asignatura é necesario obter unha cualificación mínima de 3,5 puntos sobre 10 na proba escrita. De non
alcanzarse dita puntuación mínima, a asignatura figurará como suspensa (4.5) no caso de que a media resultante sexa igual ou superior a 5 (sobre 10). A cualificación final do alumno poderá verse modificada ao alza ata un máximo de 1 punto pola avaliación da evolución global da progresión do alumno. A cualificación de non presentado só a terán aqueles alumnos que non realicen ningunha sesión de prácticas no laboratorio. Os alumnos que sexan avaliados na chamada “segunda oportunidade” só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na “primeira oportunidade” En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles
poderase realizar un exame adicional para decidir a asignación das mesmas. Na segunda oportunidade, os alumnos que teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar un examen na aula que suporá o 100% da cualificación. Os alumnos que non teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar un exame práctico no laboratorio. A proba mixta de cada oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ruix Sánchez, J.J.; Rodríguez Mellado, J.M.; Muñoz Gutiérrez, E., Sevilla Suárez de Urbina, J.M. (2003). Curso experimental en Química Física. Síntesis
Denbigh, K. (1985). Equilibrio Químico . Madrid. AC
Matthews, G.P (1985). Experimental Physical Chemistry. Boston. Oxford Science Pub
Shoemaker, D.P.; Garland, G.W.; Nibler, J.W. (2009). Experiments in Physical Chemistry 8ª ed.. McGraw-Hill
Levine, I.N. (2004). Fisicoquímica . McGraw-Hill
Sime, R.J (1990). Physical Chemistry: Methods, techniques, experiments.. Philadelphia. Saunders College Publishing |
- M. S. Robinson F. L. Stoller, B. Horn, and W. Grabe "Teaching and Applying Chemistry-Specific Writing Skills Using a Simple, Adaptable Exercise" J. Chemical Education, 86, 45, (2009)
-D. C. Harris. "Nonlinear least-squares curve fitting with Microsoft Excel Solver" J. Chemical Education, 75, 119 (1998) |
Bibliografía complementaria
|
Sime, R.J. (2005). Physical chemistry calculations with Excel, Visual Basic, Visual Basic with applications, Mathcad, Mathmatica. San Francisco: Pearson |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química 4/610G01010 | Química Física 3/610G01018 | Laboratorio de Química/610G01032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Química Física 3/610G01018 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Física Avanzada/610G01020 |
|
|