Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A6 |
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade. |
A9 |
Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural. |
A10 |
Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Utilizar a terminoloxía en Química Orgánica incluíndo nomenclatura, convenios e unidades.
|
A1
|
B7
|
C1
|
Coñecer os principais tipos de reaccións orgánicas, os seus mecanismos e as suas
principais características e implicaciones estereoquímicas
|
A1 A4 A6 A9 A10 A14
|
B3
|
C1
|
Coñecer a estructura, propiedades e reactividade química dos productos orgánicos |
A1 A4 A6 A9 A14
|
B3 B4 B7
|
C1
|
Coñecer os principais métodos de preparación dos compostos orgánicos e a sua aplicación na resolución de problemas sintéticos |
A1 A4 A6 A9 A14 A15 A21
|
B2 B3 B4
|
C1
|
Levar a cabo operacións estándar de laboratorio para a preparación, separación e purificación de compostos orgánicos, manexando de forma segura materiais, reactivos e residuos |
A1 A17 A19 A20 A21 A23 A26
|
B2 B3 B4 B7
|
C1
|
Aplicar as técnicas espectroscópicas y espectrométricas na determinación da estrutura dos compostos orgánicos |
A1 A9 A15
|
B2 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Alquenos e alquinos. |
Alquenos: nomenclatura, estrutura e propiedades. Hidroxenación catalítica. Reaccións de adición electrófila. Adición de haluros de hidróxeno, halogenos, auga, oximercuriación, formación de halohidrinas, hidroboración. Epoxidación e hidroxilación de alquenos. Ruptura oxidativa de alquenos. Halogenación radicalaria. Polimerización.
Alquinos: nomenclatura, estrutura e propiedades. Preparación mediante acetiluros e por reaccións de eliminación. Reaccións de adición electrófila e de redución.
|
Tema 2. Sistemas conxugados. |
Sistemas alílicos: formas resonantes, estrutura electrónica e reaccións de halogenación radicalaria e substitución nucleófila. Dienos: estrutura orbitálica, reaccións de adición electrófila e reacción de Diels-Alder. |
Tema 3. Benceno e aromaticidad |
Compostos aromáticos: nomenclatura, propiedades e estrutura electrónica: regra de Hückel. Reaccións de substitución electrófila aromática (SEAr) sobre o benceno: halogenación, nitración, sulfonación, reaccións de Friedel-Crafts. Orientación na SEAr sobre derivados do benceno. Redución de compostos aromáticos. Reaccións de substitución nucleófila aromática sobre haluros de arilo. |
Tema 4. Aldehídos e cetonas. |
Nomenclatura, estrutura e propiedades físicas. Reaccións de adición nucleófila ao grupo carbonilo: hidratación, formación de hemiacetales, acetales, tiocetales, iminas, enaminas e cianhidrinas. Adición de reactivos organometálicos. Reacción de Wittig. Redución de compostos carbonílicos. Oxidación de aldehídos e cetonas.
|
Tema 5. Ácidos carboxílicos. |
Nomenclatura, estrutura e propiedades. Reaccións de substitución nucleófila (mediante adición nucleófila ao carbonilo seguida de eliminación). Formación de ésteres, haluros de acilo, amidas e anhídridos carboxílicos. Reacción dos ácidos cos reactivos organometálicos. Redución de ácidos carboxílicos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 |
20 |
20 |
40 |
Sesión maxistral |
A1 A4 A6 A9 A10 A14 |
17 |
34 |
51 |
Seminario |
A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B7 |
7 |
14 |
21 |
Obradoiro |
A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 |
8 |
24 |
32 |
Proba mixta |
A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B3 B2 C1 |
4 |
1 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
O alumno realizará no laboratorio procedementos experimentais relacionados cos contidos teóricos das materias Química Orgánica 1 e Química Orgánica 2, que lle permitiran adquirir destrezas nas técnicas de preparación, separación, purificación e determinación estrutural dos produtos orgánicos. Durante as prácticas o alumno deberá elaborar un informe de laboratorio, onde recollerá os cálculos estequiométricos, os procedementos de reacción e de elaboración, a interpretación dos datos espectrales e as respostas ás cuestións expostas nos guións. |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Os guións dos contidos e/ou as presentacións atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento das leccións. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deberán preparar as leccións de maneira previa á súa impartición. Incentivarase a participación dos alumnos, coa intención de que se formulen preguntas ou e-mails ao profesor antes ou despois da lección. |
Seminario |
Nas sesións de seminario tanto os alumnos como o profesor participarán activamente na análise e a resolución dos problemas. Os boletíns de problemas a resolver atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento dos seminarios. Os alumnos deberán traballar nos problemas de de maneira previa ao desenvolvemento dos seminarios. |
Obradoiro |
Os talleres constitúen sesións de traballo organizadas en grupos reducidos. Nestas sesións os alumnos exporán oralmente (con apoio gráfico na lousa ou mediante unha presentación) determinados problemas dos boletíns, sobre os que deberán prepar previamente unha solución escrita, que deberá entregarse ao profesor ao comezo das sesións. |
Proba mixta |
Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro) onde os alumnos deberán resolver cuestións e problemas sobre os contidos da materia, que serán análogos aos expostos durante as sesións presenciais (seminarios, obradoiros e prácticas de laboratorio) |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Obradoiro |
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
O alumno contará coa axuda do profesor para a resolución das dúbidas que se lle expoñan durante o estudo dos contidos e na elaboración do informe de laboratorio e as solucións escritas aos problemas dos obradoiros.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 |
Avaliarase a asistencia, a participación e a calidade das exposicións orais e as solucións escritas dos problemas encomendados. Prestarase especial atención ao emprego da nomenclatura adecuada para os grupos funcionais dos compostos e os procesos de reacción, asi como a claridade e concreción das explicacións e respostas ás cuestións. |
15 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 |
A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valorarase a actitude, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio.
|
15 |
Proba mixta |
A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B3 B2 C1 |
Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia a todas as actividades avaliables é necesaria para superar a materia. Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota igual ou superior ao 4 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, para os alumnos cunha nota media igual ou superior a 5 que non alcanzasen a cualificación de 4 na proba mixta, a materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. Os alumnos que participen nun número de actividades avaliables non superior ao 15% obterán a cualificación de Non Presentado. No que respecta á segunda oportunidade de avaliación, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba mixta de xuño. A cualificación correspondente ás prácticas de laboratorio e obradoiros poderase conservar na oportunidade de xullo ou, de maneira alternativa, como parte final da proba de xullo, os alumnos poderán realizar un exercicio avaliable, con actividades análogas ás desenvolvidas en los obradoiros durante o curso. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeiro oportunidade. Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química 3/610G01009 | Química 4/610G01010 | Química Orgánica 1/610G01026 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Laboratorio de Química/610G01032 |
|
Materias que continúan o temario |
Ampliación de Química Orgánica/610G01028 | Experimentación en Química Orgánica/610G01029 |
|
Observacións |
Os contidos e as competencias a adquirir nas prácticas de laboratorio das materias Química Orgánica 2 e Laboratorio de Química atópanse estreitamente relacionadas, polo que se recomenda encarecidamente aos alumnos que deben cursalas de maneira simultánea. |
|