Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A2 |
Identificar organismos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A9 |
Identificar e utilizar bioindicadores. |
A13 |
Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus. |
A14 |
Desenvolver e aplicar produtos e procesos de microorganismos. |
A15 |
Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos. |
A26 |
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B10 |
Exercer a crítica científica. |
B11 |
Debater en público. |
B12 |
Adaptarse a novas situacións. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o papel dos microorganismos nos ambientes naturais |
A1 A2 A4 A13
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
|
Aplicar as capacidades metabólicas dos microorganismos na solución de problemas ambientais |
A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCCIÓN Á MATERIA |
-Microbioloxía Ambiental: desenvolvemento histórico
|
COMPORTAMENTO MICROBIANO |
-Comportamento celular e ambiente
-Comportamento cooperativo microbiano |
METABOLISMO MICROBIANO E CICLOS BIOXEOQUÍMICOS |
-Actividade microbiana no ciclo do carbono
-Actividade microbiana nos ciclos do nitróxeno e o xofre
-Conversións microbianas de outros elementos |
INTERACCIÓNS CON MICROORGANISMOS |
-Interaccións microorganismo-planta
-Interaccións non patóxenas microorganismo-animal |
BIODEGRADACIÓN, RECICLAXE E BIOTECNOLOXÍA AMBIENTAL |
-Extremófilos
-Biodeterioro microbiano
-Depuración, tratamento e control das augas
-Tratamento de residuos sólidos urbáns
-Biorremediación
-Control microbiolóxico de pragas |
PRÁCTICAS |
-Mostreo e detección de microorganismos nos ambientes naturais
-Determinación da actividade microbiana nos ambientes naturais
-Estudo do comportamento microbiano: detección do quórum e das biopelículas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 |
24 |
48 |
72 |
Seminario |
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 |
8 |
32 |
40 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31 B4 B5 B7 |
15 |
9 |
24 |
Presentación oral |
B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 |
2 |
3 |
5 |
Proba mixta |
A1 B6 B7 B8 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición polo profesor das bases teóricas da materia |
Seminario |
Realización de seminarios que poderán ser tanto teóricos como prácticos, todos eles relacionados cos contidos da materia |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas no laboratorio son de obrigada asistencia. Nelas abordaranse, dende un punto de vista experimental, algún aspectos tratados nas sesions maxistrais e nos seminarios |
Presentación oral |
Cada un dos alumnos elaborará e realizará ao menos una presentación oral (10-15 minutos) dun traballo científico relacionado co temario da materia. Dita presentación determinarase ao longo dos seminarios da materia. |
Proba mixta |
Proba escrita na que se poñerá en valor o grao de coñecemento e de comprensión que alcanzou o alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
Presentación oral |
|
Descrición |
Atenderanse as necesidades e as consultas do alumno relativas á materia ao longo de todo o período lectivo, dándolle a orientación e o apoio que fosen necesarios, tanto de forma presencial como non presencial.
Dentro da atención personalizada pódense incluir as titorías personalizadas que solicite o alumno para a preparación dos exames, como a posterior revisión dos mesmos, a preparación dos traballos de seminario e a presentación oral prevista na materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 B6 B7 B8 |
Proba escrita sobre os coñecementos adquiridos nas sesión maxistrais. |
60 |
Sesión maxistral |
A1 |
Avalíase pola proba mixta |
0 |
Seminario |
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 |
O alumno elaborará de xeito obrigatorio, unha crítica razoada dun traballo de investigación, ben orixinal (levado a cabo nas sesións de seminarios) ou xa publicado. Valorarase a capacidade crítica e de síntese. |
15 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31 B4 B5 B7 |
O alumno está obrigado a facer as prácticas no laboratorio nas datas indicadas para o curso. Ademais de unha evaluación continua do alumno, tamén se fará un exame tipo test para avaliar o grao de coñecemento alcanzado. |
15 |
Presentación oral |
B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 |
Ao remate dos seminarios e de xeito obrigatorio, o alumno presentará no aula un traballo científico baseado nalgún artigo xa publicado o en datos propios obtidos no laboratorio durante a realización das prácticas e/ou seminarios.
Valorarase a fluidez na lenguaxe científica na exposición oral e nas preguntas que se plantexen ao finalizar a exposición. |
10 |
|
Observacións avaliación |
É obrigatorio a asistencia as prácticas de laboratorio para poder ser avaliado, e tamén ter entregado e/ou presentado en tempo e forma aquelas tarefas establecidas como obrigatorias xa arriba indicadas.
Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de seminarios, prácticas e presentación oral, o alumno terá que ter superado a proba mixta, correspondente á teoría da materia.
No caso de non superar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberán ser superadas cada unha das partes non aprobadas.
Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO non deberá terse presentado á proba mixta.
Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primera opción, non se otorgará ningunha na segunda oportunidade, aínda cando se alcance a máxima puntuación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Castillo y colaboradores (2005). Biotecnología ambiental. Editorial Tébar
Marín, Sanz y Amils (2005). Biotecnología y medioambiente. Editorial Ephemera
Madigan, Martinko, Dunlap y Clark (2009). Brock Biología de los microorganismos. Pearson Educación
Atlas y Bartha (2002). Ecología microbiana y Microbiología ambiental. Pearson Educación S.A.
Willey, Sherwood y Woolverton (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed.. McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/MicrobeWiki (). .
http://microbiologyplace.com (). .
Winans y Bassler (2008). Chemical Communication among Bacteria. ASM Press
Maier, Pepper y Gerba (2009). Environmental Microbiology 2nd ed. Academic Press |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bioquímica: Bioquímica I/610G02011 | Bioquímica: Bioquímica II/610G02012 | Microbioloxía/610G02015 | Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016 | Técnicas en Microbioloxía/610G02017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|