Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender algunhas técnicas sinxelas de inferencia sobre os parámetros do modelo de regresión lineal normal clásico. |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A12 A13
|
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Saber valorar a utilidade dun modelo econométrico para predicir. |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A12 A13
|
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e comprender as técnicas adecuadas para a estimación e contraste no modelo de regresión lineal xeneralizado. |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A12 A13
|
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Utilizar ferramentas informáticas adecuadas para a aplicación das competencias anteriores. |
A7 A10 A12
|
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1) O modelo de regresión lineal normal clásico (MRLNC).
|
1.1 Normalidade das perturbacións.
1.2 Distribución muestral dos estimadores.
1.3 Distribución muestral da suma de cadrados de erros.
1.4 Estatísticos de interese para a estimación de parámetros e o contraste de hipótese. |
2) Inferencia no modelo de regresión lineal normal clásico.
|
2.1 Estimación por mínimos cadrados restrinxidos (MCR).
2.2 Contrastación de hipótese sobre os parámetros do modelo.
2.3 Estimación por intervalo dos parámetros do modelo.
2.4 Estimación máximo-verosímil (MV).
|
3) Predición no modelo de regresión lineal clásico.
|
3.1 A predición: concepto e clases.
3.2 Predición óptima no modelo clásico.
3.3 Medidas evaluadoras da capacidade predictiva dun modelo.
3.4 Análise da estabilidade post muestral.
|
4) Multicolinealidad. |
4.1 Concepto e causas.
4.2 Consecuencias.
4.3 Identificación do problema.
4.4 A selección de regresores.
|
5) O modelo de regresión lineal xeneralizado.
|
5.1 Hipótese do modelo.
5.2 Os estimadores mínimo cuadrático xeneralizados.
5.3 Heterocedasticidad: causas, contrastes, estimación e predición.
5.4 Autocorrelación: causas, contrastes, estimación e predición.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
|
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
|
17 |
34 |
51 |
Obradoiro |
|
15 |
30 |
45 |
Proba mixta |
|
2 |
9 |
11 |
Prácticas a través de TIC |
|
7 |
28 |
35 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
O curso comezará cunha sesión expositiva na que se presentará a materia, exporanse con detalle o traballo a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación e, repasaranse os conceptos básicos da materia de Introdución á Econometría anteriormente cursada.
|
Sesión maxistral |
Docencia expositiva consistente en leccións impartidas polos profesores, nas que se desenvolverá o contido teórico do programa mediante exposición oral complementada por medios audiovisuais.
|
Obradoiro |
Docencia interactiva dedicada á solución de exercicios nos que se aplican os conceptos teóricos.
|
Proba mixta |
Permite preguntas de desenvolvemento e preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación de completar e/ou de asociar. |
Prácticas a través de TIC |
Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Prácticas a través de TIC |
Proba mixta |
|
Descrición |
- Resolución das dúbidas específicas de cada alumno que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características de cada alumno.
- Sesións para preparar as probas obxectivas.
- Tratamento de todas as cuestións relacionadas co traballo que os alumnos haxan de realizar como parte do proceso de aprendizaxe.
- Formaranse dous subgrupos de 15 alumnos. Cada un deles terá unha tutoría de 4 horas de duración, repartidas en dúas sesións de 2 horas cada unha. Avisarase en clase, con antelación, sobre o lugar e a data en que se van a celebrar.
- A atención prestarase nas horas de clase previstas para esta actividade e en horario de tutorías.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
|
Trátase da avaliación continua. Os alumnos deberán ter presenza activa nestas clases, e deberán resolver e entregar os exercicios e cuestións que lles sexan propostos e, na forma que lles será indicada. |
30 |
Proba mixta |
|
Trátase do exame final. Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico. |
70 |
|
Observacións avaliación |
1) A cualificación de cada alumno obterase combinando os resultados da avaliación continua ao longo do período lectivo e a nota que obteña na proba mixta. A avaliación continua pondera un 30% da cualificación (máximo 3.0 puntos), e a proba mixta o restante 70% (máximo 7.0 puntos). 2) A proba mixta considérase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo de 2.5 puntos para superar a materia. O alumno que non alcance esta puntuación mínima, será cualificado cun máximo de 4 puntos. 3) En ningún caso a parte da nota correspondente á avaliación continua poderase obter no exame final. En calquera circunstancia, devandito exame suporá como máximo 7.0 puntos. 4) Segundo o Acordo marco para a elaboración das guías docentes do Centro: 4.1 "A cualificación de Non Presentado se reserva exclusivamente ás persoas que só participasen en actividades que, en conxunto, supoñan menos do 20% da nota final". Por tanto, todos os alumnos que se presenten a actividades que supoñan un mínimo do 20% da nota final, calquera que sexa a puntuación obtida nas mesmas, terán unha cualificación numérica na materia. 4.2. "Está prohibido o acceso á aula de exame con calquera dispositivo que permita o almacenamento de información ou a comunicación co exterior". Os alumnos que os traian, deberán apagalos e depositalos á entrada da aula antes do comezo da proba; os profesores non se fan responsables da súa perda ou extravío.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis Econométrico con EViews. Ra-ma
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Arranz, M., Lodeiro, M. y Ramil, M. (2004). Introducción a la Econometría. Notas, ejercicios y aplicaciones. ISBN 84-688-6035-2
Ramil, M., Rey, C., Lodeiro, M. y Arranz, M. (2012). Introducción a la Econometría. Teoría y práctica. Noroeste S.L. ISBN 13:978-84-92794-64-5
Arranz, M. (2014). Material para el desarrollo de las clases. Moodle |
|
Bibliografía complementaria
|
Gujarati, D. y Porter, D. (2011). Econometría. McGraw-Hill
Matilla, M.; Pérez, P.; Sanz, B. (2013). Econometría y Predicción . McGraw-Hill
Maddala, G.S. (1996). Introducción a la Econometría. Prentice Hall
Wooldridge, J. (2005). Introducción a la Econometría. Un enfoque moderno. Thomson |
É posible que se utilicen outros libros de texto, fontes de datos e material dispoñible na rede. Irase detallando durante o curso. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Estatística I/611G01006 | Matemáticas I/611G01009 | Matemáticas II/611G01010 | Microeconomía e Mercados/611G01012 | Estatística II/611G01014 | Macroeconomía/611G01017 | Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia é a continuación de Introdución á Econometría. Como consecuencia, é moi importante que os alumnos estean familiarizados co contido da devandita materia. |
|