Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Estatística I Código 611G02006
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
c.sanchez@udc.es
Profesorado
Garcia-Carro Peña, Beatriz
Mourelle Espasandin, Estefania
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
beatriz.garcia-carro@udc.es
estefania.mourelle@udc.es
c.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Na primeira parte da materia deberase coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Estatística Descritiva, Series Temporais e Números Indices.
Na segunda parte, o obxectivo é coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Análise de Datos e de Estatística Descritiva A4
A10
A11
A12
B1
B2
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender o manexo das técnicas básicas da Análise de Datos e de Estatística Descripitiva A4
A6
A7
A8
A10
B6
B10
C1
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades A4
B3
B4
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Manexar os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades A4
B5
B7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Estatística Descritiva


Análise descritiva unidimensional
Análise descritiva bidimensional y n-dimensional
Regresión y correlación


Series temporais Series temporais
Números índices Números índices
Cálculo de probabilidades Introducción ao cálculo de probabilidades
Variable aleatoria
Principais distribucións dunha variable aleatoria
Converxencia e teorema central do límite

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 B1 B2 B3 B4 17 34 51
Obradoiro A4 A6 A11 B5 B6 15 30 45
Prácticas a través de TIC A8 C4 3 6 9
Proba mixta A4 A6 B7 4 8 12
Aprendizaxe colaborativa A12 B10 C1 4 8 12
Proba de ensaio C1 C6 C7 3 6 9
Seminario A11 4 0 4
Proba oral A10 C5 C6 C7 C8 2 4 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Lección impartida polo profesor que pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Ademais pode introducir algunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
O obxectivo é introducir ao alumno nos conceptos da materia, transmitíndose así a base do coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe.
Obradoiro Nestas clases o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesor: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposicións e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentacións, exposicións, debates e comentarios de traballos, aclaracións de dúbidas sobre a teoría, etc.
Con todo, tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación, ou en todo caso como simple comentario da sesión maxistral.
Prácticas a través de TIC Nestas clases o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e a supervisión do profesor. Trabállase co apoio do computador e resérvanse para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos necesita da ferramenta informática. Ademais introducirase aos alumnos no traballo da estatística con medios informáticos.
Proba mixta Proba escrita utilizada para avaliar a aprendizaxe. Nesta proba pódense combinar diferentes formatos de preguntas como exercicios, cuestións, test, etc. O obxectivo final reside en que o alumno desenvolva a súa capacidade de razoamento e o profesor conte cun instrumento de avaliación dos coñecementos, destrezas, rendemento e habilidades do estudante.
Realizaranse dúas probas mixtas: a primeira comprende os temas de Estatística Descritiva, Series temporais e Números Indices; a segunda corresponde aos temas de Cálculo de Probabilidades.
Aprendizaxe colaborativa Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, da resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como o dos restantes membros do grupo.
Antes da entrega do traballo en grupo, dedicaranse varias clases a que os alumnos expoñan as súas dúbidas e/ou as dificultades coas que se atoparon na realización dos mesmos. Desta forma créase un debate entre os alumnos, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espírito crítico.
Proba de ensaio Proba na que se responde por escrito a preguntas de certa amplitude. Nesta proba pódese combinar a realización de exercicios dos distintos temas, con preguntas breves e/ou cuestiones tipo test.
Permite medir os coñecementos que vai adquirindo o alumno e, desta maneira, analizar a súa evolución na materia.
Seminario Técnica de traballo en grupo. En cada grupo formaranse dous subgrupos de alumnos. Fixaranse tutorías cunha duración total de 4 horas por alumno repartidas en varias sesións. Poderanse utilizar para o desenvolvemento das prácticas a través de TIC, atender dúbidas sobre a solución de problemas ou sobre a preparación do exame. Avisarase en clase con suficiente antelación sobre o lugar e horas en que se van á celebrar.
Proba oral Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas, valorando especialmente a capacidade de razoamento. Permite medir diferentes habilidades do estudante. Nesta proba pódese incluír tamén a realización e exposición de exercicios prácticos (tipo I e tipo II). A exposición será individual, pero a súa realización e evolución poderán combinar casos individuais e/ou casos en grupo.
Exercicios tipo I: exercicios individuais que os alumnos realizarán durante as diferentes clases a proposta do profesor.
Exercicios tipo II: exercicios en grupo baseados en boletíns proporcionados polos profesores; aínda que non teñen porqué ser idénticos, serán do mesmo estilo.
Neste apartado avaliarase a participación do alumno na clase. Será criterio do profesor a elección do tipo de proba ou probas a realizar.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado,
ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A6 B7
Co obxectivo de motivar ao traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor realizará unha primeira proba mixta liberatoria (primeiro parcial) que comprende os temas de Estatística Descritiva, Series temporais e Números Indices e que suporá un 40% da cualificación.
A segunda proba mixta (segundo parcial) corresponde aos temas de Cálculo de Probabilidades, e realizarase na mesma data que o exame final; supón un 30% da cualificación total.
70
Proba oral A10 C5 C6 C7 C8 Con esta proba se evalua a participación en clase por parte do alumnado. A/s modalidade/s de proba oral estableceranse segundo criterio do profesor. Pódese avaliar a asistencia, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, a realización e exposición en clase de exercicios prácticos (xa sexan individuais e/ou en grupo) ou outro tipo de proba desenvolvida para ese efecto. 10
Aprendizaxe colaborativa A12 B10 C1 Constitúe a realización do traballo en grupo.
O traballo consiste na aprendizaxe do manexo dunha folla de cálculo para a aplicación das técnicas estatísticas desenvolvidas en clase. O traballo será avaliado na aula de informática. O profesor poderá considerar como parte do traballo a asistencia ás sesións formativas na aula de informática.
O traballo será realizado e avaliado segundo criterio do profesor.
10
Proba de ensaio C1 C6 C7 Desenvolverase na segunda parte da materia. Proba para responder por escrito a preguntas de certa amplitude. Pode incluír preguntas breves e/ou cuestiones tipo test.
10
 
Observacións avaliación

As probas e actividades de avaliación da materia realizaranse unicamente nas datas previstas, salvo causa excepcional, sometida a criterio do profesor.

As datas de realización da proba mixta liberatoria e da proba de ensaio anunciaranse na aula coa suficiente antelación. As probas mixtas (parciais) considéranse fundamentais para a avaliación, polo que será necesario obter un mínimo do 40% da nota en cada unha delas, é dicir unha cualificación de 4 puntos, para computar coas outras actividades que se avalíen.

Considerarase liberado o primeiro parcial a condición de que se obteña unha cualificación maior ou igual a 4 puntos. Se se libera o primeiro parcial, no exame final haberá que realizar unicamente o segundo parcial.

Os alumnos que non obtivesen a nota mínima nas probas mixtas (parciais) e, con todo, o cómputo global da avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4,5.

Aprobarase a materia cando se obteña cinco puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nos parciais.

Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou de xullo, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación ao profesor e autorización por parte deste.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste caso, é dun 70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua.
       


Fontes de información
Bibliografía básica Levine, D. M., Krehbiel, T. C. and Berenson, M. L. (2010 (5th ed.)). Business Statistics: A first course. Upper Saddle River, Pearson Education
Casas Sánchez, J. M. y otros (2006). Ejercicios de Estadística Descriptiva y probabilidad. Madrid, Pirámide
Montiel, A. M., Rius, F. y Barón, F. J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Madrid, Prentice Hall
Esteban García, J. y otros (2004). Estadística Descriptiva y nociones de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J. y Ruiz-Maya, L. (2006). Fundamentos de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J., Montero, J. M. y Ruiz-Maya, L. (2006). Problemas de Probabilidad. Madrid, Thomson
Newbold, P., Carlson, W. and Thorne, B. (2010). Statistics for business and economics, 7/E. Pearson/Prentice Hall
Levine, D. M. et al. (2011). Statistics for managers using MS Excel, 6/E. Prentice Hall

Os tres últimos libros servirán como referencia bibliográfica para o grupo de inglés (grupo A) desta materia.     

Bibliografía complementaria Uña Juárez, I., San Martín Moreno, J. y Tomeo Perucha, V. (2010). Cálculo de Probabilidades. Madrid, Garceta
García-Carro Peña, B., Sánchez Sellero, M. C. y Martínez Filgueira, X. M. (2003). Curso práctico de Probabilidad con aplicaciones económicas. Universidad da Coruña
Tomeo Perucha, V. y Uña Juárez, I. (2009). Estadística Descriptiva. Madrid, Garceta
Benítez Márquez, M.D. y otros (2012). Estadística Descriptiva. Madrid, McGraw-Hill
Cao Abad, R. y otros (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Madrid, Pirámide
Sánz, J. A., Bedate, A., Rivas, A. y González, J. (1996). Problemas de Estadística Descriptiva Empresarial. Madrid, Ariel


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/611G02009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/611G02010

Materias que continúan o temario
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014

Observacións

A principio do curso porase a disposición dos alumnos unhas normas complementarias e aclaratorias para todos os grupos (incluído o de inglés).

O grupo A de esta materia impartirase integramente en inglés. O material de traballo, neste idioma, figurará igualmente na plataforma virtual da materia. Os criterios de avaliación para este grupo serán iguais que os estipulados para os demais grupos.       



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías