Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Contabilidade Financeira I Código 611G02013
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Muiño Vazquez, Maria Flora
Correo electrónico
flora.muino@udc.es
Profesorado
Aguiar Maragoto, Fernando
Alvarez Dominguez, Maria America
Gomez Rodriguez, Maria Luz
Muiño Vazquez, Maria Flora
Rodríguez Sánchez, Carlos Enrique
Salvador Montiel, Maria Dolores
Correo electrónico
fernando.aguiar@udc.es
america.alvarez@udc.es
luz.gomez@udc.es
flora.muino@udc.es
carlos.rodriguez.sanchez@udc.es
maria.dolores.salvador@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumno nos conceptos básicos que guían o proceso de elaboración e comunicación da información contable.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros A2
A3
A4
A6
A7
A8
A9
B7
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A9
B7
C7
C8
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. A6
A9
A10
A11
B1
B2
B3
B5
B7
C5
C6
C7
C8
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. A12
B4
B6
B8
B10
C4
C6
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. A12
B2
B3
B4
C1
C4
C6
Ter un comportamento ético nos negocios. B10
C4

Contidos
Temas Subtemas
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade. PRIMEIRA PARTE
Tema 1: Introdución á contabilidade.
1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto de contabilidade.
1.3. Divisións da contabilidade.
Tema 2: A información financeira. 2.1. Usos e usuarios da información financeira.
2.2. Características básicas da información financeira.
2.3. Normativa para á elaboración da información financeira.
Tema 3: O balance de situación. 3.1. O patrimonio da empresa.
3.2. Principio de dualidade.
3.3. Elementos patrimoniais: activos, pasivos e neto.
Tema 4: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo. 4.1. Criterio do devengo.
4.2. Resultado do período: ingresos e gastos.
4.3. Fluxo de efectivo: cobros e pagos.
Tema 5: O método contable. 5.1. Transaccións económicas e feitos contables.
5.2. A conta.
5.3. Tecnicismos das contas.
Tema 6: Rexistros contables. 6.1. Anotacións no libro diario.
6.2. Traspaso do libro diario ao libro maior.
6.3. Balance de comprobación e estados financeiros.
Tema 7: O ciclo contable 7.1. Rexistro das operacións realizadas no período.
7.2. Axustes por aplicación do devengo.
7.3. Preparación de estados financeiros.
7.3. Peche de contas temporais.
Segunda parte: Introdución ao rexistro, presentación e interpretación de transaccións básicas. SEGUNDA PARTE
Tema 8: Transaccións de existencias comerciais. 8.1. Compras de existencias.
8.2. Vendas de existencias.
8.3. Custe de produtos vendidos e existencias finais.
8.4. Perdas de valor de existencias.
Tema 9: Valoración das saídas de existencias. 9.1. Seguimento individualizado.
9.2. Asuncións acerca do fluxo de custo: FIFO, LIFO, PMP.
9.3. Efecto da asunción do fluxo de custo sobre os estados financeiros.
Tema 10: Dereitos e obrigas derivados de operacións comerciais. 10.1. Compra-venda de existencias realizada a crédito.
10.2. Gastos e ingresos pendentes de pago/cobro.
10.3. Gastos e ingresos pagados/cobrados por anticipado.
10.4. Perdas de valor de dereitos derivados de operacións comerciais.
Tema 11: Inmobilizado. 11.1. Adquisicións de inmobilizado.
11.2. Perdas de valor de inmobilizado.
11.3. Vendas de inmobilizado.
Tema 12: Captación de recursos financeiros. 12.1. Achegas dos accionistas.
12.2. Préstamos e outras débedas.
12.3. Remuneración de accionistas e prestamistas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A7 B1 B2 C5 C6 C8 17 34 51
Discusión dirixida A8 A12 B2 B3 B4 B8 B10 C4 C5 C6 7 21 28
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B5 B6 B7 C1 C5 C6 C7 18 36 54
Proba de resposta múltiple A3 A8 A11 B2 1 2 3
Proba obxectiva A1 A3 A8 A11 B2 2 8 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición feita polo profesor dos conceptos básicos necesarios para que os alumnos poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Resolución de exercicios e casos prácticos en grupo, tanto na aula coma fora dela, con apoio do profesor.
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase una proba tipo test sen previo aviso.
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Discusión dirixida
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo (4 horas ao longo do cuadrimestre) destinaranse a discutir casos prácticos que pola súa complexidade ou variedade de solucións posibles requiren un maior grado de atención personalizada. Os grupos dividiranse en dous (15 alumnos aprox.) para as titorías en grupo. O profesor tratará de fixar as horas para as mesmas, se hai dispoñibilidade de aulas, na franxa horaria inmediatamente anterior ou posterior a aquela na que o grupo teña asignada a súa docencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A3 A8 A11 B2 Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Proba obxectiva A1 A3 A8 A11 B2 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 50
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B5 B6 B7 C1 C5 C6 C7 Valorarase, a través de pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumno para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao alumno pídeselle que:

a) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións indicadas polo profesor para a súa discusión na aula. Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía o alumno pode compensar con ata 1 punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e proba de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (5 puntos).

b) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ao  inicio dunha das dúas sesións de cada semana o profesor presentará aos alumnos un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo profesor. Estes exercicios recolleranse e de todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre.

En canto ao exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación da oportunidade de xullo. Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

Por último, no caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Reverte Maya, Carmelo (2014). Exercises of Financial Accounting. Ecobook
Phillips, F., Libby, R. y Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Muñoz Merchante, Ángel (2008). Fundamentos de Contabilidad. Ramón Areces
Larrán Jorge, Manuel (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill

Bibliografía complementaria Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad Financiera. Pearson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Contabilidade Financeira II/611G02018

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías