Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Planificación Financeira Código 611G02034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Calvo Silvosa, Anxo Ramon
Correo electrónico
anxo.calvo.silvosa@udc.es
Profesorado
Calvo Silvosa, Anxo Ramon
Fernandez Castro, Angel Santiago
Peón Pose, David Olegario
Correo electrónico
anxo.calvo.silvosa@udc.es
angel.fernandez.castro@udc.es
david.peon@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender a importancia da planificación xeral e financeira no proceso de xestión empresarial. A1
A4
A5
A6
A8
A11
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B10
C5
Profundar na lóxica da valoración financeira A3
A4
A5
A6
A8
A9
A11
B1
B5
B7
B9
C8
Aprender as bases da modelización no ámbito da planificación financeira, comprendendo as relacións existentes entre os conceptos e e os diferentes estados financeiros previsionais. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A9
A11
B3
B5
C5
C6
C7
C8
Ser capaz de elaborar, transmitir e defender un plan de empresa a partir dos modelos de planificación financeira e usando as ferramentas informáticas comúns no ámbito empresarial. A1
A5
A6
A10
B4
B6
B8
C1
C4
C5
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Creación de valor na empresa e Dirección Baseada no Valor. 1.1.O obxectivo da planificación financeira: a creación de Valor
1.2.A medida do valor: fluxos de caixa descontados e outras medidas.
1.3 Estratexia e creación de valor
1.4 O proceso de planificación financeira
TEMA 2. O Estado Previsional de Recursos Xerados 2.1.Información do Estado Previsional de Recursos Xerados
2.1.1 A orixe dos beneficios e resultados
2.1.2 Os usos do recursos xerados
2.1.2.1 O custo dos recursos financeiros empregados: xuros e dividendos
2.1.2.2 O Autofinanciamento
2.2 A estrutura do Estado Previsional de Recursos Xerados
TEMA 3. A planificación do Capital Corrente 3.1. Introdución
3.2. Políticas de Capital Corrente
3.2.1 existencias
3.2.2 Clientes
3.2.3 Tesouraría e activos líquidos
3.2.4 Financiamento a curto prazo.
3.3. As necesidades netas do capital corrente
3.3.1 O capital corrente real, necesario e diferencial
3.4. A estrutura básica do cadro de necesidades netas de capital corrente
TEMA 4. O Orzamento de Capital 4.1. Orzamento de capital: concepto, usos e estrutura
4.2. Orzamento de Investimentos
4.3. O Orzamento de Financiamento
4.4 Implicacións financeiras
TEMA 5. O Orzamento de Tesouraría 5.1. Introdución
5.2. Obxectivos, principios e funcións básicas da xestión da tesouraría
5.3. Estrutura
TEMA 6. Análise Global e Control do Plan Financeiro 6.1 Análise global
6.1.1 O Balance e as contas de resultados previsionais
6.1.2 Viabilidade, alisado e revisión.
6.1.3 Plan financeiro e creación de valor
6.2 Control do Plan Financeiro
6.2.1. Tipos de control
6.2.2. Análise das desviacións
6.2.3. Análise de sensibilidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 17 17 34
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 15 45 60
Proba mixta A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 2 0 2
Solución de problemas A1 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B8 C1 10 40 50
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais exporanse os contidos teóricos do temario da materia facendo especial fincapé naqueles asuntos de máis difícil comprensión. Empregaranse tecnoloxías como a presentación eléctrónica, a folla de cálculo...
Estudo de casos Proporase ao alumnado unha colección de casos para que sexan resoltos de maneira individual ou en grupo. Para a resolución deberán empregar como ferramento básica a folla de cálculo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.
Proba mixta Esta proba consistirá nun conxunto de cuestións de formato diferente sobre os aspectos teóricos, exercicios prácticos e casos vistos durante o desenvolvemento da materia.
Solución de problemas Proporase ao alumnado unha colección de problemas para facilitar a comprensión dos conceptos expostos nas sesións maxistrais. Poderán ser obxecto de traballo persoal ou en grupo fóra da aula ou tamén poderanse resolver nas horas dedicadas á docencia interactiva individualmente ou en grupo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada terá lugar durante o tempo de titorías individuais e en pequeno grupo. Atenderase de forma persoal ou en pequeno grupo -máximo de quince alumnos/as- a aqueles alumnos/as que precisen clarificar aspectos teóricos expostos durante as sesións maxistrais ou prácticos vinculados á resolución de problemas, ao estudo de casos prácticos ou ás lecturas recomendadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 O alumnos deberán formular un plan financeiro dunha empresa a partir dun caso práctico proposto polos docentes. Empregarán a folla de cálculo para a elaboración dos estados financeiros previsionais expostos nas sesións maxistrais.
25
Proba mixta A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 Os alumnos someteranse a unha proba mixta durante o período oficial de avaliación. Esta proba consisitrá nunha serie de cuestións de formatos diversos orientada a valorar en que medida foron adquirindo os resultados da avaliación que se pretenden nesta materia. 50
Solución de problemas A1 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B8 C1 Os docentes proporán unha colección de problemas para a súa resolución individual ou en grupo. 25
 
Observacións avaliación

As condicións de avaliación da Oportunidade Adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. Esta proba mixta será deseñada de maneira singular e específica para valorar en que medida o/a estudante adquiriu os resultados da aprendizaxe aos que se fai referencia na presente guía. 


Fontes de información
Bibliografía básica Arnold, G. (2008). Corporate Financial Management. Prentice Hall, Harlow, 4th Ed.
Asch, D.; Kaye, G.R. (1989). Financial Planning. Modelling Methods and Techniques. Kogan Page, Londres
Morris, J.R.; Daley, J.P. (2009). Introduction to Financial Models for Management and Planning. Chapman & Hall/CRC Finance
Rodríguez, A.; Iturralde, T. (2008). Modelización Financiera Aplicada. Modelos de Planificación Financiera con Excel. Delta Publicaciones, Madrid.
Rodríguez, A. (2009). Planificación Financiera Aplicada. Tórculo Edicións, Santiago de Compostela.
Durbán, S.; Irimia, A.I.; Oliver, M.D.; Palacín, M.J. (2009). Planificación financiera en la práctica empresarial. Ediciones Pirámide, Madrid.
Brealey, R.; Myers, S.; Allen, F. (2010). Principios de Finanzas Corporativas. McGraw-Hill, 9ª Ed.
Fernández, P. (1999). Valoración de Empresas. Gestión 2000
Bibliografía complementaria Mascareñas, J. (2010). Finanzas para directivos. Pearson, Madrid.
Ruiz, R.J.; Gil, A.M. (2000). La Planificación Financiera de la Empresa. Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias, Madrid
Rodríguez, A.; Barros, F. (2009). Planificación Financiera de Cooperativas. Modelos de Planificación Financiera de Cooperativas con Excel. Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP), USC, Santiago de Compostela.
Cibrán, P.; Villanueva, M.; Fernández, M.T. (2008). Planificación Financiera. Teoría y Casos Prácticos. Tórculo Edicións, Santiago de Compostela
Boquist, J.; Milbourn, T.; Thakor, A. (2010). The Value Sphere. The Corporate Executives' handbook for creating and retaining Shareholder wealth. World Scientific, Singapore


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Teoría do Investimento/611G02020
Teoría do Financiamento/611G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías