Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Recursos para a investigación da literatura Código 613484007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Web
Descrición xeral Ferramentas e fontes de información impresas e dixitais para a investigación nos estudos literarios e culturais, con especial atención ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir a capacidade de coñecer, manexar e ter unha actitude crítica cara as ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. Coñecer as relacións actuais entre cultura, literatura e sociedade. Valorar os recursos existentes para a integración da investigación cultural e literaria nunha aproximación interdisciplinar. Coñecer a relación da literatura e a cultura coas TICS e os medios audiovisuais e electrónicos actuáis. Aplicar os recursos existentes para a investigación literaria ás técnicas de análise cultural. Adquirir competencia investigadora de xeito interdisciplinar e en entornos diversos. Comprender a importancia da investigación e desenvolver a capacidade de deseñar e producir proxectos de investigación con rigor académico. Acadar suficiencia de xestión da información no ámbito académico de investigación. Estar capacitado/a para anticipar, organizar e planificar con eficiencia a resolución de problemas. Manexar con solvencia as ferramentas propias das TICs necesarias para o exercicio da súa función investigadora e ser capaz de entender--e aplicar--a súa relevancia no contexto social propio. Fomentar a relevancia máxima da investigación, a innovación e o desenvolvemento como engranaxe fundamental no mecanismo socioeconómico e cultural da sociedade. AM6
AM7
AM10
AM11
AM13
BM1
BM6
BM7
BM8
BM9
CM3
CM6
Valorar os recursos existentes para a integración da investigación cultural e literaria nunha aproximación interdisciplinar. AM3
AM6
Coñecer a relación da literatura e a cultura coas TICS e os medios audiovisuais e electrónicos actuais AM7
AM10
Adquirir competencia investigadora de xeito interdisciplinar e en entornos diversos. BM1
Comprender a importancia da investigación e desenvolver a capacidade de deseñar e producir proxectos de investigación con rigor académico. BM6
BM7
Acadar suficiencia de xestión da información no ámbito académico de investigación BM8
Estar capacitado/a para anticipar, organizar e planificar con eficiencia a resolución de problemas BM9
Manexar con solvencia as ferramentas propias das TICs necesarias para o exercicio da súa función investigadora e ser capaz de entender--e aplicar--a súa relevancia no contexto social propio CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Planificación, organización e escritura do traballo científico. 1.1 Presentación do curso e obxectivos.
1.2 A investigación literaria como proceso. Requisitos e fases.
2. Recursos na Universidade da Coruña. Análise esencialmente práctica dos diferentes recursos existentes na Biblioteca Universitaria e na web institucional.
3. Fontes de información: bases de datos e bibliotecas dixitais. Recursos para a recuperación de información: bases de datos, museos, bibliotecas, hemerotecas, arquivos en papel o en liña...
4. Ferramentas e software. Revisión de programas e apps para facilitar o traballo investigador. Prácticas de uso de ferramentas.
5. Interdisciplinariedade e investigación literaria. 5.1 A necesidade dos coñecementos transversais.
5.2 Fenómenos de hibridación na arte e na cultura.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A7 A11 A13 B7 B9 6 14 20
Prácticas a través de TIC A7 A11 A13 B1 B6 B7 B8 B9 C3 C6 12 24 36
Proba oral A3 A10 B6 B8 2 14 16
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión en que o profesor contextualiza e explica as metodoloxías e contidos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. A sesión maxistral ten carácter teórico e expositivo.
Prácticas a través de TIC Traballo colaborativo sobre recursos informáticos por medio da computadora persoal.
Proba oral Proba oral final, de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a estudante recibirá a guía e axuda que precisar

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A6 A7 A11 A13 B7 B9 Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. 10
Prácticas a través de TIC A7 A11 A13 B1 B6 B7 B8 B9 C3 C6 Traballo colaborativo sobre recursos informáticos por medio da computadora persoal. 40
Proba oral A3 A10 B6 B8 Proba oral final, de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante realizará ao finalizar o curso, dentro da aula. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por asistencia e
participación.) A proba terá carácter público, como parte das actividades realizadas no curso, e o seu contido será tutelado polo profesor.

2. O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Aproximadamente, un 20% corresponderá á avaliación das destrezas prácticas na aula e outro 20% para os resultados do traballo puramente documental.

3. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas
convocatorias será froito dunha avaliación semellante, mediante
unha proba oral que reflicta as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación.

5. É ineludible a realización da proba oral para
obter cualificación, tamén no caso de xullo. En canto ás actividades, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade,
en xullo. Como se deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder computar as actividades prácticas.

6. Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as actividades alternativas que se determinen.

7. O alumnado será avaliado e cualificado
sempre que acuda á proba oral. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado
(N. P.) aquelas persoas non presentadas a esta proba.


Fontes de información
Bibliografía básica

Recursos para a investigación literaria

Achtert, W. S., y J. Gibaldi, MLA Handbook for Writers of Research Papers, New York: The Modern Language Association of America, 1988.

Alcina Franch, J.,  Aprender a investigar: métodos  de trabajo para la redacción  de tesis doctorales, Madrid: Compañía  Literaria, 1994.

Belmonte, Manuel, Enseñar a investigar. Bilbao: Mensajero, 2011.

Blecua, Alberto, Manual de crítica textual, Madrid: Castalia, 1983.

Díez Borque, J. M., coord., Métodos de estudio de la obra literaria, Madrid: Taurus, 1985,

Eco, Umberto, Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura, Barcelona: Gedisa, 2001 (1977).

Enkvist, Inger, "Ética y estética en la investigación literaria", Espéculo (2003): <http://pendientedemigracion.ucm.es/info/especulo/numero24/inv_lite.html>

Garza Mercado, Ario, Manual de técnicas de investigación para estudiantes de ciencias sociales, México: Colegio de México, 1988.

Gaskell, Philip, Nueva introducción a la bibliografía material, Gijón: Trea, 1999.

Guía de recursos bibliográficos de la Literatura Española (Biblioteca Nacional): http://www.bne.es/export/sites/BNWEB1/es/Servicios/InformacionBibliografica/docs/Guia_Literatura_Esp.pdf

Hernández Sampieri, R., Fundamentos de metodología de la investigación, Madrid: McGraw-Hill, 2007,

Jauralde Pou, Pablo, Manual de investigación literaria (Guía bibliográfica para el estudio de la literatura española), Madrid: Gredos, 1981.

López Yepes, José, Manual de ciencias de la documentación, Madrid: Pirámide, 2002.

Medina Rivilla, A,. e outros, Metodología para la realización de proyectos de investigación y tesis doctorales, Madrid: Universitas, 2003.

Montaner Frutos, A., Prontuario de bibliografía (Pautas para la realización de descripciones, citas y repertorios), Gijón: Ediciones Trea, 1999.

Muñoz Razo, Carlos, Cómo elaborar y asesorar una investigación de tesis, México: Prentice Hall, 2011.

Núñez Alonso, Eduardo, “Los archivos como sistemas de información”, Boletín de ANABAD, IL.1 (1999), pp. 109-124. E: <http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=51135>

Núñez Alonso, Eduardo, Organización y gestión de archivos, Gijón: Trea, 1999.

Orduna, G., Ecdótica. Problemática de la edición de textos, Kassel: Reichenberger, 2000.

Paun de García, Susan, Manual de investigación literaria. Cómo preparar informes, trabajos de investigación, tésis y tesinas, Madrid: Castalia, 2004.

Rodríguez Fer, Claudio, Guía de investigación literaria, Gijón: Júcar, 1998.

Bibliografía complementaria

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías