Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. |
B1 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. |
AM1
|
BM1
|
CM3
|
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. |
|
BM1
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución ao curso |
Marco teórico, conceptual e metodolóxico. |
2. Ut Pictura Poesis |
Aproximación aos paradigmas culturais de diferentes períodos a través das súas diversas facetas artísticas. |
3. Converxencias e diverxencias (Época contemporánea)
|
1. Análise de diferentes manifestacións artísticas desde a perspectiva doutras artes: cinema e poesía (Dalí e Buñuel), música e pintura (Kandisnsky), etc.
2. A noción de límite na arte contemporánea.
|
4. Motivos, símbolos, alegorías |
Aproximación a diferentes motivos, de especial relevancia en cada época, e análise do seu tratamento conceptual e formal.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
|
6 |
14 |
20 |
Seminario |
|
12 |
24 |
36 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
|
1 |
0 |
1 |
Proba oral |
|
2 |
14 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesión en que o profesor contextualiza e explica as metodoloxías e contidos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. A sesión maxistral ten carácter teórico e expositivo. |
Seminario |
Traballo cooperativo, en que o alumnado participa activamente e debate as cuestións tratadas. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia a conferencias ou actividades culturais programadas como complemento da materia. |
Proba oral |
Proba oral final, de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
|
Traballo participativo, de intercambio e debate, que xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
|
40 |
Proba oral |
|
Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. |
50 |
Sesión maxistral |
|
Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Por
esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son
orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual: 1.
O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante
realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a
materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que,
como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na
proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por
asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das
actividades realizadas no curso. 2.
O 40% obterase pola realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso. 3.
O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada
estudante no decorrer do curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución,
a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e
traballo en grupo. 4.
A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha
avaliación semellante, mediante unha proba oral que reflicta as actividades
desenvolvidas no curso, xunto ao control de asistencia e de participación. 5.
É ineludible a realización da proba oral para obter cualificación, tamén no
caso de xullo. En canto ás actividades, a súa avaliación positiva será gardada
para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade, en xullo. Como se
deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder
computar as actividades prácticas. 6.
Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica
recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa
certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a
matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as
actividades alternativas que se determinen. 7. O
alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto,
recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas
a esta proba.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Kandisnsky, Vasili (1997). De lo espiritual en el arte. Madrid: Andrómeda
Praz, Mario (1989). Imágenes del Barroco (estudios de emblemática). Madrid: Siruela
Gombrich, E. H. (1986). Imágenes simbólicas. Madrid: Alianza Editorial
Souriau, Etienne ((1969) 2004). La correspondencia de las artes. Madrid: Fondo de Cultura Ecxonómica
Egido, Aurora (1990). La página y el lienzo: Sobre las relaciones entre poesía y pintura en el Barroco, Zaragoza, 1989, incluido en Fronteras de la poesía en el Barroco. Barcelona: Crítica
Auerbach, E. ((1950) 1996). La representación de la realidad en la literatura occidental. México: Fondo de Cultura Económica
Praz, Mario ( (1971) 2007). Mnemosyne. El paralelismo entre la literatura y las artes visuales. Madird: Taurus
Brown, Calvin (1963). Music and Literature. A Comparison of the Arts. Athens: The University of Georgia Press
Dumanoir, Virginie (coord.) (2003). Música y literatura en la España de la Edad Media y del Renacimiento. Madrid: Casa de Velázquez
Bürger, Peter (1974). Teoría de la vanguardia. Barcelona: Penísnsula
Gállego, Julián (1972). Visión y símbolos en la pintura española del Siglo de Oro. Madrid: Cátedra
Vega Ramos, María José (2007). “La unión de poesía y música en el Renacimiento: breve historia de una idea”, Doce calas en el Renacimiento y un epílogo, María Dolores Rincón González (aut.), págs. 269-316. |
Durante o curso aportaranse máis referencias bibliográficas e en liña. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|