Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Literatura española e hispanoamericana: Xéneros Código 613484011
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Profesorado
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo avanzado de textos de Literatura Española ou Hispanoamericana baixo a perspectiva do xénero (literario ou editorial) no que se insiren.
Este curso centrarase no teatro medieval, con especial atención ao nacemento do xénero celestinesco, de tanto éxito editorial.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A5 Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos.
A7 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A11 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B2 Demostrar un compromiso ético contra as desigualdades.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Reflexionar sobre a noción de xénero eos seus problemas AM1
AM2
AM4
AM7
BM4
BM5
BM6
CM1
Coñecer o entorno e percibir as distintas tradicións literarias relacionadas co teatro na Idade Media AM2
AM4
AM5
AM7
AM10
AM11
BM1
BM3
BM5
BM6
BM8
BM9
CM1
Traballar individualmente e en equipo analizando algún aspecto dos textos seleccionados AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM7
AM10
AM11
AM13
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM8
BM9
CM1
CM3
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. O conceto de xénero literario Problemática ao respecto
A Idade Media e os xéneros literarios
2. O problema da adscrición xenérica de "La Celestina"
A obra no seu contexto. Fontes e influencias.
O título, os preliminares e posliminares
A discusión sobre o xénero
O xénero celestinesco
3. Os problemas textuais O manuscrito e as edicións
Comedia e Traxicomedia
4. Problemas de autoría O prólogo e outros elementos preliminares e postliminares.
O primeiro autor.
Fernando de Rojas. Documentación biográfica.
O entorno histórico-cultural.
Outras consideracións.
5. Estudo da obra A temática (a sociedade, o amor, a morte, a maxia, outros);
a estrutura (diferencias entre a Comedia e a Traxicomedia; as técnicas dramáticas; o espacio; a construción dos personaxes);
o estilo (lingua; retórica; humor e ironía); interpretación da obra (o seu sentido e o propósito do autor)

9. Recepción da obra Repercusión literaria de "La Celestina"

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 0 24 24
Lecturas 0 13 13
Obradoiro 8 6 14
Proba mixta 1.5 4 5.5
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Sesión maxistral 10 5 15
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo tutelado pola profesora para promover a aprendizaxe autónoma. Desenvolverase de acordo coas pautas establecidas e axustarase as características formais marcadas.
Lecturas Ademáis dos textos de lectura obrigatoria (a Comedia e a Traxicomedia), a profesora indicará outras lecturas, obrigatorias ou recomendadas, para a asimilación correcta dos contenidos da materia. O alumno ha realizar con aproveitamento as lecturas e demostralo nas actividades que se leven a cabo nos obradoiros e no traballo tutelado.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solucións de problemas, discusión dirixida, prácticas guiadas, etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas co apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta A través de preguntas de distinto tipo e de exercicios varios (esta vez sen axuda de materiais nin do profesor), o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de introducir de maneira sintética as cuestións que o estudante debe ter en conta na práctica e unha aproximación teórica aos temas principais, con indicacións de recursos para adquirir os contidos e poder realizar os exercicios e as actividades. Procurarase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
Previsiblemente entre o alumnado haberá diferencias notables en canto a súa formación de inicio ou a familiaridade con conceptos culturais e habilidades. Por esta razón planifícase desenvolver unha atención personalizada (especialmente para o traballo fóra da aula).
O traballo tutelado requerirá, polo menos, de dous titorías co profesor antes da súa entrega. O alumno poderá sempre que sea preciso requerir atención tanto nas sesiones presenciais como nas horas de titoría do docente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, correción expositiva, así como a calidade, profundidade e rigor da investigación; tamén se tomará en conta a presentación e o logro dos obxectivos propostos, sin esquecer a capacidade de relación do aportado co visto nas aulas.
50
Obradoiro Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno na aula. Realizaranse distintos exercicios e actividades, que serán recollidos polo profesor
30
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta para avaliar a adquisición das competencias.
20
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas
establecidas, en soporte de papel, e seguindo as pautas e as normas
para a entrega de
traballos escritos que se precisen en cada caso. Non se poderá aprobar a materia sen cubrir todos os ámbitos da avaliación. Na segunda
oportunidade (xullo), a data de entrega dos diferentes
traballos do  alumno que se someterán a avaliación será o mesmo día
que a
fixada oficialmente para o exame; ademáis, será necesario obter, como
mínimo, o 50% da calificación máxima no
traballo tutelado. O alumno con dispensa de asitencia a
clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada para a realización das diversas actividades durante o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica LOBERA, Francisco y otros (eds.) (2011). La Celestina. Madrid: RAE
CANET VALLÉS, José Luis (ed.) (2011). Comedia de Caslisto y Melibea. Valencia: Universidad de Valencia
BOTTA, Patrizia (ed.) (). La Celestina. http://rmcisadu.let.uniroma1.it/celestina/celest.htm
RUSSELL, Peter E. (ed.) (1991). La Celestina. Madrid: Castalia
SEVERIN, Dorothy S. (ed.) (1987). La Celestina. Madrid: Cátedra

Ofrécense só algunhas das principais edicións.

Bibliografía complementaria

Bibliografía exhaustiva preparada por Robert R. Lauer y otros:

http://faculty-staff.ou.edu/L/A-Robert.R.Lauer-1/BibCelestina.html

Bibliografía seleccionada preparada por Lillian von der Walde Moheno:

http://www.waldemoheno.net/Medioevo/Cel.html 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Resulta imprescindible a asistencia regular e a participación activa nas sesións presenciais. É importante que o estudiante realice as lecturas e tarefas encomendadas nos prazos establecidos para que aproveite mellor as sesións presenciais. A adicación, o compromiso coa aprendizaxe e a calidade expositiva deben axeitarse aos dun futuro investigador.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías