Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Literatura e cultura galegas no século XXI Código 613484030
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo (avanzado) dun ou varios dos temas e liñas de investigación máis relevantes e
significativos das producións literarias e culturais do século XXI.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Ser quen de analizar e interpretar o sistema cultural galego do século XXI (obras, autores/as, prácticas culturais...), aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. AM2
AM4
AM5
AM10
AM12
BM4
BM5
BM8
CM1
CM6
Coñecer e saber valorar as novas tendencias e perspectivas do sistema cultural galego actual, integrándoas no contexto global do século XXI. AM2
AM6
AM7
AM10
AM11
BM3
BM4
BM5
CM1
CM4
CM6
CM7
Coñecer e adquirir a capacidade de utilizar ferramentas e recursos de investigación aplicados ao estudo do sistema cultural galego do século XXI. AM7
AM11
AM13
BM5
BM6
BM7
BM8
CM3
CM6
CM7
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional ao estudo da produción literaria e cultural galega do século XXI. AM2
AM5
AM6
AM8
AM12
BM1
BM3
BM5
CM1
CM4
CM6
CM8
Ser quen de realizar achegas creativas e orixinais ao estudo do sistema cultural galego do século XXI, como modo de se introducir na investigación nesta materia. AM3
AM7
AM9
AM11
BM4
BM6
BM7
BM9
CM1
CM4
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introdución: o sistema literario e cultural no último terzo do século XX

1.1. Entre a tradición e a revisión dos modelos literarios establecidos.
1.2.- Temas, modelos e tendencias discursivas.
2.- O sistema literario e cultural no século XXI: novos paradigmas, novas propostas artísticas
2.1.- Novas tendencias e perspectivas: revisión de modelos e conceptos
2.2.- Obras, autores/as, xéneros e prácticas culturais
3. Discursos e contradiscursos das mulleres. 3.1 Debates contemporáneos: feminismo-feminismos, xéneros e identidades.
3.2. Autoras e poéticas. Liñas temáticas.
4. Recepción da literatura galega do séc. XXI. 4.1 A recepción externa.
4.2 A recepción interna.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 8 16 24
Lecturas 0 20 20
Análise de fontes documentais 9.5 12 21.5
Presentación oral 1 7 8
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas.
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados as lecturas obrigatorias (as obras definidas como tales e os textos críticos complementarios), así como as necesarias para a realización dos traballos.
Análise de fontes documentais Comentario e análise de diferentes textos seleccionados seguindo a táboa de contidos da materia.
Presentación oral Exposición oral do estudo realizado por cada alumno(a) sobre unha obra seleccionada entre as que figuran na relación de Lecturas obrigatorias no Paso 8 desta Guía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Presentación oral
Análise de fontes documentais
Descrición
Os(as) estudantes que non podan asistir no horario previsto para as Titorías, poderán concertar entrevistas por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Lecturas A avaliación das lecturas obrigadas realizarase, por unha parte, durante as sesións de "Presentación oral" para aqueles alumnos (as) a quen corresponda o papel de público e, por outra, a través da participación nas actividades desenvolvidas nas aulas correspondentes. 40
Presentación oral Na avaliación desta actividade terase en conta, ademais do contido, a clareza expositiva e a corrección lingúística. 30
Análise de fontes documentais A avaliación deste tipo de traballo será continua e realizada sobre a participación do(a) alumno(a) nas actividades na aula. 30
 
Observacións avaliación
Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no início das sesións.
Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.


Os/as estudantes con dispensa académica terán condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante.

O alumnado que non teña superado a materia na convocatoria de xuño será avaliado seguindo os mesmos criterios na segunda convocatoria. Así, a avaliación da presentación oral e das lecturas obrigatorias realizarase no día e hora marcados como data oficial do exame da convocatoria de xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica Vilavedra, D. (2010 ). A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2001. Vigo: Galaxia
Pascual, R. (2007). "O teatro galego na actualidade", en Vieites, M.F.: 125 anos de teatro en galego: 223-222. Santiago: Xunta de Galicia
Bernárdez, C.L. et alii (2001). "Tendencias da literatura galega actual" (I) e (II), en Literatura Galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
González Fernández, H. (2005). Elas e o paraugas totalizador. Vigo: Xerais
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Moure, T. (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Vigo: Galaxia
Casas, Arturo (2002). “A Teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais”. Anuario de estudios literarios galegos, 29-38
Obras de lectura obrigada: Manuel Rivas: Todo é silencio. Vigo: Xerais. (GP/2959) María Reimóndez: En vías de extinción. Vigo: Xerais. (L7At-REIMONDEZ,M-env) Ana Romaní: Estremas. Vigo: Galaxia. ( L7At-ROMANI-est) Roberto Vidal Bolaño: As actas escuras. Santiago: Concello de Santiago /Promocións Culturais Galegas (T7G-VIDAL B-act)
Bibliografía complementaria Blanco, C. (1995 ). Nais, damas, prostitutas e feirantas . Vigo: Xerais
Fernández Castro, X. M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Santiago: laiovento
Suárez Briones, B. / Martín Lucas, B. / Fariña Busto, Mª J. (eds.) (2005 ). Escribir en femenino. Poéticas e políticas. Barcelona: Icaria Libro
Tato Fontaíña, L.. / Tavares Maleval, Mª A. (eds.) (2010). Estudos galego brasileiros 3: lingua, literatura, identidade. Rio de Janeiro / A Coruña: UERJ / Universidade da Coruña
Adán, C. (2003). Feminismo e coñecemento. Da experiencia das mulleres ao cíborg. A Coruña: Espiral maior
Castro, O. / Reimóndez, M. (2013). Feminismos . Vigo: Xerais
Beltrán, E. et alii (eds.) (2001 ). Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Madrid: Alianza Libro
Amorós, C. (1994 ). Historia de la teoría feminista . Madrid: Instituto de Investigaciones feministas da UCM Libro
Pernas, G. (2005 ). Os ollos de Victorine e a construción da cuarta parede. Santiago: Laiovento
Castro Vázquez, Isabel (2007). Reexistencia: a obra literaria de Manuel Rivas. Vigo: Xerais
González-Millán, X. (2000 ). Resistencia cultural e diferencia histórica: a experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Reis, C. (1992). “Criação literaria e periferismo cultural: para una ideologia da marginalidade”. Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega, Santiago: Dirección Xeral de Cultura
Hooper, Kirsty (2005). “Novas cartografías nos estudos galegos: nacionalismo literario, literatura nacional, lecturas posnacionais”. Anuario de Estudos Literarios Galegos: 64-73
A profesora fornecerá ao longo do curso material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada asunto obxecto de estudo.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías