Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Competencia lectora: comprender unha variedade de textos auténticos procedentes da prensa, obras de ficción, documentos, materiais de promoción ou de publicidade. |
A1 A2 A6 A8 A11 A15
|
B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10
|
C2 C3 C4 C5 C6 C7
|
Escritura: saber redactar un artigo, un ensaio, textos informativos, propostas, queixas, informes e recensións. |
A4 A6 A9 A10 A11 A12
|
B1 B5 B6 B10
|
C1 C2 C3 C7 C8
|
Comprensión auditiva: comprender distintos tipos de discurso auténtico; monólogos, avisos, programas de radio e televisión, relatorios, anécdotas, interaccións entre varios falantes á vez, entrevistas, debates |
A2 A6 A10 A11
|
B8 B9 B10
|
C2 C3 C5 C7
|
Competencias orais: saber desenvolverse oralmente con falantes nativos e non nativos; proporcionar información, expresar e xustificar opinións, realizar comentarios axeitados, expresar acordo e desacordo, comparar, describir e especular. En resumo, os alumnos deben ser capaces de levar a cabo a comunicación eficaz, e de responder plenamente aos estímulos orais. |
A5 A6 A15 A21 A22 A23
|
B4 B5 B6 B8 B10
|
C2 C4 C5 C7 C8
|
Lingua e uso: posuír un vocabulario xeral amplo; coñecer frases e colocacións comúns, matices, verbos con partícula, modos de enlazar oracións; realizar transformacións gramaticais con soltura |
A6 A8 A22 A23
|
B4 B5 B7 B8 B10
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
-ESCRIBIR:
Como escribir tanto un ensaio argumentativo coma un ensaio de investigación en estilo MLA
|
Que é o estilo de escritura MLA? Estilo e rexistro; linguaxe formal e informal; connotación e denotación; post-estruturalismo e oposición binaria; puntuación; parágrafo; conectores; o ensaio (e.g. o argumentativo e o de investigación); título; introdución; (hipó)tesis vs. tema; corpo; conclusión; fontes de información (web e imprimidas); lista de obras citadas; as citas no corpo do texto; plaxio; notas ao pé e ao final |
-LER: Como facer exercicios de comprensión lectora |
Que é o pensamento crítico? Diferentes niveis de comprensión dun texto; gramática; vocabulario; estrutura; figuras retóricas; historia e trama; temas; caracterización; inferencia; dedución; análise; alcance e repercusión; significado e interpretación; conclusións; etc. |
-FALAR: Como falar en público; como facer unha presentación oral; como participar nun debate; como comportarse nunha entrevista de traballo |
Tipos de discursos; consellos para loitar contra o medo escénico; uso de pausas, entoación e ritmo na oralidade; linguaxe corporal; cohesión e coherencia; convencer e persuadir; etc.
Os debates de clase estarán relacionados con temas relevantes tales como: arte, capitalismo, discriminación, educación, emigración, medios de comunicación e sexualidade entre outros. |
-GRAMÁTICA E VOCABULARIO: Repaso e consolidación de formación e uso de palabras, como tamén de estruturas gramaticais importantes.
|
Linguaxe formal e académica; formación de palabras; oracións condicionais; voz pasiva; pasado con significado de presente e/ou futuro; verbos modais; verbos con partículas; casos especiais de concordancia substantivo-verbo; etc.
|
-ESCOITAR: Gravacións audiovisuais en torno á gramática e as entrevistas de traballo
|
Os exercicios auditivos estarán relacionados coa gramática vista en clase. Os/ás estudantes tamén traballaredes con entrevistas de traballo e practicaredes para a proba audio-oral.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 |
25 |
25 |
50 |
Seminario |
A8 A12 B4 B7 |
12 |
5 |
17 |
Traballos tutelados |
A9 B6 B9 C2 C3 C6 |
4 |
8 |
12 |
Presentación oral |
B10 C1 |
0.5 |
12 |
12.5 |
Obradoiro |
B5 B8 C4 |
25 |
25 |
50 |
Proba mixta |
A1 A2 B3 C5 |
2.5 |
4 |
6.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta sesión completarase con discusiones dirixidas. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema ou dunha lectura. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado expón traballos.
|
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas prácticas. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Estamos a disposición dos/as estudantes nos nosos despachos nas horas de titoría, como tamén a través do teléfono e o correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 |
(GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas e práctica tanto oral coma escrita. Antes de vir a clase, os/as estudantes terán que ler NOTICIAS ou ver VÍDEOS que colgaremos en Moodle. Unha vez alí, DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN un ensaio argumentativo derivado do debate. Os devanditos ensaios serán corrixidos pola profesora e devoltos aos seus autores/as ao longo do curso. Completaremos a práctica da gramática, o vocabulario e a escritura académica con algún XOGO.
Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións). |
0 |
Obradoiro |
B5 B8 C4 |
(GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector/a): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a cómo realizar un CV e unha entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer tarefas baseadas en material que estará en MOODLE.
Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).
|
0 |
Traballos tutelados |
A9 B6 B9 C2 C3 C6 |
Teredes que facer dúas tarefas distintas que se avaliarán por separado:
(1) un CV profesional para o/a lector/a (20%) e
(2) unha lista de Obras Citadas en estilo MLA para a coordinadora (20%).
En clase, en Moodle e nas titorías dos nosos despachos, darémosvos as pautas necesarias para os traballos. O CV deberá seguir os parámetros elixidos polo/a lector/a. O traballo coa lista MLA, deberá incluír o TEMA elixido polo/a estudante ademais de: un libro dun/a ou máis autores/as, un capítulo nunha colección de ensaios de autores/as diferentes, un artigo de JSTOR e unha fonte electrónica extra (e.g. entrevista en YouTube) SOBRE O TEMA ELIXIDO
Os/as docentes insistimos na ABSOLUTA NECESIDADE de que o alumnado aproveite as horas de clases e as titorías para aprender e consultar as súas dúbidas sobre estes traballos. |
40 |
Presentación oral |
B10 C1 |
A presentación consiste en facer un VÍDEO-PROXECTO entre 5 e 10 persoas cuxo contido sexa un ANUNCIO ou PROGRAMA para VENDER un PRODUTO ou MÉTODO. Mentres falan, os/as estudantes teredes prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que preparar o GUIÓN, gravar o VÍDEO e colgalo; o resto das pautas serán explicadas pola coordinadora.
Naturalmente, ínstase o alumnado a que use as titorías ao longo do cuadrimestre para consultar as súas dúbidas sobre este proxecto.
|
10 |
Proba mixta |
A1 A2 B3 C5 |
As partes do exame organizaranse como segue:
-EXAME DE LECTURA con coordinadora (15%): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos textos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o penúltimo día de clase.
-EXAME DE ESCRITURA con coordinadora (20%): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora que non foi debatido na clase; este ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática e o vocabulario coma coa escritura tipo MLA. Así pois, debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión.
-EXAME AUDIO-ORAL con lector/a (15%): Entrevista de traballo (en rexistro formal) seguindo as directrices explicadas e practicadas en clase, como tamén os modelos e consellos publicados en Moodle. |
50 |
Seminario |
A8 A12 B4 B7 |
(GRUPOS MEDIANOS con coordinadora): dedicaremos parte destes grupos de exercer a comprensión da lectura de textos curtos que serán colgados en Moodle. Os/as estudantes deben ler estes textos de antelación, e tamén preparar exercicios Moodle, que serán corrixidos na clase e verificados pola profesora ao longo do curso .
Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).
|
0 |
|
Observacións avaliación |
- Para poder superar a materia, hai que sacar polo menos un 4 (sobre 10)
nos TRABALLOS TUTELADOS e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL. - Os traballos deben entregarse en tempo e
forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha
causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico). - Os traballos que mostren signos de plaxio
serán cualificados cun 0. - O traballo voluntario
dos/as alumnos/as cualificarase engadindo unha porcentaxe EXTRA sobre a nota
final como segue: I) PARTICIPACIÓN ORAL EXTRAORDINARIA: clase da coordinadora
(+0.2); clase do/da lector/a (+0.2). II) PRESENTACIÓN ORAL INDIVIDUAL: farase
en clase da coordinadora nun evento chamado Talent Show--os detalles serán explicados en clase
(+0.3). III) ENSAIO DE INVESTIGACIÓN INDIVIDUAL sobre unha (ou dous) das
LECTURAS LONGAS (+0.3); o alumnado interesado nesta tarefa terá que dicirmo con
antelación; fixarei TRES ENTREVISTAS convosco no meu despacho ao longo do
cuadrimestre para discutir sobre o desenvolvemento do voso traballo. Os ensaios
que non fosen supervisados por min desta forma non serán aceptados. - En caso de folga de profesores/ás en días de
clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material
didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes
poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o
traballo dese/vos día/s. - Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade,
os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás. - Para a oportunidade de
XULLO, haberá 2 traballos tutelados e 3 probas de exame ao igual que en xuño.
Ao non haber clases, a presentación oral / ou vídeo-proxecto poderá ser
individual. - Aqueles/ás alumnos/ás que se matriculasen
oficialmente a tempo parcial e teñan concedida a DISPENSA académica, como
establece a normativa desta Universidade, serán avaliados/as en xuño o xullo seguindo
os mesmos criterios estipulados na oportunidade de xullo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA Collins COBUILD Advanced
Dictionary of English. London: Collins ELT,
2012. Print. Collins COBUILD
Students’ Dictionary plus Grammar (Book & CD). London: Collins ELT, 2005. Print. Cunningham, Gillie, Jan Bell, and Theresa Clementson. Face2face Advanced. Student’s Book and DVD Rom. Cambridge: CUP, 2013. Print. Downes, Colm. Cambridge English for Job
Hunting. Cambridge: CUP, 2008. Print. Hewings, Martin. Advanced Grammar in
Use: a Self-study Reference and Practice Book for Advanced Learners of English;
with Answers and CD-ROM. Cambridge: CUP, 2013. Print. ---. Cambridge Grammar for CAE and
Proficiency with Answers and Audio CDs.Cambridge: CUP, 2009.Print. Hopkins, Diana, and Pauline Cullens. Cambridge
Grammar for IELTS with Answers: a Self-study Grammar Reference and Practice.Cambridge:
CUP, 2007. Print. OED. Oxford English
Dictionary. OUP. Web. 1 July 2014. The
Purdue OWL Family of Sites. The
Writing Lab and OWL at Purdue and Purdue U, 2008. Web. 1 July 2014. Swan, Michael. Practical English Usage. Oxford: OUP, 1996. Print. Vince, Michael. Advanced Language
Practice: English Grammar and Vocabulary. Oxford: Macmillan, 2009. Print. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|