Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á producción literaria e cultural galega dos séculos XX e XXI. |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A11 A14 A15
|
B1 B2 B3 B5 B7
|
C1 C4 C6
|
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
|
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A14 A15
|
B1 B2 B7 B9
|
C1 C4 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A3 A4 A7 A11 A14 A15
|
B1 B3 B5 B7 B8
|
C1 C4 C6
|
Aplicar as técnicas de análise cultural considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A11 A14 A15
|
B1 B3 B7 B8
|
C1 C4 C6
|
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos da creación literaria.
|
A2 A4 A10 A11 A15
|
B1 B2 B3 B4 B6
|
C4 C6 C8
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués.
|
A7 A11 A14 A15
|
B3 B5 B7 B8 B10
|
C1 C4 C6 C8
|
Realizar achegas creativas e orixinais na análise dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais.
. |
A4 A7 A10 A11 A14 A15
|
B5 B7 B8 B9 B10
|
C1 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega no século XX |
1.1. Caracterización, periodización.
1.2. Cuestións metodolóxicas. |
2. O tempo das Irmandades da Fala. |
2.1. Contexto histórico e ideolóxico. Caracterización xeral.
2.2. As liñas de actuación cultural das Irmandades: ampliación e consolidación do sistema literario.
2.3. Principais autores e grupos: caracterización e problemas.
2.4. As vangardas e a súa influencia.
2.5. Achegamento a algúns textos representativos dos autores máis relevantes do período. |
3. A literatura de posguerra e o exilio nas dúas beiras do Atlántico: continuidade e ruptura |
3.1. A Guerra Civil e a posguerra en Galiza.
3.2. A literatura e a cultura galegas na emigración e no exilio.
3.3. Achegamento a algúns textos representativos dos autores máis relevantes do período. |
4. A recuperación literaria no interior a partir de 1950. |
4.1. A reconstrución do sistema literario: axentes editoriais e actividade cultural.
4.2. Principais autores e autoras. Grupos e movementos.
4.3. Achegamento a algúns textos representativos dos/as autores/as máis relevantes do período.
|
5. Da década de oitenta á actualidade. |
5.1. A irrupción das autoras e a renovación dos discursos.
5.2. Diversificación xenérica e últimas tendencias.
5.3. Principais autores e autoras.
5.4. Achegamento a algúns textos representativos dos/as autores/as máis relevantes do período. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A4 A7 C1 |
1 |
0 |
1 |
Presentación oral |
A2 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 |
1 |
6.5 |
7.5 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B5 B8 B9 B10 C4 C6 |
11 |
11 |
22 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C1 |
2 |
26 |
28 |
Lecturas |
A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C4 C8 |
1 |
25 |
26 |
Análise de fontes documentais |
A2 A4 A7 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
8 |
12 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación inicial da materia e dos materiais sobre os que deberá traballar o alumnado, tanto nas sesións do curso como para a elaboración das súas presentacións.
|
Presentación oral |
Presentación oral individual por parte de cada alumno e de cada alumna dunha obra incluída nos contidos da materia e decidido entre a profesora e o/a estudante. |
Sesión maxistral |
Presentación por parte da profesora das liñas xerais de cada un dos temas contemplados no programa da materia co enfoque previsto no descritor.
Será avaliábel a asistencia activa ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será esixido para a superación do curso. |
Proba mixta |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
Lecturas |
Lectura obrigada dos textos literarios indicados no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que a profesora indique na aula.
As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas. |
Análise de fontes documentais |
A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación, así como de textos críticos, historiográficos ou xornalísticos, e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas. Previamente, o/a estudante deberá ler e preparar os textos de forma individual. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Proba mixta |
Sesión maxistral |
Análise de fontes documentais |
Presentación oral |
|
Descrición |
A profesora orientará aos e ás estudantes na preparación dos comentarios, as presentacións orais e na metodoloxía de análise das fontes de información. Tamén en calquera cuestión das expostas nas sesións xerais nas que o/a estudante solicite orientación.
A atención persoal poderá ser presencial, no horario previsto a estes efectos, a través da plataforma moodle ou a través do correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C4 C8 |
As lecturas obrigatorias representan unha das actividades principais do curso polo que deben ser realizadas en tempo para poder participar de forma efectiva nas sesións e, tamén, para levar a cabo a presentación oral.
O control das lecturas poderá realizarse mediante preguntas ou comentarios nas sesións presenciais ou cunha parte específica dentro da proba mixta. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C1 |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tantos nas sesión maxistrais como nas de análise documental, e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
|
30 |
Análise de fontes documentais |
A2 A4 A7 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. |
20 |
Presentación oral |
A2 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 |
O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 30, un comentario sobre una das obras incluídas no programa (e que será escollida de acordo coa profesora).
A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. Previamente terá que ter entregado una breve ficha de lectura e un esquema da exposición. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación terá en conta o exposto nos apartados anteriores: participación do alumnado na análise de fontes documentais (20%), presentación oral (30%) e proba escrita (30%); para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora (20%).
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora. O resto da cualificación (un 30%) basearase nunha prueba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas oblrigatorias.
Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou a proba escrita; ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.
O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, que substituirán as actividades presenciais por outras equivalentes, tendo en conta a súa disponibilidade. A fin de programar axeitadamente estas actividades, o/a estudante nesta situación deberá porse en contacto coa profesora no inicio das aulas, enviando un correo electrónico a carme@udc.gal.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, D. (coord.) (1995-2000 ). Diccionario da Literatura Galega. Vigo, Galaxia
Lourenzo, M. / Pillado Mayor, F. (1987). Dicionario do teatro galego. Sotelo Blanco, Barcelona
Tarrío, A. (coord.) (). Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV). A Coruña, Hércules de edicións
Vilavedra, D. (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo, Galaxia
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo, Galaxia
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.) (1996 ). Historia da Literatura Galega, 5 vols.. Vigo, A Nosa Terra
Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936 . A Nosa Terra, Vigo
Bernárdez, C. L. et alii (2001). Literatura galega S. XX. Vigo, A Nosa Terra
Tarrío, A. (1997). Literatura Galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo, Xerais |
OBRAS DE LEITURA OBRIGADA:
- A. R. CASTELAO (1922): Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, Galaxia, Vigo [A Coruña : Edicións do Rueiro, 1980, ed. facs].
- R. OTERO PEDRAYO (1930): Arredor de si, Galaxia, Vigo [Galaxia, Vigo, 2007, ed. facs.].
- Á. CUNQUEIRO (1958): O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, Galaxia, Vigo.
- C. E. FERREIRO (1962): Longa noite de pedra.
- X. TORRES (1970): Adiós María, Galaxia, Vigo.
- E. BLANCO AMOR (1972): Xente ao lonxe, Galaxia, Vigo.
- X. L. MÉNDEZ FERRÍN 1976): Con pólvora e magnolias, Xerais, Vigo [S.l.: Rompente, 1976].
- Unha obra (narrativa ou poesía) publicada despois de 1990 de AUTORÍA FEMININA, elixida por cada alumna/o a partir dunha listaxe fornecida pola profesora no inicio do curso. Sobre esta obra versará o comentario que será desenvolvido na presentación oral.
A profesora facilitará, a través da plataforma moodle, unha selección de textos poéticos e críticos que o/a estudante tamén deberá ler.
|
Bibliografía complementaria
|
|
A profesora facilitará, a través da plataforma virtual moodle, a bibliografía e os recursos bibliográficos complementarios pertinentes para cada un dos temas e cada unha das obras obxecto de estudo nesta materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal
|
|