Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A3 A4 A10 A11 A15
|
B3 B7
|
C1 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A1 A7 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B5 B8 B9 B10
|
C1
|
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos saber
|
A1 A2 A4 A10 A11 A14 A15 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9
|
C1
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués |
A4 A7 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B2 B5 B8 B10
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega no século XIX. |
Caracterización xeral.
Periodización.
Cuestións metodolóxicas. |
2 A literatura pre-rosaliana. Prosa, poesía, teatro. Xoán Manuel Pintos. |
A poesía. Caracterización xeral. Algúns autores.
A Gaita Gallega: singularidade xenérica, reivindicación e iniciación lingüística e denuncia social.
A poesía. O teatro.
|
3.. O Rexurdimento. A literatura do Primeiro Renacemento. Caracterización xeral. |
Reivindicación lingüística, renacemento cultural e construción da identidade nacional.
A cultura e a literatura popular.
A recuperación da historia propia.
A situación social da lingua. A procura dun modelo de lingua literaria.
Os Xogos Florais da Coruña.
Produción e difusión cultural: a prensa.
|
4. O Rexurdimento. Xéneros e autores. |
A poesía como xénero predominante.
Rosalía de Castro. Carácter fundacional. Obra galega. Patriotismo, feminismo e ideoloxía social.
Manuel Curros Enríquez. Progresismo e conciencia galega.
Eduardo Pondal. Épica e valor da historia.
O teatro.
Poesía e prosa xornalística de Lamas Carvajal. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A2 A4 A11 A14 A15 B1 B4 C1 |
6 |
6 |
12 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 |
1 |
40 |
41 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 A14 A17 A19 A23 A27 B1 B5 B7 B10 C1 C6 |
20 |
30 |
50 |
Presentación oral |
A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 |
2 |
20 |
22 |
Proba mixta |
A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A19 A17 A15 A14 A11 A10 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 |
10 |
10 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán. |
Lecturas |
Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información.
Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño. |
Presentación oral |
Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa. |
Análise de fontes documentais |
Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Proba mixta |
Sesión maxistral |
Lecturas |
Análise de fontes documentais |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
A profesora orientará aos e ás estudantes na selección do tema do traballo, da metodoloxía e das fontes de información precisas e máis axeitadas para a súa elaboración.
A orientación farase de forma individualizada, persoalmente, e tamén se facilitarán indicacións escritas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 |
Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora. |
20 |
Proba mixta |
A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa. |
40 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 |
Haberán de realizarse as lecturas obrigadas que se recollen no apartado Fontes de información.
Igualmente a profesora sinalará outros textos de lectura e indicará, en cada caso, a posibilidade ou a obriga de realizar algún tipo de exercicio escrito (recensión, comentario) ou oral (exposición, presentación) sobre eles. Solicitaranse, como máximo, 2 actividades deste tipo. |
20 |
Análise de fontes documentais |
A19 A17 A15 A14 A11 A10 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 |
Na aula realizarase a lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos, etc. A profesora poderá solicitar a entrega de 1 exercicio escrito individual con estas características. En calquera caso, valorarase a participación do/a estudante/a na aula nestas actividades. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo,
todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.
O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non
puider asistir ás tutorías, deberá pórse en contacto coa profesora a
través do correo electrónico. Na
segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Terán tamén que realizar unha presentación oral de carácter similar á definida para o resto do alumnado e para a que se fixará día e hora no mes de xullo.
A cualificación de Non Presentado/a existirá cando a alumna ou o alumno non asistir, ao menos, ao 50% das sesións presenciais e non realizar, ao menos, o 50% das probas-actividades previstas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). .
(). .
VV. AA. (1996). Historia da Literatura Galega (vols. 1 e 2). Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia
Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega contemporánea (problemas de método e interpretación). Vilaboa: Edicións do Cumio |
Biblioteca dixital do CSBG: http://www.csbg.org/prensagalega/index.asp
Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es
Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org:80/Hemeroteca/Revistas.do?letter=none; http://www.realacademiagalega.org:80/RAGBibVir/MainPage.do
Estas referencias son de obras de consulta e/ou de carácter xeral. Na aula proporcionarase bibliografía específica para cada tema.
Obras de lectura obrigada:
A gaita gallega de J. M. Pintos.
"Conto gallego" de Rosalía de Castro.
Follas novas de Rosalía de Castro.
Aires da miña terra
O divino sainete de Manuel Curros Enríquez.
Selección de poemas de Eduardo Pondal.
O catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal.
O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro.
Esta selección de textos poderá completarse puntualmente con outras lecturas realizadas ou presentadas na aula. |
Bibliografía complementaria
|
|
Beramendi, X. e Núñez Seixas, O nacionalismo galego, A Nosa Terra, Vigo, 1994.
Carballo Calero, R., Estudos rosalianos. Aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro, Galaxia, Vigo, 1979.
Castro, Rosalía de, El caballero de las botas azules, Lieders, Las Literatas, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 2006.
Davies, C., Rosalía de Castro no seu tempo, Galaxia, Vigo, 1987.
Forcadela, M., A poesía de Eduardo Pondal, O Cumio, Vigo, 1995.
Freire Lestón, X. V., A actividade editorial en Galicia (1850–1936). Apuntamentos para unha historia do libro galego, O Cumio, Vigo, 1997.
García Negro, María Pilar: O clamor da rebeldía: Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, Sotelo Blanco, Santaigo de Compsotela, 2010.
García Negro, María Pilar: Cantares gallegos, hoxe. Para unha lectura actualizada de Rosalía de Castro, Alvarellos, Santiago de Compostela, 2013.
Hermida, C., Os precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992.
Pociña, A. e López, A., Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Laiovento, Santiago de Compostela, 2000.
Rodríguez, F., Análise sociolóxica da obra de Rosalia de Castro, AS-PG, Vigo, 1989.
Rodríguez, Francisco: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, AS-PG, A Coruña, 2011.
Esta selección bibliográfica completarase con bibliografía específica sobre cada tema que a profesora proporcionará na aula. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Literatura Galega Contemporánea 2/613G02036 |
|
Observacións |
Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.es. |
|