Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, no traballo tutelado deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.
Tanto a presentación oral, como o resultado das lecturas, como o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.
O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto coa profesora a través do correo electrónico.
Así mesmo, a principio de curso, deberán definir coa profesora o traballo tutelado que deberán desenvolver.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.