Discusión na aula de textos con exercicios escritos acadará ata un 25% da cualificación final.
O traballo de 500-700 palabras acadará un 10 por cen da cualificación final. O segundo traballo de 1000-1200 palabras acadará 20 por cen da cualificación final.
O exame final (proba obxectiva) comprende toda materia. Esta proba acadará o 30 por cen da cualificación final.
Presentación oral, glosario e análises de fontes documentais acadará o 15 por cen da cualificación final.
Todo traballo avaliado debe acadar como mínimo 4/10. Debe realizar como mímo o 50 por cen do traballo requerido no exame final. Se suspende o exame final ou as outras partes, éstas deberán repetirse no exame de xullo.
Aqueles alumnos oficialmente matriculados a tempo parcial que teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de esta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios establecidos para a segunda oportunidade de xullo.