Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Administración de Sistemas I Código 614473010
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Correo electrónico
emilio.padron@udc.es
Profesorado
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Rodriguez Osorio, Roberto
Correo electrónico
emilio.padron@udc.es
roberto.osorio@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno as competencias básicas para despregar e administrar de forma efectiva un sistema informático en computación de altas prestacións. Para isto introducirase ao estudante nos fundamentos hardware e software destes sistemas, especialmente no relativo aos sistemas operativos, servizos en rede, arquitecturas de almacenamento, redes de interconexión e software base para contornos HPC e HTC.

Ademais, preténdese preparar ao estudante para:
(1) o desenvolvemento de proxectos de equipamento de sistemas en contornos singulares de altas prestacións,
así como
(2) a participación no despregue de ditas infraestructuras.

A xestión básica destes contornos, con especial atención na xestión dos usuarios, monitorización, política de backups e seguridade e xestión da configuración, constitue o groso da actividade dun administrador de sistemas, polo que se lle presentará ao alumno os coñecementos básicos sobre estas actividades.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor AI9
CM2
Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas AI9
AI10
BI4
BI10
CM2
CM3
CM6
Implantación de políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade dun sistema AI10
AI11
BI8
BI10
CM1
CM2
CM3
CM6
Saber resolver incidencias básicas na operativa da administración de sistemas AI9
AI10
AI13
BI2
BI4
BI10
CM2
CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á administración de sistemas 1. Sistemas e servidores
2. Software de sistema
3. Usuarios e roles
4. O papel do administrador de sistemas
2. Administración básica do sistema 1. Xestión da árbore de directorios
2. Xestión básica dos usuarios
3. Xestión dos procesos
4. Xestión básica da rede
5. Xestión xeral do sistema
6. Servizos de impresión
3. Políticas de seguridade e backups 1. Sistemas informáticos seguros
2. Copias de respaldo: política de backups
4. Xestión avanzada de usuarios e recursos do sistema 1. Servizos de directorio (LDAP) e listas de control de acceso (ACLs)
Contidos prácticos 1. Configuración e compilación dun kernel Linux
2. Configuración e mantemento dun sistema de almacenamento baseado en RAID e LVM
3. Implantación da xestión de backups con Amanda
4. Xestión de usuarios e recursos con LDAP

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 A10 7 14 21
Prácticas de laboratorio A11 A13 B2 B4 B8 B10 C1 C2 C3 C6 14 38 52
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A metodoloxía docente desta materia compende varias sesións de clase maxistral, nas que se presentarán os contidos a traballar. Nas clases favorecerase a participación proactiva do alumno, así como a adquisición de coñecemento dun xeito crítico.
Prácticas de laboratorio Os contidos da materia traballaranse de forma aplicada en sesións de laboratorio, nas que se desenvolverán os contidos prácticos da materia. Dada a variedade de aspectos a desenvolver nas distintas actividades, traballarase en grupos pequenos (2-3 alumnos) buscando xerar sinerxias na aprendizaxe e na adquisición de destrezas tendo en conta os distintos perfiles e intereses que poden presentarse.

O traballo nesta materia requerirá dunha exhaustiva documentación do equipamento co que traballar, e dos servizos e aplicacións a implantar e configurar, co que o acceso a internet e a bibliografía especializada é imprescindible. Porén, as competencias a adquirir son consecuencia directa da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, co que se porá especial énfase na practicidade das discusións durante as clases maxistrais e na utilización dunha metodoloxía de evaluación continuada que prime o esforzo nas actividades máis aplicadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio antóxase imprescindible para dirixir aos estudantes no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e evaluar o traballo realizado polo alumnado nas distintas fases do seu desenvolvemento ata chagar á súa finalización.

Por outra banda, recoméndase a asistencia a titorías como un mecanismo adicional de axuda.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A11 A13 B2 B4 B8 B10 C1 C2 C3 C6 Realización das prácticas da materia 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Aeleen Frisch (2002). Essential System Administration (3rd Ed.). O'Reilly
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein (2006). Linux Administration Handbook (2nd Ed.). Prentice Hall
Steve Shah (2001). Manual de Administración de Linux. MC Graw Hill
Evi Nemeth, Garth Snyder, Scott Seebass, Trent R. Hein (2000). UNIX System Administration Handbook (3rd Ed.). Prentice Hall

Bibliografía complementaria Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein (2007). La biblia de: Administración de sistemas Linux. Anaya Multimedia
Angie Nash, Jason Nash (2001). LPIC 1 Certification Bible. Wiley/Hungry Minds
Thomas A. Limoncelli, Christina J. Hogan, Strata R. Chalup (2007). The practice of System and Network Administration (2nd Ed.). Addison-Wesley Professional
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein, Ben Whaley (2010). UNIX and Linux System Administration Handbook (4th Ed.). Prentice Hall

O libro «UNIX and Linux System Administration Handbook» ven a ser un compendio de dous dos libros da bibliografía básica, cos que ten tres autores en común. Incluimos tamén neste epígrafe de bibliografía complementaria a versión en castelán dun deses libros: «La biblia de: Administración de sistemas Linux»


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Administración de Sistemas II/614473011
Administración de Instalacións de Supercomputación/614473012

Observacións

Recoméndase dispor de acceso a un ordenador persoal fóra das horas presenciais para un óptimo seguimento do curso.

Facilitarase a entrega de prácticas fora das horas de clase para un seguimento non-presencial da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías