Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A4 |
Que os alumnos aprendan as técnicas de dirección de organizacións públicas e de empresas do sector turístico |
A7 |
Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan ás innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor |
A8 |
Planificar novos destinos e produtos turísticos |
A10 |
Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización |
A11 |
Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B8 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B9 |
Traballar de forma colaboradora. |
B11 |
Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico. |
B14 |
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Describir a situación actual e as tendencias futuras no mercado do turismo de reunións e convencións.
|
AC7
|
BC2
|
|
Identificar os axentes ou entes implicados no desenvolvemento do turismo de reunións e convencións.
|
AC4
|
|
|
Planificar novos produtos turísticos para reunións e convencións.
|
AC7 AC8 AC10
|
BC11 BC14
|
CC3
|
Aplicar os pasos a seguir para organizar un congreso nos seus diferentes aspectos.
|
AC10 AC11
|
BC2 BC8 BC9 BC11
|
CC5
|
Evaluar a importancia da mercadotecnia de destinos e produtos no turismo de negocios e reunións. |
AC7 AC10
|
BC11
|
|
Aplicar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización de produtos turísticos para reunións e convencións. |
AC10
|
|
CC3
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
TEMA 1: INTRODUCIÓN AO TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS |
1.1. DEFINICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DO TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS
1.2. SITUACIÓN ACTUAL E TENDENCIAS DO MERCADO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS
1.3. O TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS EN ESPAÑA, GALICIA E CORUÑA: ANÁLISE DA OFERTA E DEMANDA
|
TEMA 2: ESTRUTURAS ORGANIZATIVAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS |
2.1. OS CONVENTION BUREAU
2.2. EMPRESAS OPC: ESTRUTURA E FUNCIÓNS
2.3. AXENCIAS DE EVENTOS
2.4. AXENCIAS DE COMUNICACIÓN
2.5. PROVEDORES DE SERVIZOS: ANIMACIÓN, CATERING, AXENCIAS DE VIAJES,…
2.6. PAZOS DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS
2.7. RECINTOS FEIRAIS
2.8. ASOCIACIÓNS E OUTROS AXENTES IMPLICADOS: MEDIOS DE COMUNICACIÓN, ADMINISTRACIÓN, TRANSPORTES.. |
TEMA 3: O CONGRESO, A CONVENCIÓN E OUTRAS TÉCNICAS DE NEGOCIO E REUNIÓN ASOCIADAS AO MUNDO DA EMPRESA TURÍSTICA |
3.1. OBXECTIVOS E FUNCIÓNS.
3.2. CARACTERÍSTICAS: CONTIDOS E PROGRAMA; TEMPORALIDADE; DESTINATARIOS; DIFUSIÓN; INTENSIDADE; REQUISITOS INTERNOS; CORPORATIVIDADE; ACCIÓNS PARALELAS
|
TEMA 4: A ORGANIZACIÓN DUN CONGRESO |
4.1. FASES E DESENVOLVEMENTO
4.2. PREPARACIÓN E ORGANIZACIÓN
4.3. COMERCIALIZACIÓN E DIFUSIÓN
4.4. EXECUCIÓN E CONTROL |
TEMA 5: A APLICACIÓN DO MARKETING DE DESTINOS E PRODUTOS AO TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS |
5.1. QUE DEBE FACER UN DESTINO PARA TER ÉXITO NESTE TIPO DE TURISMO
5.2. PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS
5.3. A IMPORTANCIA DA IMAXE E O POSICIONAMENTO PARA O TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A7 C3 |
21 |
0 |
21 |
Workbook |
B8 B2 |
4 |
8 |
12 |
Supervised projects |
A8 A10 A11 B9 B11 B14 C5 |
15 |
20 |
35 |
Oral presentation |
B7 |
1 |
0 |
1 |
Field trip |
A4 |
3 |
0 |
3 |
|
Personalized attention |
|
3 |
0 |
3 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe |
Workbook |
Facilitaranse como máximo aos alumnos dous textos ou lecturas de carácter obrigatorio como complemento ás sesións maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno e resolver as cuestións que se formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán.
As lecturas deberán ser desenvolvidas tanto polos alumnos da modalidade presencial coma polos da non presencial. Estas consideraranse na avaliación final da materia, polo que é importante que todos os alumnos as entreguen. |
Supervised projects |
Para o caso de modalidade presencial:
Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno deberá ser capaz de organizar un congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán crearse entre dous e tres grupos de traballo.
Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así como o seguimento do labor levado a cabo polos diferentes grupos.
Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas.
Para o caso de modalidade non presencial:
A elaboración do traballo será individual, salvo que alguén desexe formar grupos virtuais con outros alumnos da súa mesma modalidade, o cal deberá comunicalo coa suficiente antelación á profesora.
Para os alumnos desta modalidade o traballo terá o mesmo contido que no caso da modalidade presencial.
Os alumnos non presenciais tamén serán tutorizados de forma continua e farase un seguimento do seu traballo de forma individual ou colectiva, segundo sexa o caso.
Poderán expoñer o seu traballo utilizando para iso os medios audiovisuais que sexan posibles e esteñan ao alcance de todos.
|
Oral presentation |
Os diferentes membros do grupo, ou os alumnos de forma individualizada deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final. |
Field trip |
Saídas externas para coñecer in situ o funcionamento de empresas relacionadas coa organización de eventos. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Workbook |
Supervised projects |
|
Description |
Os diferentes membros do grupo, ou os alumnos de forma individualizada poderán consultar as dúbidas correspondentes ao desenvolvemento das lecturas e do traballo tutelado.
Os horarios de clase son os seguintes:
Semana do 1 ao 5 de Febreiro
De 18:15 a 20:30 horas
Semana do 10 ao 12 de Febreiro
De 16:00 a 18:15 horas
As Titorías realizaranse por teléfono, por correo electrónico ou de forma presencial, nas seguintes semanas:
Un día durante a primeira semana de clase.
Un día durante a segunda semana de clase.
Un día durante a terceira semana de febreiro.
Dous días durante a terceira semana de marzo.
Lugar Titorías:
Facultade de Economía e Empresa, Despacho: 219A
Teléfono: 981.167.000, Extensión: 2592
Correo electrónico: magdalena.rodriguez@udc.es |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Workbook |
B8 B2 |
Neste caso propóñense como máximo dous artigos ou lecturas obrigatorias, cuxos alumnos de ambas as dúas modalidades (presencial e non presencial) deberán ler, comentar, opinar e responder a unha serie de cuestións que se formulen nestas.
As devanditas lecturas deberán ser desenvolvidas por todos os alumnos de xeito individual, as cales supoñerán un 10% na cualificación final da materia, sempre que se cumpran unha serie de requisitos, entre os cales se encontran, calidade de redacción, opinión contrastada, utilización de fontes bibilográficas, etc.
O prazo de entrega das devanditas lecturas farase a cuarta semana do mes de febreiro. |
10 |
Supervised projects |
A8 A10 A11 B9 B11 B14 C5 |
Avaliación contínua do traballo realizado ao longo da materia. O desenvolvemento do traballo ben sexa en grupo (modalidade presencial) ou individualizado (modalidade non presencial) representará o 80% da nota final.
Na devandita valoración teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Orixinalidade
2) Aplicación de fundamentos
3) Calidade da redacción
4) Utilización de fontes bibliográficas
Para superar a materia, é necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% no traballo tutelado.
A entrega do traballo tutelado farase durante a terceira semana do mes de abril. |
70 |
Oral presentation |
B7 |
O grupo (modalidade presencial) ou alumno de forma individual (modalidade non presencial) deberá expoñer o seu traballo, empregando para iso os medios audiovisuais que poidan e esteñan ao seu alcance.
É necesario entregar a presentación do traballo en power point ou en calquera outro formato similar.
A presentación suporá o 20% da nota final da materia onde de forma individualizada valoraráse en cada alumno esa porcentaxe tendo en conta os seguintes aspectos:
1) Calidade da presentación
2) Precisión e claridade da exposición e das respostas.
No caso de modalidade presencial todos os integrantes do grupo deberán expoñer unha parte do traballo dado que a nota da presentación oral será otorgada de forma individualizada a cada alumno.
No caso de que un alumno de modalidade non presencial non puidese expoñer o seu traballo, valorarase a presentación en power point, tendo en conta a calidade da presentación e a precisión e claridade nas respostas ás preguntas que a profesora lle formule posteriormente.
|
20 |
|
Assessment comments |
Nota:
Os alumnos de modalidade
non presencial poderán formar grupos de traballo con alumnos da súa
mesma modalidade, sempre e cando llo notifiquen previamente ao profesor e
este o considere oportuno.
A revisión das cualificacións da primeira oportunidade realizaranse durante a terceira semana de abril.
O
sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para a oportunidadade de
Xullo. De modo que o alumno deberá entregar as lecturas correspondentes e
o traballo.
A entrega de traballos e lecturas na segunda
oportunidade realizaranse na terceira semana do mes de xullo e a revisión
das cualificacións farase na cuarta semana do mes de xullo.
|
Sources of information |
Basic
|
KIRANT, O; IÇÖZ, O (2010). A Model Proposal on the Use of Creative Tourism Experiences in Congress Tourism and the Congress Marketing Mix. PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural,Vol. 8(3) Special Issue págs. 105-113.
GARCÍA, J.M.; SUCH M.J (2010). Influencia de los mega-eventos en la oferta alojativa de un destino: los juegos olímpicos. Análisis Turístico 10 2º semestre, pp. 45-55
RODRÍGUEZ, M.M (2015). Material básico para el seguimiento de las sesiones magistrales.
BUENDÍA, J.M. (2009). Organización de Reuniones, Convenciones, Congresos y Seminarios. México, Trillas
LÓPEZ, D. et al (2008 ). Turismo de negocios y reuniones. Congresos, convenciones e incentivos,. Valencia, Tirant lo Blanch |
|
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|