Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Proxectar e desenvolver metodolóxica e tecnicamente investigacións etnográficas baseadas na observación participante e/ou en instrumentos alternativos ou complementarios a esta |
A16 A26 A27
|
B9 B20 B27
|
C6
|
Proxectar e realizar entrevistas etnográficas orientadas á identificación e interpretación de problemas, procesos emerxentes ou fenómenos socioculturais |
A12 A16 A26
|
B20 B27
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1º. O TRABALLO DE CAMPO
EN ETNOGRAFIA ANTROPOLOGICA
TEMA 2º. A OBSERVACIÓN PARTICIPANTE
TEMA 3º. INVESTIGACIÓN-ACCIÓN E OUTRAS ESTRATEXIAS DE OBSERVACIÓN
TEMA 4º. A ENTREVISTA EN ETNOGRAFÍA E AS NARRATIVAS LOCAIS. INTERPRETAR TEXTOS E ACCIÓNS RITUAIS.
TEMA 5º. OUTROS METODOS COMPLEMENTARIOS. FONTES E REXISTROS.
TEMA 6º. PROCESO DE ANALISIS E ESCRITURA ETNOGRÁFICA |
DO TEMA 1º. O traballo de campo: identificación e comprensión da complexidade sociocultural a través da experiencia convivencial prolongada.. A etnografía como proceso interactivo e reflexivo. O deseño e as reconsideracións da investigación. Fases do traballo de campo.
DO TEMA 2º. Participar para observar e aprender a observar. Vantaxes da o.p. e inconvenientes. Acceso ao campo e relacións. A dispoñibilidade e a redución da reactividade. Técnicas e estratexias na o.p. A etnografía multisituada ante os procesos da globalización. O rexistro e organización da información: útiles e procedementos.
DO TEMA 3º La participación observante.
Outras estratexias de observación.
Investigación-acción participativa, ou "colaboración participante".
Orientacións e lóxicas destas prácticas de investigación.
O estudo de caso en etnografía.
DO TEMA 4º. As narrativas e o seu rexistro. Discursos e narratividade. Interpretar textos e representacións. A entrevista etnográfica na era da globalización. Indagación dos valores e coñecementos. Tipos de entrevistas segundo obxectivos de investigación. Estruturas e estratexias do proceso de entrevista.
DO TEMA 5º. O método biográfico en antropoloxía. O método xenealóxico. Documentos e rexistros de interese etnográfico, e técnicas para o seu aproveitamento. Fichas persoais e fichas domésticas. A fotografía e o filme etnográfico.
DO TEMA 6º. Análise interpretativa dos datos en antropoloxía. A etnografía como produto: escritura antropolóxica e redacción de informes. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A12 A16 A27 B20 |
20 |
23 |
43 |
Discusión dirixida |
B9 B27 |
10 |
45.5 |
55.5 |
Traballos tutelados |
A26 A27 C6 |
5 |
5 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Explicación polo profesor dos contidos da materia na aula. Complementarase con materiais visuais de apoio -presentacións en Power Point, e con proxeccións de filmes etnográficos. O obxectivo destas sesións será o coñecemento, polo alumno, das técnicas e métodos etnográficos e da análise do discurso cultural, as súas utilidades e aplicabilidade; así como estimular debates participativos. O alumno deberá asistir polo menos aos 2/3 das sesións. |
Discusión dirixida |
Comentario e debate, durante a segunda parte de cada sesión, de materiais textuais -artigos de revistas, capítulos de libros, concernentes aos pormenores, problemas e aplicación práctica de diferentes técnicas de investigación de utilidade etnográfica. O obxectivo da discusión será o desenvolvemento polo alumno dunha capacidade crítica e unha conciencia da diversidade cultural, así como o recoñecemento da complexidade dos problemas socioculturais e a necesidade de adecuar os instrumentos de investigación etnográficos aos casos de estudo específicos. |
Traballos tutelados |
Concíbese como unha proba práctica que se irá realizando ao longo do curso. Consistirá nun traballo de curso desenvolvido mediante a práctica da observación participante ou multisituada, a entrevista semiestruturada, a análise dun caso de narrativa popular, e/ou o ensaio do rexistro e a interpretación 'técnica' dunha historia de vida. O seu obxectivo é que o alumno desenvolva coñecementos e habilidades na proxección básica da investigación etnográfica, no emprego das técnicas de traballo de campo, e se exercite sobre o terreo en valorar criticamente o coñecemento, técnicas e información dispoñibles para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada realizarase de xeito individual nas prácticas tuteladas (Traballos tutelados) e nas titorías sobre contidos teóricos cando o proceso de aprendizaxe e os problemas suscitados polas prácticas así o requiran. Tamén parte das sesións maxistrais pode canalizarse cara á discusión personalizada de problemas específicos suscitados nos temas expostos cando a ocasión o precise. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A12 A16 A27 B20 |
Valorarase a asistencia activa e participativa ás sesións do curso. O alumno deberá asistir polo menos los2/3 das sesións. |
10 |
Traballos tutelados |
A26 A27 C6 |
Avaliarase un traballo individual de curso (entrevista semiestruturada, analizar un caso de narrativa popular, e/ou ensaiar o rexistro e a interpretación 'técnica' dunha historia de vida). Este traballo supón un 60% da cualificación |
60 |
Discusión dirixida |
B9 B27 |
Será criterio de avaliación a participación activa na preparación e exposición de textos sobre metodoloxía etnográfica aplicada a estudos de caso específicos, así como na subseguinte discusión dos devanditos materiais nas sesións de clase. A avaliación individual desta metodoloxía supoñerá un 30% da cualificación. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para a avaliación da 2ª oportunidade, esixirase a realización do traballo tutelado, ou a súa ampliación se é o caso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ellen, R.F., ed. ((1984)). Ethnographic Research. A Guide to General Conduct.. London, Academic Press
González, A. ((1990)). Etnografía y comparación. La investigación intercultural en Antropología.. Barcelona, Bellaterra
Hammersley, M. / Atkinson ((1994) ). Etnografía. Métodos de investigación. Barcelona, Paidos
Hammersley, M. / Atkinson ((1994)). Etnografía. Métodos de investigación.. Barcelona, Paidos
Taylor, S.J./ R. Bogdan ((1986)). Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Barcelona, Paidos
Taylor, S.J./ R. Bogdan ((1986)). Introducción a los métodos cualitativos de investigación.. Barcelona, Paidos
Velasco, H. /Díaz de rada, A. ((1997)). La lógica de la investigación etnográfica.. Madrid, Trotta
Sanmartin, R. ((2003)). Observar, escuchar, comparar, escribir. La práctica de la investigación cualitativa.. Barcelona, Ariel
Sanmartin, R ((2003) ). Observar, escuchar, comparar, escribir. La práctica de la investigación cualitativa. . Barcelona, Ariel
Rabinow, P. ((1992)). Reflexiones sobre un trabajo de campo en Marruecos.. Madrid, Júcar
VV.AA ((2000)). Revista de Antropología social, nº 9. Madrid. Universidad Complutense
Fardon, R.; O. Harris, T.H.J. Marchand & al. ((2012)). Social Anthropology.Vol. 2, Part 3: Methods. London, Sage
Sanmartín, R. ((2007)). “El trabajo de campo”, Cap. III de Lisón, C., ed. Introducción a la antropología social y cultural. Teoría, método y práctica.. Madrid, Akal. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Antropoloxía social e cultural/615G01102 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Risco, cultura e medio ambiente/615G01417 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|