Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A13 |
CE13 - Levar a cabo automatizacións de procesos e instalacións marítimas. |
A16 |
CE16 - Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores, no ámbito da súa especialidade. |
A53 |
Realizar operacións de mantemento e explotación óptima de instalacións marítimo - industriais. |
B2 |
CT2 - Resolver problemas de forma efectiva. |
B4 |
CT4 - Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B8 |
CT8 - Versatilidade. |
B9 |
CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións. |
C3 |
C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C9 |
CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo |
C10 |
CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e poseer competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos |
C11 |
CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
C12 |
CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
C13 |
CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer o concepto de algoritmo e os métodos básicos para representalos: pseudocódigo e diagramas de fluxo. |
|
B2
|
C3
|
Deseñar algoritmos para resolver problemas de complexidade pequena a media |
|
B2 B8
|
|
Coñecer os principios básicos da programación estructurada |
|
B2
|
C3
|
Coñecer os principais elementos da linguaxe de programación C |
A13
|
B2 B8
|
C3
|
Implementar algoritmos utilizando a linguaxe de programación C e aplicando os principios da programación estructurada |
A13 A16 A53
|
B2 B4 B8 B9
|
C3 C9 C10 C11 C12 C13
|
Coñecer as estructuras de datos básicas (vectores, cadeas de caracteres, matrices e listas) |
|
|
C3
|
Escoller e aplicar as estructuras de datos mais adecuadas para a resolución dun problema |
A13
|
B2 B8
|
C3
|
Coñecer as librarías estándar mais importantes de C |
|
B8
|
C3
|
Integrar e utilizar funcións desenvolvidas en C desde a contorna Matlab |
A13 A53
|
B2 B8
|
C3 C10
|
Manexar as funcionalidades básicas proporcionadas por unha contorna de desenvolvimento integrada (IDE): editor, compilador, depurador, etc. |
|
B8
|
C3
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Tema 1. Introdución á programación |
Algoritmos e programas. Paradigmas e linguaxes de programación. Fases no desenvolvimento e execución dun programa. Contornas de desenvolvimento integradas (IDEs). Especificación de algoritmos: pseudocódigo, diagramas de fluxo. Construcións básicas para a especificación de algoritmos. Exemplos de algoritmos para a resolución de problemas sinxelos. Ferramentas para a interpretación automática de algoritmos. |
Tema 2. Fundamentos da linguaxe C |
Historia e características da linguaxe C. Estructura básica dun programa C. Comentarios, sentencias, identificadores e palabras reservadas. Introdución á E/S estándar. Biblioteca estándar de C. O preprocesador. Exemplo de programa C. Compilación, execución e depuración dun programa C. |
Tema 3. Elementos básicos da linguaxe C |
Tipos de datos primitivos. Constantes e Variables. Operadores aritméticos e lóxicos. Regras de precedencia entre operadores. Expresións aritméticas e lóxicas. Conversións de tipo. Tipos de datos e E/S estándar. |
Tema 4. Estruturas de control |
Secuencia de instrucións ou bloque. Estruturas de selección: sentencias if-else e switch. Estruturas de iteración: sentencias for, while e do-while. Exemplos de algoritmos sinxelos. |
Tema 5: Vectores e matrices |
Declaración e inicialización estática de vectores e matrices. Percorrido e pesquisa en vectores mediante índices. Algoritmos básicos de ordenación de vectores. Operacións con matrices e vectores. |
Tema 6: Cadeas de caracteres |
Declaración e inicialización estática de cadeas de caracteres. Manexo de cadeas de caracteres mediante índices. Cadeas de caracteres e E/S estándar. Funcións da biblioteca estándar para o manexo de cadeas de caracteres. |
Tema 7: Estruturas |
Concepto de estrutura. Definición e inicialización de estruturas en C. Operadores de acceso a membros dunha estrutura. Vectores de estruturas. |
Tema 8: Punteiros |
Conceptos básicos sobre direcionamento de memoria. Declaracion e inicialización de punteiros. Operadores de dirección e indirección. Aritmética de punteiros. Reserva e liberación dinámica de memoria. Declaración e inicialización dinámica de vectores e cadeas de caracteres. Manexo de vectores e cadeas de caracteres mediante punteiros. |
Tema 9: Funcións |
Principios e vantaxes da programación estruturada e a descomposición modular. Funcións na linguaxe C. Paso de parámetros a unha función: paso por valor e referencia. Paso de vectores a unha función. Paso de parámetros á función main. Funcións recursivas. |
Tema 10: Ficheiros |
Introdución aos ficheiros en C. Operacións básicas con ficheiros. Ficheiros de texto. Ficheiros binarios. Acceso aleatorio a ficheiros. Ficheiros de estruturas. |
Tema 11: Listas |
Estruturas dinámicas de datos. Concepto de lista. Inicialización dinámica e acceso a membros dunha estrutura mediante punteiros. Creación dunha lista simple. Operacións de percorrido, pesquisa, inserción e eliminación en listas. |
Tema 12: C e Matlab |
Uso de funcións C desde MATLAB. Compilación de programas MATLAB a C. Uso de funcións MATLAB desde programas C. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
B9 C3 C9 C11 C12 |
21 |
0 |
21 |
Problem solving |
A13 A16 A53 B2 B4 B8 C10 C13 |
21 |
84 |
105 |
Objective test |
B2 B4 B8 C9 C10 C11 C12 C13 |
3 |
18 |
21 |
|
Personalized attention |
|
3 |
0 |
3 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumno ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercícios ou tutoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade. |
Problem solving |
As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumno. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso, e usarase tanto no aula coa presenza do profesor como no traballo non presencial do alumno. Unha parte importante do traballo con problemas será a implementación de pequenos programas en C, nos que o alumno poña en práctica os coñecementos aprendidos e comprobe como lle permiten solucionar problemas reales. |
Objective test |
Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba escrita, que constará de cuestións teóricas e problemas. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Problem solving |
|
Description |
SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: A atención personalizada realizarase no aula resolvendo ás dubidas prantexadas polo alumno durante a resolución autónoma de problemas.
ATENCIÓN PERSONALIZADA: Realizarase nos horarios de titorías establecido a comezo de curso e posto en coñecemento do alumno polos medios apropiados no centro e na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.
Ademais o profesor resolverá as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico ou foros creados a tal efecto na plataforma de teleaprendizaxe da universidade. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Problem solving |
A13 A16 A53 B2 B4 B8 C10 C13 |
Esta será a metodoloxía utilizada durante o curso para realizar a avaliación continua do alumnado. Semanalmente o profesor prantexará diferentes problemas que o alumno terá que resolver aplicando os conceptos do temario tratados nesa semana. |
40 |
Objective test |
B2 B4 B8 C9 C10 C11 C12 C13 |
Ao final do cuadrimestre se realizará unha proba consistente na resposta a preguntas teóricas e a resolución de exercicios do mesmo tipo que os prantexados nas sesións de problemas durante o cuadrimestre. |
60 |
|
Assessment comments |
O alumno ten dúas posibilidades de avaliación:
1. A avaliación continua. Mediante esta via, o alumno ten a posibilidade de obter ata un 40% da nota final mediante a solución dos problemas prantexados semanalmente durante o cuadrimestre. O 60% restante virá da nota que obteña na proba obxectiva. A nota que o alumno obteña na avaliación continua só se terá en conta se supera un mínimo de problemas correctamente solucionados. Ademais, no caso de superar ese mínimo, esta nota gardarase para o exame da convocatoria de xullo.
2.A avaliación mediante proba obxectiva. Esta via se aplicará cando o alumno non opte á posibilidade da avaliación continua. Neste caso o 100% da nota virá da proba obxectiva e non se garda nenguna nota para a convocatoria de xullo.
|
Sources of information |
Basic
|
|
- Programación en C. Metodología, algoritmos y estructura de datos (2ª ed). Joyanes Aguilar, Luís; Zahonero Martínez, Ignacio. Ed. McGraw-Hill. 2005. ISBN: 8448198441
- Programación en C. Libro de problemas. Joyanes Aguilar, Luís; Castillo Sanz, Andrés; Sánchez García, Lucas; Zahonero Martínez, Ignacio. Ed. McGraw-Hill. 2002. ISBN: 8448136225
- Problemas resueltos de programación en lenguaje C. García Carballeira, Félix et al. Ed. Thomson Paraninfo. 2002. ISBN: 9788497321020
- Fundamentos de programación. Piensa en C. Osvaldo Cairó. Ed. Prentice Hall. 2006. ISBN: 9702608104
|
Complementary
|
|
- Fundamentos de programación y lenguaje C (3ª ed). María del Carmen Fernández Lameiro, Roberto Romero Restrebada y José María Acebo Rodríguez. Ed. Tórculo Edicións. 2002. ISBN: 8484082172
- Fundamentos de Informatica. Codificación y Algoritmia (2ª ed). Pedro María Alcover Garau. Ed. Universidad Politécnica de Cartagena. 2007. ISBN: 8495781727
- Fundamentos de Informatica. Programación en C. Pedro María Alcover Garau. Ed. Universidad Politécnica de Cartagena. 2006. ISBN: 8495781611
- Aprenda lenguaje C como si estuviera en primero. Javier García de Jalón de la Fuente y otros. Ed. Universidad de Navarra. 1998.
- Programación en C (2ª ed). Byron Gottfried. Ed. McGraw-Hill. Serie Schaum. 2005. ISBN: 844819846801
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos/631G02512 | Automatización con PLCs e Instrumentación Industrial/631G02509 |
|
Subjects that continue the syllabus |
Matemáticas 1/631G02151 | Informática/631G02154 |
|
|