Sesión maxistral |
O temario principal impartirase mediante clases expositivas presenciais nas que buscará a participación do alumnado. Os coñecementos teóricos serán transmitidos en sesións comúns con todos os alumnos, traballando na asimilación dos conceptos e ecuacións fundamentais. Nas sesións de teoría o profesor explicará a materia e preguntará sobre a asimilación de contidos por parte dos alumnos. |
Solución de problemas |
Resolveranse problemas vinculados coa materia do temario tanto na aula como a nivel individual.
Ademais, entregaranse periodicamente boletíns de problemas resoltos a man. |
Prácticas a través de TIC |
Realizaranse traballos de modelización hidráulica cos programas EPANET e HEC-RAS.
Os traballos de ordenador serán realizados por grupos de 2-3 alumnos. Deixaranse en reprografía un resumo das características de cada traballo, cuxa evolución será seguida e guiada polo profesor. |
Proba obxectiva |
Nas datas oficiais e/ou as marcadas polo profesor realizaranse 3 exames sobre os contidos troncais, teóricos e prácticos, da materia. |