Requisito para superar a materia
Para superar a materia é imprescindible obter a metade da
cualificación outorgada a cada unha das dúas actividades que computan na
avaliación
Avaliación das actividades grupais
A cualificación das actividades grupais vai ser ponderada pra cada membro do grupo cos resultados da autoa-avaliación e co-avaliación.
Actividades optativas
Coa realización de actividades optativas poden obterse
até dous puntos.
Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir
as aulas
Aquelas persoas que, por razóns debidamente acreditadas non podan
ter unha asistencia superior ó 85%, poden acollerse a unha modalidade de
avaliación específica. Para poder optar esta modalidade hai
que contactar inmediatamente coa profesora para
concretar as actividades de avaliación e o seu proceso de supervisión e seguimento.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,
o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,
aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013
, que establece “na realización de traballos, o plaxio
e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade"
Os contidos incluídos nos traballos deben estar
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas
APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª
edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se
re-elaboran.
Plaxio
O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será
motivo de suspenso.