Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Investigación e innovación na didáctica das ciencias sociais Código 652513212
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Profesorado
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia afondarase na necesidade de investigar e innovar na didáctica das ciencias sociais. A tal efecto, coñecerase en maior medida o campo que lle é propio ás Ciencias Sociais e a súa didáctica.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
-Adquirir capacidades no ámbito propio da investigación. -Adquirir capacidades en favor da innovación na didáctica. -Recoñecer o campo propio da Didáctica das Ciencias Sociais. -Ligar investigación e innovación coa área da Didáctica das Ciencias Sociais. AP1
AP2
AP3
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP8
BP9
BP11
BP12
BP13
BP14
BP15
CP1
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
-As Ciencias Sociais: especificidade e complexidades. Historia, Xeografía, Antropoloxía, Socioloxía...
-A investigación no ámbito das Ciencias Sociais. As distintas concepcións da investigación e o tratamento das fontes primarias.
-Innovación no ámbito das Ciencias Sociais. A actualización do discurso.
-Didáctica das Ciencias Sociais e innovación. Didáctica, Cienciais Sociais e por que innovar.
-Didácticas das Ciencias Sociais e investigación. Didáctica, Ciencias Sociais e a súa ligazón coa investigación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A7 C6 0 5 5
Lecturas C7 C1 0 5 5
Recensión bilbiográfica B6 B8 B15 0 5 5
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A5 A6 A9 A11 A17 B9 C4 C3 1 9 10
Sesión maxistral A8 A10 A12 B3 15 5 20
Traballos tutelados A3 A13 A14 A15 A16 A18 B2 C8 0 19 19
Discusión dirixida B1 B4 B5 B11 B12 B13 B14 C5 5 5 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición

Disponibilidade de comentar e aclarar dúbidas en horario de titoría (para alén da aula).

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A13 A14 A15 A16 A18 B2 C8 Desenvolverase un traballo titorizado polo docente. 100
 
Observacións avaliación

O/a estudante será avaliado por un traballo tutelado que poderá ser realizado individualmente ou en grupo de dúas ou tres persoas. Para que o alumno/a sexa avaliado únicamente polo traballo tutelado deberá asistir a lo menos a o 80% das sesións presenciais Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais deberá ser avaliado ademais de polo traballo, por unha proba individual. Neste caso os dous ítemes da avaliación (traballo e proba individual) terán unha ponderación do 50% esixíndose en cada unha delas a nota igual ou superior a 5 sobre 10


Fontes de información
Bibliografía básica Pintos Peñaranda, Mª Luz (2009). "Desde lainterdisciplinaridad, modelos de "actitud" crítica y de compromiso ante la historia : la convergencia entre Historia a Debate y la Fenomenología", Historia a Debate, Vol. . A Coruña : Historia a Debate
Sanmartí Puig, Neus (2010). ,“La investigación en Didáctica de las Ciencias¿converge con la de Didáctica de las Ciencias Sociales?” in Metodología de investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales coord. por Rosa María Ávil. Barcelona: APDCS
Sierra Bravo, Restituto (1984). Ciencias sociales: epistemología, lógica y metodología : teoría y ejercicios, . Madrid : Paraninfo
Lizandra Torres Martínez, Lina M. Torres Rivera (1999). Introducción a las ciencias sociales: sociedad y cultura contemporáneas. México : International Thomson Editores
Canals Cabau, Neus González Monfort, Dolors Bosch Mestres (2010). Un proyecto para la investigación, innovación y formación del profesorado en Didáctica de las Ciencias Sociales” , Metodología de investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales , coord. por Rosa . Barcelona: APDCS
Santiestabán Fernández, Antoni (2010). “La formación para la investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales”, in Metodología de investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales coord. por Rosa María Ávila Ruiz, María Pilar Rivero G. Barcelona: APDCS

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño de proxectos interdisciplinares/652513205
Didáctica dos espazos culturais en contextos educativos/652513211
A interdisciplinariedade en contexto/652513203

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías