Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar e deseñar propostas docentes innovadoras nos módulos da especialidade |
AP25 AP26
|
|
CM3 CM6 CM7
|
Comprender e valorar a importancia da innovación e da investigación como ferramentas para a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e para a propia aprendizaxe profesional.
|
|
|
CM6 CM7
|
Analizar e valorar ámbitos de innovación e investigación no centro de prácticas. |
AP25 AP26
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Innovación nos modulos e materias da especialidade de FOL
|
1.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. TICs e innovación docente
1.3. Experiencias innovadoras con TICs
1.4. A educación mediática e a integración da perspectiva de xénero como ámbitos de innovación.
|
Tema 2. Proxectos de investigación no ámbito docente e orientador de Formación e Orientación Laboral |
2.1O papel do profesorado de FOL nos estudos de inserción laboral
2.2.Os estudos de inserción laboral: obxectivos, metodoloxía e instrumentos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A25 A26 C7 |
4 |
11 |
15 |
Presentación oral |
C3 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
A25 |
3 |
0 |
3 |
Portafolios do alumno |
A25 A26 C3 C6 C7 |
0 |
5 |
5 |
Traballos tutelados |
A26 A25 C6 |
6 |
15 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Busca e análise de experiencias anovadoras e de pesquisas de investigación aplicables a función docente e orientadora do profesorado de FOL
Busca e utilización de bibliografía específica para a fundamentación e deseño dun proxecto de anovación ou pesquisa.
|
Presentación oral |
Das experiencias innovadoras analizadas e do proxecto de innovación ou pesquisa deseñados
|
Sesión maxistral |
Para a presentación e síntese das temáticas que se abordan na materia |
Portafolios do alumno |
As mesmas características que na materia Inserción e orientación laboral |
Traballos tutelados |
Deseño dun proxecto innovador ou dun proxecto de investigación. Esta actividade é grupal e debe de desenvolverse baixo os principios do traballo colaborativo |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como obxectivo proporcionar a axuda e orientacións necesarias para unha boa relización dos traballos tutelados. É obrigatoria a asistencia a unha titoria.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A25 A26 C3 C6 C7 |
Informe de aprendizaxe no que o alumnado dará conta das aprendizaxes adquiridas. |
50 |
Presentación oral |
C3 |
Exposición do traballo tutelado |
10 |
Traballos tutelados |
A26 A25 C6 |
Análise e deseño dun proxecto de innovación ou investigación (actividade grupal) |
40 |
|
Observacións avaliación |
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL - Como máis tardar, na segunda sesión de clase, todo o alumnado ha de actualizar o seu perfil na plataforma de moodel, na que hai que pendurar unha foto actual.
ASISTENCIA- A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
- O alumnado con asistencia regular que non acudira a unha aula na que se realizase algunha actividade debéraa de facer individualmente e entregala na seguinte sesión.
- Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha
cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia
xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación
desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame
teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas
actividades. - Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial
poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto,
cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do
inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación
e o proceso de supervisón e seguemento .
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: - Cartafol individual (5 puntos)
- Presentación oral (1 puntos)
- Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no cartafol individual e nas actividades grupais. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas (cartafol individual e tarefas grupais).
- O portafolio do alumnado é unha actividade individual e ha de conter os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, utilizando como criterios os resultados de aprendizaxe da materia)
- Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que afondar...
- Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e nomeadamente coas materias do itinerario de FOL.
- Aplicación na elaboración do TFM
- Aportacións para a observación e análise durante o Practicum
- Balance de competencias profesionais e ámbitos nos que seguir formándose.
- Elaboración dun glosario de termos e un mapa conceptual dos contidos da materia.
- Relación co resto das materias do módulo específico.
- Valoración e reflexión da propia presentación oral.
CARTAFOL GRUPAL - Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un cartafol grupal que ha de incluir:
- As actividades realizadas en grupo e unha reflexión/valoración sobre as aprendizaxes adquiridas.
- As fichas de auto-avaliación e co-avaliación das tarefas grupais e do funcionamento do grupo.
- Número e obxectivos das reunións realizadas.
- Balance sobre o funcionamento do grupo (cambios introducidos para a súa mellora do funcionamento do grupo, fortalezas e debilidades).
- Valoración argumentada das presentacións orais do resto dos grupos.
- Para cualificar as actividades grupais tense en conta a autoavaliación e coavaliación realizada entre e polas persoas do grupo. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación serán fixados en colaboración co alumnado.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Ausencia de citación de fontes - As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
- Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.
Plaxio - O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso.
Falsificar unha sinatura - Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. A avaliación da oportunidade de xuño será non presentado.
NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
- Valoración e reflexión sobre a propia presentación oral.
- Para avaliar a presentación oral tamén nos imos valer da co-avaliación e auto-avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Instituto de Tecnologías Educativas (). . http://www.ite.educacion.es/
Rosa Cobo, C. (2010). Innovación educativa e historia de las relaciones e género.. Valladolid: Universidad de Valladolid.
Navas Baena, R. (2010). Investigación e innovación en el aula.. Granada: Ada.
EDUCAWEB (). Premios Educaweb Orientación Académica y Profesional. http://www.educaweb.com/premios/ediciones/
INTEF. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (). Red de buenas prácticas 2.0. http://recursostic.educacion.es/buenaspracticas20/web/es/formacion-profesional/608-buenas-practicas- |
|
Bibliografía complementaria
|
Victor Cuevas (). Busca tu camino. Blog de orientación. http://victorcuevas.es/orientacion/
EDUCAWEB (2011). El blog como herramienta de orientación profesional . http://static.educaweb.com/pdf/premi/3-edicio/1B.pdf
Victor Cuevas (). El portafolio vocacional. http://victorcuevas.es/orientacion/?page_id=1455
Victor Cuevas (). El uso del blog como herramienta de orientación académica y profesional. http://static.educaweb.com/pdf/premi/3-edicio/2B.pdf
(). Guía de blogs de orientación. http://www.netvibes.com/guia-de-informacion-academica-e-profesional#BLOGS
EDUCAWEB (2010). Premios Educaweb Orientación Académica y Profesional. http://www.educaweb.com/publicaciones/hey/2012/proyectos-ganadores-premios-educaweb-orientacion-acad
(2013). Premios Educaweb. 5ª Edición. http://www.educaweb.com/noticia/2013/01/16/educaweb-premia-proyectos-orientacion-dirigida-adultos-5- |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|