Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Literatura infantil e a súa didáctica Código 652G01024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Profesorado
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende proporcionarlle ao alumnado unha formación básica sobre a literatura infantil e as estratexias didácticas para a introducir na escola, tanto desde a aula como desde a biblioteca escolar.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer a tradición oral e o folclore. A45
Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e o seu ensino. A47
A48
A52
B21
C2
Coñecer e utilizar correctamente recursos de animación á lectura. A1
A4
A6
A13
A28
A29
A41
A42
A43
A44
A45
A49
A50
A51
A55
A57
B1
B3
B4
B5
B6
B11
B12
B15
B16
B19
B24
B25
C1
C4
C7
C8
Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil. A51
Achegarse á evolución e ás características fundamentais da literatura infantil no mundo occidental, no ámbito estatal e en Galiza A13
A37
A45
A51
B10
B11
B12
B19
B20
B24
C1
Comprender a evolución histórica do concepto de literatura infantil, as particularidades do proceso de comunicación que se xera arredor da literatura con destinatario infantil e os debates arredor do canon literario. A37
B10
B11
B12
B19
B22
C1
Coñecer os principais xéneros da literatura infantil e saber deseñar estratexias didácticas para o seu traballo na aula. A1
A4
A6
A13
A23
A28
A29
A40
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A49
A50
A51
A54
A55
A57
B3
B4
B5
B7
B11
B12
B15
B17
B19
C1
C3
Identificar as características da biblioteca escolar e coñecer experiencias de innovación xurdidas a partir desta A13
A28
A41
A42
A43
A47
A50
A51

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura infantil: concepto e perspectivas educativas 1.1. A especificidade da literatura infantil: características, público, instancias mediadoras
1.2. Criterios para a escolla do libro infantil
1.3. A formación do público lector. A competencia literaria
2. Orixes e desenvolvemento da literatura infantil 2.1. As orixes da literatura infantil: da tradición oral ao libro para nenos e nenas
2.2. Principais tendencias da literatura infantil e xuvenil actual
2.3. Breve panorama da literatura infantil no ámbito estatal
2.4. Breve panorama da literatura infantil galega
3. Introdución aos principais xéneros e a súa didáctica 3.1. A poesía: do cancioneiro infantil de tradición oral á poesía de autor/a para nenos e nenas
3.2. A narrativa: do conto de tradición oral ao álbum ilustrado
3.3. O teatro: a dramatización escolar e os espectáculos teatrais para nenos e nenas
3.4. Os libros informativos
4. A biblioteca escolar e a animación á lectura 4.1. As características da biblioteca escolar: experiencias de innovación docente
4.2. A animación á lectura: novos ámbitos, novas estratexias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A29 A28 A23 A13 A6 A4 A1 A37 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 A54 A55 A57 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B15 B16 B17 B19 B20 B22 B24 B25 C1 C3 C4 C7 C8 15 9 24
Presentación oral A29 A43 A44 A49 B5 B10 B11 B12 B17 B19 B25 C1 C3 2 4 6
Traballos tutelados A1 A4 A6 A13 A23 A28 A29 A37 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 A54 A55 A57 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B15 B16 B17 B19 B20 B22 B24 B25 C1 C3 C4 C7 C8 0 40 40
Sesión maxistral A52 A51 A50 A48 A47 A46 A45 A42 A41 A40 A37 A28 A23 A13 A4 A1 A54 A57 B3 B17 B19 B20 B21 B24 C1 C2 C4 C8 21 0 21
Proba de ensaio A1 A4 A6 A13 A23 A28 A37 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A55 A57 B3 B10 B11 B12 B17 B19 B20 B22 B24 C1 C4 2 40 42
Lecturas A1 A4 A6 A13 A28 A37 A42 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A57 B3 B10 B11 B12 C4 C8 0 15 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición na clase do traballo tutelado.
Traballos tutelados Traballo en grupo consistente na investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva.
Lecturas Lectura de obras ou fragmentos seleccionados de obras de literatura infantil.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá á profesora trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos.
As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a. O atendemento ao alumnado realizarase de modo presencial no horario marcado ao comezo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 A6 A13 A23 A28 A29 A37 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 A54 A55 A57 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B15 B16 B17 B19 B20 B22 B24 B25 C1 C3 C4 C7 C8 Traballo en grupo destinado á súa presentación oral na aula. A tarefa poderá consistir nun proxecto de investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil. Terase en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, contrastar información e elaborar un discurso sintético, claro e correcto do punto de vista expresivo. Dependendo do tipo de traballo por que se opte, valorarase tamén a orixinalidade na escolla do tema e a creatividade no desenvolvemento da proposta. 50
Proba de ensaio A1 A4 A6 A13 A23 A28 A37 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A55 A57 B3 B10 B11 B12 B17 B19 B20 B22 B24 C1 C4 Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva. 50
 
Observacións avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: o traballo tutelado (50% da cualificación);
  • unha tarefa individual: unha proba de ensaio breve (50% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán a parte
suspensa.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se realizará un seguimento da asistencia do alumnado ás sesións interactivas.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha única tarefa individual: unha proba de ensaio extensa (100% da cualificación).

As actividades optativas propostas ao longo do curso poderán supor un incremento na cualificación final.


Fontes de información
Bibliografía básica

Blake, Q. (2010). 1001 libros infantiles que hay que leer antes de crecer. Barcelona: Grijalbo.

Butiñá, J., Muñoz Cáliz, B. e Llorente Javaloyes, A. [2002]. Guía de teatro infantil y juvenil. Madrid : Asociación Española de Amigos del libro infantil y juvenil.

Cañas, J. (1999). Didáctica de la expresión dramática. Una aproximación a la dinámica teatral en el aula. Barcelona: Octaedro.

Cerrillo, P. (2007). Literatura infantil y juvenil y educación literaria. Hacia una nueva enseñanza de la literatura. Barcelona: Octaedro.

Colomer, T. (1998). La formación del lector literario. Narrativa infantil y juvenil actual. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Colomer, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis.

Colomer, T., Kümmerling-Meibauer, B. e Silva-Díaz, M. C. (eds.) (2010). Cruce de miradas: nuevas aproximaciones al libro-álbum. [S.l.]: Banco del Libro e GRETEL.

Couto Piñeiro, X., Lamapereira López, A. e Vieites García, M. F. [1992]. Práctica teatral na escola. Vigo: Ir Indo.

Durban Roca, G. [2010]. La biblioteca escolar, hoy: un recurso estratégico para el centro. Barcelona: Graó.

García Padrino, J. (2001). Así pasaron muchos años... (En torno a la Literatura Infantil Española). Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

Garralón, A. (2001). Historia portátil de la literatura infantil. Madrid: Anaya.

Lage Fernández, J.J. (2013). Bibliotecas escolares, lectura y educación. Barcelona: Octaedro.

Lerer, S. [2009]. La magia de los libros infantiles: de las fábulas de Esopo a las aventuras de Harry Potter. [Barcelona]: Ares y Mares.

Lluch, G. (1999). La comunicación literaria y el tipo de lector modelo que propone la actual literatura infantil. Educación y biblioteca, 105, 20-27.

Lluch, G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

Lluch, G. (coord.) (2007). Invención de una tradición literaria. De la narrativa oral a la literatura para niños. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

Lluch, G. (2010). Cómo seleccionar libros para niños y jóvenes. Los comités de valoración en las bibliotecas escolares e públicas. Asturias: Ediciones Trea.

Lurie, A. (1998). No se lo cuentes a los mayores. Literatura infantil, espacio subversivo. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Mendoza Fillola, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora. Málaga: Aljibe.

Mendoza Fillola, A. (coord.) (2012). Leer hipertextos: la formación del lector literario. Barcelona: Octaedro.

Mera Herbello, H. (2010). Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego. Cangas do Morrazo: Morgante.

Mínguez López, X. (2011). Hacia una definición de la literatura infantil y juvenil y sus ámbitos de estudio. La investigación en didáctica de la lengua y la literatura: situación actual y perspectivas de futuro (pp. 1149-1762). Granada: SEDLL.

Molist, P. (2006). Los libros tranquilos: el curso de la vida a través de la literatura infantil. Madrid: Anaya.

Neira Cruz, X.A. (2004). 105 anos de literatura infantil e xuvenil en galego. Grial XLII (161), 107-113.

Revista galega de educación: 48 (monográfico "As bibliotecas escolares"), novembro de 2010.

Rodríguez Almodovar, A. [2004]. El texto infinito: ensayos sobre el cuento popular. Madrid : Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Roig Rechou, B.-A. (coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Xerais.

Roig-Rechou, B.-A., Soto López, I. e Neira Rodríguez, M. (coords.) [2011]. O álbum na literatura infantil e xuvenil (2000-2010). Vigo: Xerais.

Salisbury, M. e Styles, M. (2012). El arte de ilustrar libros infantiles. Concepto y práctica de la narración visual. Barcelona: Blume.

Slade, P. (1978). Expresión dramática infantil. Madrid: Santillana.

Tejerina, I. (1994). Dramatización y teatro infantil. Dimensiones psicopedagógicas y expresivas. Madrid: Siglo XXI de España Editores.

VV.AA. [2013]. 100% ilustración. A Coruña: Bululú.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías