Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Relixión, cultura e valores Código 652G02043
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
López Calvo, Jesús Andrés
Correo electrónico
a.lopez.calvo@udc.es
Profesorado
López Calvo, Jesús Andrés
Correo electrónico
a.lopez.calvo@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura de RELIXION, CULTURA E VALORES ofrécese como optativa a todos os alumnos dos Graos de Infantil e Primaria, e como parte da formación necesaria para a habilitación de profesor de Relixión Católica en Infantil e Primaria. Esta formación deberá completarse nos Centros de Estudios Superiores da Igrexa.
As competencias a que se aspira con esta formación son: o coñecemento das relixións e do cristianismo en particular, os criterios para comprender os conflitos e problemas interculturais e interrelixiosos e o achegamento académico ás orixes do cristianismo e á relixiosidade popular galega.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. Coñecemento das relixións e a súa interacción na sociedade actual. A23
A36
A37
B6
B18
C4
C7
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A15
B18
B19
B21
B25
C4
Habilidades para representarse mentalmente, interpretar e comprender a realidade relixiosa, organizar e autorregular o seu coñecemento e a acción sobre dita realidade dotándoos de coherencia. A40
B6
B18
B19
B20
B22
B23
B24
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
MODULO 1. A materia "Relixión, Cultura, Valores" nunha educación integral.

MODULO 2. O Feito relixioso na historia e na estructura do ser humano.

MODULO 3. O Feito relixioso cristián e Valores:

MODULO 4. Iniciación ao coñecemento da Biblia.

MODULO 5. Manifestacións significativas e influenza do cristianismo no patrimonio cultural galego.
Módulo 1.
1.1 Argumento personalista. Argumento culturalista.

Módulo 2.
2.1 A presencia do Feito Relixioso na historia da humanidade.
2.2 As grandes relixións históricas.
2.3 A experiencia relixiosa.
2.4 O Feito Relixioso e as súas distintas manifestacións sociais, morais, culturais e artísticas.
2.5 Principais tradicións e crenzas relixiosas presentes na nosa sociedade (Cristianismo, Xudaísmo, Islam).

Módulo 3
3.1 Os valores cívicos e éticos dende a perspectiva relixiosa católica.
3.2 O diálogo intercultural e interrelixioso na construcción da convivencia cidadá.
3.3 O dereito á educación relixiosa e moral de acordo coas propias conviccións.
3.4 A xustiza social na identificación educativa.
3.5 O currículo de Relixión e Moral católicas de 2014 e os seus estándares de aprendizaxe.

Módulo 4
4.1 A Biblia como obra literaria.
4.2 A Biblia como historia.
4.3 A Biblia como norma de acción ou “lei”.
4.4 A Biblia como profecía.
4.5 A Biblia como oración.

Módulo 5
5.1 A romanización e a cristianización de Gallaecia.
5.2 O Monacato.
5.3 O Camiño de Santiago.
5.4 A organización do territorio: a parroquia.
5.6 As romaxes, as peregrinacións e os seus símbolos.
5.7 O feito relixioso na cultura oral e no calendario do ciclo anual.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A23 A40 B22 B23 B24 4 48 52
Proba obxectiva A15 A36 B25 2 0 2
Mapa conceptual A36 A37 0 32 32
Lecturas A36 B6 B18 B19 B20 B21 C7 C4 0 15 15
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Acordados co profesor, que lles fará o correspondente seguimento mediante atención personalizada, procurarán personalizar os tremas do curso.
Proba obxectiva Cuestionario sobre o que o alumno demostrará a adquisición de coñecementos sobre os contidos da materia.
Mapa conceptual Exposición e aprendizaxe da representación esquemática dos contidos implícitos no temario da materia, en orde a elaboración de futuras unidades didácticas.
Lecturas Facilitar que o alumno sexa quen de extraer información dun texto proposto, preferentemente no elenco das fontes de información, que axude a mprofundar na importancia e universalidade do feito relixioso nas diferentes culturas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
Moitas das cuestións relixiosas están hoxe na actualidade e nos medios de comunicación. Cómpre establecer a relación entre os acontecementos e o estudo teórico das súas orixes e evolución. A discusión dirixida implica a participación do alumno e o intercambio de perspectivas e opinións.
Os cuestionarios e comentarios de clase son debatidos e compartidos polos alumnos presentes.

Os traballos tutelados responderán aos intereses do alumno e serán acordados co profesor e terán un seguimento con el por medio de entrevistas persoais. Son un factor de personalización dos temas do curso.
A proba mixta será o exame final, clave da avaliación, deberá ser preparada persoalmente por cada un dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A23 A40 B22 B23 B24 Acordados co profesor, que lles fará o correspondente seguimento mediante atención personalizada, procurarán personalizar os tremas do curso. 30
Proba obxectiva A15 A36 B25 Cuestionario sobre o que o alumno demostrará a adquisición de coñecementos sobre os contidos da materia. 70
 
Observacións avaliación

Para os alumnos que non fagan traballo tutelado a proba obxectiva escrita sumará o 1000% da avaliación final.


Fontes de información
Bibliografía básica José Antonio Fernández Marín (2015). Enseñar a aprender Religión. CCS
José Antonio Fernández Marín (2014). Fundamentos de la Enseñanza Religiosa Escolar. CCS
José Antonio Fernánde Marín (2010). Las competencias básicas en la enseñanza religiosa escolar. PPC

Bibliografía complementaria Andrés Torres Queiruga (1992). 10 palabras clave en Religión. Verbo Divino
V. Martín Pindado (1995). El hecho religioso. Datos, estructura, valoración. CCS
Xosé Ramón Mariño Ferro (1987). Las romerías, peregrinaciones y sus símbolos. Xerais
Francesc Torralba Roselló (1998). Pedagogía del sentido. PPC
Eugenio Trías (2000). Por qué necesitamos religión. Plaza y Janés
Carmen Pellicer - Martín Varela- Fernando Cordero (2015). Virtudes olvidadaS, Valores con futuro. San Pablo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
A asigntura de RELIXIÓN, CULTURA E VALORES require do alumno, non unha explicita simpatía pola fe católica, pero si unha certa familiaridade coa mesma: manexo da Biblia, coñecementos básicos de Relixión Católica adquiridos en Secundaria e Bacharelato. Sen esta disposición e competencias previas non será imposible, pero si moi dificil adquirir os coñecementos e contidos do programa da asignatura.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías