Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Cooperar có equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario. |
A62
|
B1 B5 B10 B13 B14 B22
|
C4 C7
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas,
as súas familias e grupos.
|
A62
|
B7 B10 B14 B15
|
C1 C12
|
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital.
Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. |
A62
|
B1 B3 B8 B9 B11 B12 B19 B20
|
C3 C10 C11
|
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión.
Cumprir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. |
A62
|
B1 B3 B6 B8 B9 B11 B13 B16 B20 B24
|
C4 C10 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas clínicas tuteladas realizadas en centros de atención primaria de saúde. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B8 B11 |
1 |
0 |
1 |
Prácticas clínicas |
A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
233 |
16 |
249 |
Seminario |
B1 B3 B8 B11 B16 B20 B24 C1 C4 C11 |
2 |
10 |
12 |
Estudo de casos |
B1 B3 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C7 C10 |
2 |
30 |
32 |
Presentación oral |
C1 C3 C12 |
0 |
4 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no contorno da atención primaria de saúde. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia, así coma o sistema de avaliación.
|
Prácticas clínicas |
Actividade formativa que conleva un contacto coa realidade profesional ó desenvolverse en centros de atención primaria de saúde e na comunidade, nas que os estudantes observan e participan nas actividades do equipo de saúde, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. Cada alumno terá asignado ó inicio do curso un centro de saúde para realizar o rotatorio. |
Seminario |
Desenvolverase o estudo intensivo dun tema. Este tema (elixido pola profesora) prepararase de forma individual polo alumno antes do seminario, e neste discutirase. Será precisa a participación de todos os alumnos que formen os distintos grupos, establecéndose ó final do seminario unhas conclusións.
|
Estudo de casos |
Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante, consistindo na selección dunha situación clínica concreta validada pola profesora responsable da materia, para a súa abordaxe e resolución con metodoloxía enfermeira.
|
Presentación oral |
Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ó profesor, da resolución dada a situación clínica recollida a través da metodoloxía de estudo de casos. Tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que vaian xurdindo despois da exposición.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Presentación oral |
Estudo de casos |
Prácticas clínicas |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.
A atención personalizada relacionada co Estudo de Casos e Presentación oral ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
B1 B3 B8 B11 B16 B20 B24 C1 C4 C11 |
Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Participación: ata 3 puntos.
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos.
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 4 puntos.
|
10 |
Presentación oral |
C1 C3 C12 |
O plano de coidados realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación (ata 1 punto cada apartado):
1. Emprega terminoloxía científica.
2. Adáptase ó tempo establecido.
3. Exprésase verbalmente con fluidez.
4. Utiliza os recursos tecnolóxicos ó seu alcance para a exposición.
5. Demostra actitude de escoita e respeto polas aportacións dos outros estudantes. |
5 |
Estudo de casos |
B1 B3 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C7 C10 |
Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 2 puntos.
5. Capacidade crítica e achega persoal: ata 4 puntos.
|
35 |
Prácticas clínicas |
A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas. O finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas. Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a solución de problemas. Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2012-2014. Madrid: Elsevier; 2013.
- Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2014.
- Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 6ª ed. Barcelona: Elsevier; 2014.
- NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
- Arias Vázquez JM, Blanco Rial ML, Constenla Castro A. Estandarización de coidados de enfermería ao paciente inmobilizado no domicilio. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade;2005.
- Delgado Fernández R, Pérez Vázquez A, Rodríguez Iglesias FJ. Manual de prevención e tratamento de úlceras por presión. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade; 2005.
- Luis Rodrigo MT. Los diagnósticos enfermeros. Revisión crítica y guía práctica. 8ª ed. Barcelona: Elsevier; 2008.
- Martín Zurro A, Jodar Sola G. Atención familiar y salud comunitaria: Coneptos y materiales para docentes y estudiantes. Barcelona: Elsevier; 2011.
-
http://www.fisterra.com/
A bibliografía especificada na materia de Enfermaria Comunitaria I e II | |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/661G01001 | Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008 | Enfermaría Comunitaria I/661G01014 | Enfermaría da Saúde Mental/661G01015 | Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría materno-infantil/661G01018 | Enfermaría Comunitaria II/661G01019 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 | Enfermaría Clínica I/661G01034 | Enfermaría Clínica II/661G01035 | Fisioloxía/661G01105 | Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Estancias Clínicas V/661G01029 | Estancias Clínicas VI/661G01030 | Estancias Clínicas VII/661G01031 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|