O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: ou ben a través dunha "avaliación continua" ou ben a través dunha "avaliación final".
A) AVALIACIÓN CONTINUA.
O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da súa participación activa nas aulas de docencia interactiva e a través da resolución de cuestións, problemas e casos prácticos formulados nas probas obxectivas parciais.
Así, a avaliación poderase analizar do seguinte modo:
a1) Probas obxectivas parciais (máximo 7 puntos): realizaranse dúas probas obxectivas parciais ao longo do curso, cada unhas das cales supoñerá unha puntuación máxima de 3,5 puntos. Será requisito alcanzar un mínimo de 1 punto en cada proba xa que de non o facer o alumno perderá a posibilidade de seguir a avaliación continua, en cuxo caso se lles examinará de toda a materia nunha proba obxectiva final (avaliación final).
a2) Resolución de probas prácticas propostas na aula (máximo 3 puntos) que se plantexarán durante as sesións de docencia interactiva e se realizarán dentro ou fuera da aula.
Aqueles alumnos que a través destes apartados cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5 puntos, terán aprobado a materia. No caso contrario, poderán acollerse á modalidade de avaliación final.
B) AVALIACIÓN FINAL.
Calquera alumno terá dereito a seguir a avaliación final, aínda que inicialmente tivese optado por realizar a avaliación continua. Esta avaliación terá en conta unicamente o resultado obtido na realización dunha proba obxectiva dos contidos de toda a materia. A nota recibida neste exame supoñerá o 100% da cualificación da materia e conseguirase o aprobado ao alcanzar un mínimo de 5 puntos. Esta proba obxectiva coincidirá coas oportunidades oficiais de xuño e xullo.
A cualificación de "non presentado" figuraralle a aqueles alumnos que, non tendo aprobado seguindo a modalidade de avaliación continua, non se presenten á proba final das correspondentes oportunidades oficiais.