A materia explica os coñecementos necesarios sobre contabilidade financeira, planificación de proxectos navais e da súa produción, sistemas de control de custos na construción naval e estudos de viabilidade sobre proxectos de investimento vinculados ao transporte marítimo e á construción naval.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
A6
Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
B2
Resolver problemas de forma efectiva.
B3
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4
Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5
Traballar de forma colaboradora.
B9
Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B10
Actitude orientada á análise.
B12
Capacidade para encontrar e manexar a información.
B14
Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
B16
Fixar obxectivos e tomar decisións.
B17
Analizar e descompoñer procesos.
B18
Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
B20
Capacidade de negociación.
B22
Vontade de mellora continua.
C3
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
- Coñecemento da contabilidade financeira da empresa marítima e naval.
- Capacidade para a planificación e organización de proxectos navais e da súa produción.
- Coñecemento dos sistemas de control de custos na construción e reparación naval.
- Capacidade para avaliar proxectos de investimentos na construción e reparación naval.
A6
B2 B3 B4 B5 B9 B10 B12 B14 B16 B17 B18 B20 B22
C3 C5 C6 C7 C8
Contidos
Temas
Subtemas
BLOQUE I: CONTABILIDADE FINANCEIRA
TEMA 1: SISTEMAS DE CONTROL DE CUSTES
TEMA 2: RATIOS DE CONTROL
TEMA 3: BALANCES OU ESTADOS DA POSICIÓN FINANCEIRA
BLOQUE II: PLANIFICACIÓN DE PROXECTOS NAVAIS E O CONTROL DA SÚA PRODUCIÓN
TEMA 4: AVANCES DE SITUACION E CURVAS DE CONTROL DE PROXECTOS
TEMA 5: A MELLORA CONTINUA E AS CURVAS DE APRENDIZAXE
TEMA 6: XESTIÓN DE STOCKS.INVENTARIOS
BLOQUE III: A VIABILIDADE DOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO NA CONSTRUCIÓN NAVAL E O TRANSPORTE MARÍTIMO
TEMA 7: ESTUDO DE VIABILIDADE DE PROXECTOS
TEMA 8: SENSIBILIDADES E RISCOS ASOCIADOS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Aprendizaxe colaborativa
Procedementos de ensinanza-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TICs, baseados na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora.
Esquemas
Representación gráfica e simplificada da información que conlevan uns determinados contidos de aprendizaxe.
Portafolios do alumno
Carpeta ou archivador ordeado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e calificacións asignadas polo profesor.
Prácticas a través de TIC
Utilización das TIC na aprendizaxe efectiva, mediante prácticas de programas para estudo de balances, custos e viabilidade.
Proba obxectiva
Proba estrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas, problemas, etc.
Sesión maxistral
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais do temario de contabilidade, planificación e control de custos
Solución de problemas
Resolución de exercicios e control de custos, balances, control da organización e planificación do traballo de produción naval, estudos de viabilidade e sensibilidade na construción naval, para resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se foron traballando e que poden ter máis dunha posible solución.
Estudo de casos
O alumno sitúase ante un problema concreto (caso) que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, para chegar a unha decisión razoada.
Traballos tutelados
Promover a aprendizaxe autónomo dos estudantes, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados. Así os alumnos asumen a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Esquemas
Portafolios do alumno
Descrición
Realización de esquemas, exercicios e prácticas a través de TICs e a súa corrección por parte da profesora para a inclusión destes no seu portafolio.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Proba obxectiva
A6 B2 B3 B4 B10 B14 B16 B18 C3 C6 C8
Realización dunha ou varias probas para avaliar os contidos da materia
100
Observacións avaliación
A avaliación realizarase mediante:
- Proba obxectiva: unha proba obxectiva do contido da materia. Nela incluirase unha parte teórica e outra práctica segundo o contido a avaliar.
Fontes de información
Bibliografía básica
Alonso, A. (1997). Conceptos de organización industrial productiva. Barcelona: Marcombo
IESE business school (). Contabilidad para Dirección. Pamplona: Eunsa
Johnson, Gerry (2000). Dirección estratégica. Madrid: Prentice Hall
Chain, Nassir Sapag (2001). Evaluación de Proyectos de inversión en la empresa. Buenos Aires: Prentice Hall
Allegri, T. (1991). Materials Management Handbook. New York: McGraw-Hill
(2007). Plan General de Contabilidad. B.O.E.
Bibliografía complementaria
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA EMPRESA/730G02108
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Observacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías